Pastoral

Pastoral

ESO-BBDD semana do 09 ó 13 MARZO 2020


LUNS, 09 MARZO 2020

Bo día!!!!!

Durante esta semana imos traballar un tema importante para todos. Sabedes que día foi onte? Sabedes que se conmemora, e por que?

Onte foi 08 de marzo. É o denominado día da muller, antigamente día da muller traballadora...pero esa nomenclatura a estamos a abandoar...as mulleres que non traballan non teñen dereito a loitar polos seus dereitos? E cando falamos de traballar, entendemos traballar fora da casa, e cun soldo, pero moitas mulleres non traballan fora da casa, non teñen ese soldo...pero tampouco se pode dicir que non traballan: tirar dunha casa, de fillos ou pais dependentes, é un traballo moito máis duro que outros moitos.
Pero...que necesidade hai de traballar este tema? Non está superado? Non sabemos todos que homes e mulleres somos iguais e temos os mesmos dereitos? Pois a realidade non di iso. Hai moitísimos datos que amosan o contrario, dende a cantidade de mulleres que ocupan postos de responsabilidade, á brecha salarial que existe entre homes e mulleres (porque si, en pleno século XXI, en España, aínda hai mulleres que reciben menos soldo por facer o mesmiño traballo cun home.
Ó longo desta semana queremos traballar este tema dende o que a nós nos parece que é o núcleo do problema: a educación, ó noso nivel, porque todos e todas nós seguimos tendo un fondo machista, seguimos participando de condutas machistas. Queremos recoñecelas, e superalas e converternos en feministas (porque por certo, segundo a RAE: feminismo é o principio de igualdade entre homes e mulleres...así que, se non somos feministas, somos machistas)
Hoxe, imos comezar cos ESTEREOTIPOS: segundo a definición que se recolle na RAE, un estereotipo consiste nunha imaxe estruturada e aceptada pola maioría das persoas como representativa dun determinado colectivo. Nós pretendemos romper cos estereotipos de xénero, porque dende o momento que etiquetamos a homes segundo uns criterios e a mulleres con outros diferentes...onde está a igualdade?
Vexamos un vídeo:

REFLEXIÓN: Cremos que hai profesións que se lle dan mellor ós homes que ás mulleres? Na nosa cabeza, cando escoitamos “militar”...a imaxe mental é un home ou unha muller? Se falamos en xeral...dicimos médico e enfermeira? E na linguaxe...somos inclusivos? Dicimos unha xuíz, ou unha xuíza? Unha presidente ou unha presidenta?
PALABRA DE XESÚS: neste punto, queremos resaltar a clara opción de Xesús pola igualdade entre homes e mulleres. Hai moitos exemplos no Novo Testamento no que se amos sen dúbida o lugar importante que as mulleres tiveron na súa vida, e a forma revolucionaria (sobre todo tendo en conta a época na que viviu) de relacionarse con elas, como iguais.
Como primeira mostra, a Palabra de hoxe: “Quen de entre vós non teña pecado, que lle tire a primeira pedra”. Aquí fálase de xulgar...pero aquí Xesús tamén recoñece que o castigo da muller pode aplicarse de igual forma ós homes.

MARTES, 10 MARZO 2020
Bo día!!!!!
Continuamos co tema da semana: Igualdade entre homes e mulleres, e seguimos a falar un pouco dos estereotipos, de cousas que son para homes e cousas que son para as mulleres. Pensamos que hai cousas que son para homes e outras para mulleres? Ou para nenos ou nenas?
Imos ver un vídeo sobre os catálogos de xoguetes:

REFLEXIÓN: por que credes que nos catálogos fan estas distincións? Por probabilidade? Porque é certo que ás nenas lles gusta máis cociñar e pranchar? Non pode ser que estamos a reproducir e manter estereotipos pasados de moda? As nenas pranchan, porque na casa é a nai a que prancha? O problema cos estereotipos, ademais de que son absurdos, é cando algunha persoa quere saír deles...como miramos a un compañeiro que mañá decide vir ó cole maquillado ou coas uñas pintadas? Non nos parece mal. Na maioría dos casos, o respectaremos...pero vai ter que aguantar miradas, cobadazos, que se fale del. E lle vai facer dano. E aí é onde está o problema, somos todos iguais, tempos que poder facer as mesmas cousas sen sufrir.
PALABRA DE XESÚS: ‑¿Como é que ti, sendo xudeu, me pides a min, muller samaritana, que che dea de beber? Xesús non facía distinción: nin por lugar de procedencia, nin por sexo.
ORACIÓN: Padre Nuestro.

MÉRCORES, 11 MARZO 2020
Bo día!!!!!
O tema que traemos hoxe, dentro do día da Muller, é a publicidade. Algunha vez nos paramos a pensar cal é o papel que ten a muller na publicidade? Por sorte, os estereotipos de xénero cada vez están máis superados, e os anuncios de deterxentes, de electrodomésticos ou de produtos para bebés, están sendo protagonizados por homes (aínda que concretamente os anuncios de bebés, soen amosar “pais desastre”), e os de coches, por exemplo, tamén por mulleres. Pero iso non quere dicir que a publicidade non siga a ser SEXISTA. Imos ver algunhas imaxes:






Tamén un vídeo:

REFLEXIÓN: Pensa nos anuncios que puxemos...que necesidade hai en todos eles de utilizar o corpo da muller? Non vos parece que están “cosificando” ás mulleres? Non vos sentides como “gando”? Credes que se vende máis con este tipo de anuncios? Isto sucede tamén nos videoclips...a forma de bailar, que as bailarinas sexan mulleres na meirande parte dos videoclips, a roupa que levan...por que?
O Instituto da Muller sinala os factores que determinan que un contido sexa sexista. Entre eles, destacan os seguintes:
Xustificar comportamentos ou actitudes que impliquen violencia contra a muller.
Exhibir o corpo feminino como reclamo de venda cando sexa alleo ao contido do anuncio e do anunciado.
Utilizar á muller e reducir o seu corpo a un mero obxecto sexual.

Incluimos un par de imaxes informativas sobre o coronavirus e as precaucións a ter para minimizar os contaxios, para repasar cos rapaces e rapazas:





PALABRA DE XESÚS: “Estaban alí María Magdalena e mais a outra María, sentadas fronte ó sepulcro.” Non nos esquezamos de que as mulleres foron as que acompañaron a Xesús na cruz, es as primeiras en decatarse da Resurrección...isto si que é darlles un lugar na historia.

ORACIÓN: Ave María.

XOVES, 12 MARZO 2020

Bo día!!!!!
Hoxe damos un paso máis, e imos traballar os MICROMACHISMOS... Un  micromachismo fai referencia a accións ou actitudes sexistas socialmente aceptadas ou encubertas.

Vexamosun vídeo, no que algunhas mulleres importantes explican coma elas tamén está sometidas a  algúns micromachismos:





REFLEXIÓN: cres que os micromachismos están presentes no día a día? Danse máis en homes ou en mulleres? Ti cres que cometes algún? Hai moitos mási...sabes algún?
(outros exemplos para comentar: os homes que silvan ás mulleres pola rúa, que tocan o cu, que din piropos, que miran de arriba a abaixo...)

PALABRA DE XESÚS: “Cando ían de camiño, entrou en certa aldea, e unha muller chamada Marta acolleuno na súa casa. Esta tiña unha irmá chamada María, que sentada ós pés do Señor, escoitaba as súas palabras. Marta, en troques, estaba moi apurada co labor da casa; e achegándose a el, díxolle:
Señor, ¿non che importa que a miña irmá me deixe a min o traballo? Dille que me bote unha man.
Pero o Señor respondeulle:
Marta, Marta, preocúpaste e desacóugaste con tantas cousas, pero soamente unha é a necesaria. María escolleu a mellor parte, e esa nunca se lle vai quitar.

EXPLICACIÓN: Xesús visita a Marta e María. Unha non fai máis que “servir” a Xesús, facer a comida, anrranxar a casa...e a outra deixa todo para escoitar a Xesús. A primeira quéixase, e Xesús di que é a outra a que fai ben...unha vez máis, pensa na época de Xesús, e “para que servian as mulleres”. Definitivamente a forma de actuar de Xesús e revolucionaria.

VENRES, 13 MARZO 2020

Continuamos o noso viaxe pola Coresma coa lectura deste domingo:

Naquel tempo, chegou Jesús a un pobo de Samaría chamado Sicar...; alí estaba o manancial de Jacob. Jesús, canso do camiño, estaba sentado xunto ao manancial. Era ao redor do mediodía.
Chega unha muller de Samaría a sacar auga, e Xesús dille:
Dáme de beber».
Como ti, sendo xudeu, pídesme de beber a min, que son muller samaritana?
Se coñeceses o don de Deus e quen é o que che pide de beber, pediríaslle ti, e el daríache auga viva.
Señor, se non tes cubo e o pozo é fondo, de onde sacas a auga viva?
O que bebe desta auga volve ter sede, pero o que beba da auga que eu lle darei, nunca máis
terá sede: a auga que eu lle darei converterase dentro del nun chafariz de auga que salta ata a vida eterna.
Señor, dáme esa auga: así non terei máis sede, nin terei que vir aquí a sacala.
Sei que vai vir o Mesías, o Cristo, cando veña el diránolo todo.
Son eu: o que fala contigo...
Jn 4, 15-42


REFLEXIÓN-EXPLICACIÓN: «Dáme de beber» A sinxela petición de Jesús é o comezo dun diálogo, mediante o cal El, con gran delicadeza, entra no mundo interior dunha persoa á cal, segundo os esquemas sociais, non debería nin sequera dirixirlle a palabra. Xesús cando ve a unha persoa vai adiante porque ama.
Non se detén nunca ante unha persoa por prexuízos. Jesús ponse ante a súa situación, sen xulgala, facendo que senta considerada, recoñecida, e suscitando así nela o desexo de ir máis aló da rutina cotiá.
A muller queda tocada por este encontro: dirixe a Jesús eses interrogantes profundos que todos temos dentro, pero que a miúdo ignoramos. Tamén nós temos moitas preguntas que facer, pero non atopamos o valor de dirixilas a Jesús! A coresma é o tempo oportuno para mirarnos dentro, para facer emerxer as nosas necesidades espirituais máis auténticas, e pedir a axuda do Señor na oración. O exemplo da samaritana convídanos a expresarnos así: «Jesús, dáme desa auga que saciará a miña sede eternamente».
Que pregunta, SOBRE TI, lle farías a Xesús???? En canto ós prexuízos dos que fala a reflexión...temos prexuízos???dámonos conta deles???intentamos que non nos afecten á hora de actuar????

ORACIÓN:
Señor Xesús,
Douche grazas por este mundo, onde podo atopar toda clase de persoas.
Abre os meus ollos para que acepte as diferenzas, e aprenda a respectalas. AMÉN.




No hay comentarios:

Publicar un comentario