LUNS,
09
MARZO 2020
Bo día!!!!!
Durante
esta semana imos traballar un tema importante para todos. Sabedes que
día foi onte? Sabedes que se conmemora, e por que?
Onte foi 08 de marzo. É o denominado
día da muller, antigamente día da muller traballadora...pero esa
nomenclatura a estamos a abandoar...as mulleres que non traballan non
teñen dereito a loitar polos seus dereitos? E cando falamos de
traballar, entendemos traballar fora da casa, e cun soldo, pero
moitas mulleres non traballan fora da casa, non teñen ese
soldo...pero tampouco se pode dicir que non traballan: tirar dunha
casa, de fillos ou pais dependentes, é un traballo moito máis duro
que outros moitos.
Pero...que necesidade hai de traballar
este tema? Non está superado? Non sabemos todos que homes e mulleres
somos iguais e temos os mesmos dereitos? Pois a realidade non di iso.
Hai moitísimos datos que amosan o contrario, dende a cantidade de
mulleres que ocupan postos de responsabilidade, á brecha salarial
que existe entre homes e mulleres (porque si, en pleno século XXI,
en España, aínda hai mulleres que reciben menos soldo por facer o
mesmiño traballo cun home.
Ó longo desta semana queremos
traballar este tema dende o que a nós nos parece que é o núcleo do
problema: a educación, ó noso nivel, porque todos e todas nós
seguimos tendo un fondo machista, seguimos participando de condutas
machistas. Queremos recoñecelas, e superalas e converternos en
feministas (porque por certo, segundo a RAE: feminismo é o principio
de igualdade entre homes e mulleres...así que, se non somos
feministas, somos machistas)
Hoxe, imos comezar cos ESTEREOTIPOS:
segundo a definición que se recolle na RAE, un estereotipo consiste
nunha imaxe estruturada e aceptada pola maioría das persoas como
representativa dun determinado colectivo. Nós pretendemos romper cos
estereotipos de xénero, porque dende o momento que etiquetamos a
homes segundo uns criterios e a mulleres con outros diferentes...onde
está a igualdade?
Vexamos un vídeo:
REFLEXIÓN: Cremos que hai profesións
que se lle dan mellor ós homes que ás mulleres? Na nosa cabeza,
cando escoitamos “militar”...a imaxe mental é un home ou unha
muller? Se falamos en xeral...dicimos médico e enfermeira? E na
linguaxe...somos inclusivos? Dicimos unha xuíz, ou unha xuíza? Unha
presidente ou unha presidenta?
PALABRA DE XESÚS: neste punto,
queremos resaltar a clara opción de Xesús pola igualdade entre
homes e mulleres. Hai moitos exemplos no Novo Testamento no que se
amos sen dúbida o lugar importante que as mulleres tiveron na súa
vida, e a forma revolucionaria (sobre todo tendo en conta a época na
que viviu) de relacionarse con elas, como iguais.
Como
primeira mostra, a Palabra de hoxe: “Quen de entre vós
non teña pecado, que lle tire a primeira pedra”. Aquí fálase
de xulgar...pero aquí Xesús tamén recoñece que o castigo da
muller pode aplicarse de igual forma ós homes.
MARTES, 10 MARZO 2020
Bo día!!!!!
Continuamos co tema da semana:
Igualdade entre homes e mulleres, e seguimos a falar un pouco dos
estereotipos, de cousas que son para homes e cousas que son para as
mulleres. Pensamos que hai cousas que son para homes e outras para
mulleres? Ou para nenos ou nenas?
Imos ver un vídeo sobre os catálogos
de xoguetes:
REFLEXIÓN: por que credes que nos
catálogos fan estas distincións? Por probabilidade? Porque é certo
que ás nenas lles gusta máis cociñar e pranchar? Non pode ser que
estamos a reproducir e manter estereotipos pasados de moda? As nenas
pranchan, porque na casa é a nai a que prancha? O problema cos
estereotipos, ademais de que son absurdos, é cando algunha persoa
quere saír deles...como miramos a un compañeiro que mañá decide
vir ó cole maquillado ou coas uñas pintadas? Non nos parece mal. Na
maioría dos casos, o respectaremos...pero vai ter que aguantar
miradas, cobadazos, que se fale del. E lle vai facer dano. E aí é
onde está o problema, somos todos iguais, tempos que poder facer as
mesmas cousas sen sufrir.
PALABRA DE XESÚS: ‑¿Como é
que ti, sendo xudeu, me pides a min, muller samaritana, que che dea
de beber? Xesús non facía distinción: nin por lugar de
procedencia, nin por sexo.
ORACIÓN: Padre Nuestro.
MÉRCORES, 11 MARZO 2020
Bo día!!!!!
O tema que traemos hoxe, dentro do día
da Muller, é a publicidade. Algunha vez nos paramos a pensar cal é
o papel que ten a muller na publicidade? Por sorte, os estereotipos
de xénero cada vez están máis superados, e os anuncios de
deterxentes, de electrodomésticos ou de produtos para bebés, están
sendo protagonizados por homes (aínda que concretamente os anuncios
de bebés, soen amosar “pais desastre”), e os de coches, por
exemplo, tamén por mulleres. Pero iso non quere dicir que a
publicidade non siga a ser SEXISTA. Imos ver algunhas imaxes:
Tamén un vídeo:
REFLEXIÓN: Pensa nos anuncios que
puxemos...que necesidade hai en todos eles de utilizar o corpo da
muller? Non vos parece que están “cosificando” ás mulleres? Non
vos sentides como “gando”? Credes que se vende máis con este
tipo de anuncios? Isto sucede tamén nos videoclips...a forma de
bailar, que as bailarinas sexan mulleres na meirande parte dos
videoclips, a roupa que levan...por que?
O Instituto da Muller sinala os
factores que determinan que un contido sexa sexista. Entre eles,
destacan os seguintes:
Xustificar comportamentos ou actitudes
que impliquen violencia contra a muller.
Exhibir o corpo feminino como reclamo
de venda cando sexa alleo ao contido do anuncio e do anunciado.
Utilizar á muller e reducir o seu
corpo a un mero obxecto sexual.
Incluimos un par de imaxes informativas sobre o coronavirus e as precaucións a ter para minimizar os contaxios, para repasar cos rapaces e rapazas:
Incluimos un par de imaxes informativas sobre o coronavirus e as precaucións a ter para minimizar os contaxios, para repasar cos rapaces e rapazas:
PALABRA DE XESÚS:
“Estaban alí María Magdalena e mais a outra María, sentadas
fronte ó sepulcro.” Non nos esquezamos de que as mulleres
foron as que acompañaron a Xesús na cruz, es as primeiras en
decatarse da Resurrección...isto si que é darlles un lugar na
historia.
ORACIÓN: Ave María.
XOVES, 12 MARZO 2020
Bo día!!!!!
Hoxe damos un paso
máis, e imos traballar os MICROMACHISMOS... Un micromachismo fai referencia a accións ou actitudes sexistas socialmente aceptadas ou encubertas.
Vexamosun vídeo, no que algunhas mulleres importantes explican coma elas tamén está sometidas a algúns micromachismos:
REFLEXIÓN:
cres
que os micromachismos están presentes no día a día? Danse máis en
homes ou en mulleres? Ti cres que cometes algún? Hai moitos
mási...sabes algún?
(outros
exemplos para comentar: os homes que silvan ás mulleres pola rúa,
que tocan o cu, que din piropos, que miran de arriba a abaixo...)
PALABRA DE XESÚS:
“Cando ían de camiño, entrou en certa aldea, e unha muller
chamada Marta acolleuno na súa casa. Esta tiña unha irmá chamada
María, que sentada ós pés do Señor, escoitaba as súas palabras.
Marta, en troques, estaba moi apurada co labor da casa; e achegándose
a el, díxolle:
‑Señor, ¿non
che importa que a miña irmá me deixe a min o traballo? Dille que me
bote unha man.
Pero o Señor
respondeulle:
‑Marta, Marta,
preocúpaste e desacóugaste con tantas cousas, pero soamente unha é
a necesaria. María escolleu a mellor parte, e esa nunca se lle vai
quitar.
EXPLICACIÓN: Xesús
visita a Marta e María. Unha non fai máis que “servir” a Xesús,
facer a comida, anrranxar a casa...e a outra deixa todo para escoitar
a Xesús. A primeira quéixase, e Xesús di que é a outra a que fai
ben...unha vez máis, pensa na época de Xesús, e “para que
servian as mulleres”. Definitivamente a forma de actuar de Xesús e
revolucionaria.
VENRES, 13 MARZO 2020
Continuamos o noso viaxe pola Coresma coa lectura deste domingo:
Naquel tempo, chegou
Jesús a un pobo de Samaría chamado Sicar...; alí estaba o
manancial de Jacob. Jesús, canso do camiño, estaba sentado xunto
ao manancial. Era ao redor do mediodía.
Chega unha muller de
Samaría a sacar auga, e Xesús dille:
– Dáme de beber».
– Como ti, sendo
xudeu, pídesme de beber a min, que son muller samaritana?
– Se coñeceses o
don de Deus e quen é o que che pide de beber, pediríaslle ti, e el
daríache auga viva.
– Señor, se non tes
cubo e o pozo é fondo, de onde sacas a auga viva?
– O que bebe desta
auga volve ter sede, pero o que beba da auga que eu lle darei, nunca
máis
terá sede: a auga que
eu lle darei converterase dentro del nun chafariz de auga que salta
ata a vida eterna.
– Señor, dáme esa
auga: así non terei máis sede, nin terei que vir aquí a sacala.
– Sei que vai vir o
Mesías, o Cristo, cando veña el diránolo todo.
– Son eu: o que fala
contigo...
Jn 4, 15-42
REFLEXIÓN-EXPLICACIÓN:
«Dáme de beber» A sinxela petición de Jesús é o comezo dun
diálogo, mediante o cal El, con gran delicadeza, entra no mundo
interior dunha persoa á cal, segundo os esquemas sociais, non
debería nin sequera dirixirlle a palabra. Xesús cando ve a unha
persoa vai adiante porque ama.
Non se detén nunca
ante unha persoa por prexuízos. Jesús ponse ante a súa situación,
sen xulgala, facendo que
senta considerada, recoñecida, e suscitando así nela o desexo de ir
máis aló da rutina cotiá.
A muller queda tocada
por este encontro: dirixe a Jesús eses interrogantes profundos que
todos temos dentro, pero que a miúdo ignoramos. Tamén nós temos
moitas preguntas que facer, pero non atopamos o valor de dirixilas a
Jesús! A coresma é o tempo oportuno para mirarnos dentro, para
facer emerxer as nosas necesidades espirituais máis auténticas, e
pedir a axuda do Señor na oración. O exemplo da samaritana
convídanos a expresarnos así: «Jesús, dáme desa auga que saciará
a miña sede eternamente».
Que
pregunta, SOBRE TI, lle farías a Xesús???? En canto ós prexuízos
dos que fala a reflexión...temos prexuízos???dámonos conta
deles???intentamos que non nos afecten á hora de actuar????
ORACIÓN:
Señor
Xesús,
Douche
grazas por este mundo, onde podo atopar toda clase de persoas.
Abre
os meus ollos para que acepte as diferenzas, e aprenda a respectalas.
AMÉN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario