Pastoral

Pastoral

PRIMARIA-BBDD semana do 09 ó 13 MARZO 2020

LUNS, 09 DE MARZO 2020



Bo día!
Durante esta semana imos traballar un tema importante para todos. Sabedes que día foi onte? Sabedes que se conmemora e por que? Onte foi 8 de marzo: o Día da Muller. Resúltavos coñecido este día? Sabedes por que se celebra? Algún de vos sabe cal é a data do “Día do Home”? Sabedes que é o machismo e o feminismo? Son os homes e as mulleres iguais na escola, no seu traballo ou dentro da súa familia? Coñecedes o significado da palabra “estereotipo”?

Ao longo desta semana falaremos moito sobre este tema que é tan importante. Hoxe, tan só vos imos deixar con esas preguntas de antes para que o pensedes e compartades cos vosos compañeiros a vosa opinión. Esta semana falaremos sobre as mulleres, polo tanto, trataremos o RESPETO. 

E á última das preguntas de antes vos axudaremos con este vídeo.



REFLEXIÓN:
Cantos de vos pensastes que a maioría dos obxectos que se podíamos ver no vídeo eran de homes?

ORACIÓN:



MARTES, 10 DE MARZO 2020

Bo día!



Continuamos co tema da semana: a igualdade entre homes e mulleres. E seguimos a falar un pouco dos estereotipos, de cousas que son para homes e cousas que son para as mulleres. Pensamos que hai cousas que son para homes e outras para mulleres? Ou para nenos ou nenas?




Imos ver un vídeo sobre os catálogos de xoguetes:




REFLEXIÓN:

Por que credes que nos catálogos fan estas distincións? Porque é certo que ás nenas lles gusta máis cociñar ou pasear os carriños dos bebés? As nenas cociñan, porque na casa é a nai a que cociña? O problema cos estereotipos, ademais de que son absurdos, é cando algunha persoa quere saír deles... Como miraríamos a un compañeiro que mañá decide vir ao cole maquillado ou coas unllas pintadas? Non nos parecería mal. Na maioría dos casos, o respectaremos... pero vai ter que aguantar miradas, comentarios e críticas. E lle vai facer dano. Pensando nisto, somos todos iguais ou os nenos e as nenas sodes diferentes entre vos?

PALABRA DE XESÚS:
"‑¿Como é que ti, sendo xudeu, me pides a min, muller samaritana, que che dea de beber?"
!!!!!!!Xesús non facía distinción: nin por lugar de procedencia, nin por sexo.

ORACIÓN:


MÉRCORES, 11 DE MARZO

Bo día!

Hoxe imos comezar cun vídeo sobre igualdade de xénero onde aparecen una serie de preguntas que lles fan a uns nenos e nenas de Primaria, coma vos. Se vos parece, poderiamos facer unha reflexión directamente durante o vídeo. Cando poñan unha pregunta, respondédea vos durante medio minutiño e logo escoitade que opinan estes rapaces:



REFLEXIÓN: Sodes conscientes de que existen tantos estereotipos, incluso sobre a personalidade dos nenos e das nenas?

Incluimos un par de imaxes informativas sobre o coronavirus e as precaucións a ter para minimizar os contaxios, para repasar cos rapaces e rapazas:




ORACIÓN:

Noso Pai que estás no Ceo,
santificado sexa o teu nome,
veña o teu Reino,
fágase a túa vontade aquí na terra coma no Ceo.
Danos hoxe o noso pan de cada día;
perdoa as nosas ofensas
como tamén perdoamos nós
a quen nos ten ofendido;
e non nos deixes caer na tentación
mais líbranos do mal.

  
XOVES, 12 DE MARZO

Bo día!



Continuamos a semana falando sobre a muller e, nesta ocasión, imos volver a centrarnos na igualdade pero dende outro punto de vista. Veremos un vídeo pero o pararemos no minuto 1:07



Que credes que vai suceder agora? Merecen algunha recompensa polo seu traballo xuntos? Fixeron o mesmo traballo entre os dous ou traballou un máis que outro? Continuemos co vídeo a ver que sucede...

REFLEXIÓN:
Neste vídeo fálase de México pero, sabiades que en España existen moitos traballos nos que unha muller gaña menos diñeiro ca un home aínda que desempeñen as mesmas funcións? Por que credes que sucede isto? Coñeces algunha persoa á que lle pase algo parecido no seu traballo? Parécevos xusto?

ORACIÓN:

VENRES, 13 MARZO 2020

Naquel tempo, chegou Jesús a un pobo de Samaría chamado Sicar; alí estaba o manancial de Jacob. Jesús, canso do camiño, estaba sentado xunto ao manancial. Era ao redor do mediodía.
Chega unha muller de Samaría a sacar auga, e Xesús dille:
– Dáme de beber.
– Como ti, sendo xudeu, pídesme de beber a min, que son muller samaritana?
– Se coñeceses o don de Deus e quen é o que che pide de beber, pediríaslle ti, e el daríache auga viva.
– Señor, se non tes cubo e o pozo é fondo, de onde sacas a auga viva?
– O que bebe desta auga volve ter sede, pero o que beba da auga que eu lle darei, nunca máis terá sede: a auga que eu lle darei converterase dentro del nun chafariz de auga que salta ata a vida eterna.
– Señor, dáme esa auga: así non terei máis sede, nin terei que vir aquí a sacala.
– Sei que vai vir o Mesías, o Cristo, cando veña el diránolo todo.
– Son eu: o que fala contigo... (Jn 4, 15-42)

REFLEXIÓN/EXPLICACIÓN:
«Dáme de beber» A sinxela petición de Jesús é o comezo dun diálogo, mediante o cal El, con gran delicadeza, entra no mundo interior dunha persoa á cal, segundo os esquemas sociais, non debería nin sequera dirixirlle a palabra. Xesús cando ve a unha persoa vai adiante porque ama.

Non se detén nunca ante unha persoa por prexuízos. Jesús ponse ante a súa situación, sen xulgala, facéndoa sentir considerada, recoñecida, e suscitando así nela o desexo de ir máis aló da rutina cotiá.

A muller queda tocada por este encontro: dirixe a Jesús eses interrogantes profundos que todos temos dentro, pero que a miúdo ignoramos. Tamén nós temos moitas preguntas que facer, pero non atopamos o valor de dirixilas a Jesús! A Coresma é o tempo oportuno para mirarnos dentro, para facer emerxer as nosas necesidades espirituais máis auténticas, e pedir a axuda do Señor na oración. O exemplo da samaritana convídanos a expresarnos así: «Jesús, dáme desa auga que saciará a miña sede eternamente».

ORACIÓN:
Señor Xesús,
Douche grazas por este mundo, onde podo atopar toda clase de persoas.
Abre os meus ollos para que acepte as diferenzas, e aprenda a respectalas. AMÉN.

No hay comentarios:

Publicar un comentario