MARTES, 02 NOVEMBRO 2021
Bo día!!!!
Onte celebrábamos o Día de todas e todos os santos e
santas….. por isto cabe dar algunha descrición do que é ser santa e santo…. 😂😂😂 Para ver se estamos dentro do perfil :
Santas son aquelas persoas destacadas polas súas virtudes e son como modelos capaces de mostrar aos demais un camiño exemplar. Como, de acordo coa Biblia, Deus é amor, a principal virtude dos santos e santas é, consecuentemente, a súa capacidade para amar a Deus e aos demais seres humanos.
Pois, ben hai persoas que viviron e viven sendo transmisores de ledicia, xúbilo, fan do seu quefacer diario un motivo de felicidade propia e para os demais, dispersan amor e viven con moito amor o seu día a día. Coñeceremos algunhas delas nestes días.
A verdade é que non hai moitas representacións de santos, santas con cara alegre, sorrinte ou mesmo escachando de risa, isto débese unicamente a unha cuestión puramente artística pois a gran maioría deles foron firmes defensores da alegría, sorriso e felicidade como xeito de difusión do amor a Deus. Como di o Papa Francisco:
O propio Papa Francisco nunha encíclica que publicou da unha serie de pautas para levar unha vida plena con nós e cos demais, o mais próximo ao que tradicionalmente se chamaría ser santos e santas, pero estamos falando de ser “santos e santas en vida”, actualmente:
- Aguante, paciencia. Non debemos deixarnos levar pola
ansiedade, nin deixarnos arrastrar pola violencia do noso mundo. Debemos ser
humildes e non caer na tentación do éxito fácil, as posesións ou dominio sobre
os demais.
- Alegría e sentido do humor. O santo debe ser positivo e
irradiar esperanza. Debemos compartir e repartir a alegría de sabernos fillas e
fillos de Deus.
- Audacia e fervor. Temos que ser misioneiros apaixonados,
saír da nosa zona de confort e ir a anunciar o Evanxeo.
- En comunidade, onde os membros cóidanse entre eles e convídanse
a prestar atención aos detalles da vida fuxindo do individualismo.
- En oración constante. Necesitamos comunicarnos con Deus. O silencio,
a Palabra e os sacramentos serán os nosos aliados.
Hoxe imos empezar por algúns santos e santas que foron beatificados, recoñecidos pola Igrexa.
San Xoan Bosco foi un deles, transmitía alegría, ledicia nas súas accións entre os mais novos e tamén durante os seus momentos de encontro, como os nosos bos días, e alí adoitaba dicir:
Hai unha santa, Teresa de Lisieux, que si nos falou dunha
virxe con rostro alegre, cun gran sorriso. Esta muller, Teresa de Lisieux, relatou
nos seus escritos que cando era nena sufría duha enfermidade que, polos
síntomas, parecía ser o que hoxe coñecemos como depresión, e que tería superado
grazas à “Virxe do Sorriso”.
EVANXEO:
O sorriso da santidade (Amor aos inimigos. Mt 5,43-48). Xesús invitanos a non conformarnos con mediocridades… e iso como se fai? Pois sorrindo autenticamente ao que te mira mal, ao que te fai a cambadela (zancadilla), ao que che irrita, e este ao que más, ao que non se merece o teu sorriso.
Ver o video co evanxeo:
En inglés:
En L. Castelá:
ORACIÓN: MACACO- Yo me fui a ser feliz.
Con este video podemos rematar a modo de oración. Frases que axudan a reflexionar un pouco:
MÉRCORES, 03 DE
NOVEMBRO 2021
Coñecedes o cuarteto da felicidade?
Non se trata dun grupo musical….. non o cuarteto da felicidade é o nome que se lle da as catro hormonas asociadas co sentimiento de benestar. Estas son: endorfina, serotonina, dopamina e oxitocina. Teñeen en común o feito de que todas elas participan nesa sensación que coñecemos como “estar felices”.
A tarefa diaria debería ser converternos en SANTAS/OS DA
FELICIDADE, E TENTAR LEVAR COMO SINAL UN BO SORRISO BEN TATUADO NO NOSO ROSTRO.
Todas e todos sabemos que isto é imposible e que moitas
veces teremos que inverter o semicírculo 😊😞 sendo
isto normal e sano pero ….. non pode convertese
no noso día a día, só ocasionalmente.
Imos coñecer hoxe outra muller que se chama Teresa de Calcuta,
tamén é santa e sobre todo foi unha muller espectacular............. a súa
entrega con aquelas persoas que mais o necesitaban foi total,e as súas
condicións de vida non eran como as nosas nin de lonxe, aínda así o seu sorriso
non esvaeceu nunca e a súa bandeira da paz sempre estivo izada.
Súa é esta frase tan coñecida e significativa:
A súa misión cristiá, non é unha simple misión humanitaria, era
mais transcendental, a súa transcendencia estaba encarnada en Xesús, e no SEU símbolo
mais profundo, pleno e transformador: O SORRISO. Ante a pregunta dun grupo de
persoas durante un encontro alguén lle dixo,
“‘Madre, díganos algo que nos ayude a transformar nuestras
vidas’.
E ela respondeu: Sonreíos mutuamente”.
EVANXEO:
O sorriso da felicidade (As benaventuranzas. Mt 5,1-12). O sorriso da pobreza, da tristeza, da humildade,… Está claro que o sorriso de Deus e o sorriso do mundo son totalmente opostos… Pero hai uns poucos los que optan por contaxiarse do sorriso de Deus e son inmensamente felices…
Rematamos con esta canción que nos dará chute de alegría: (A mi me gusta la Vida- Funambulista)
Coñecedes a Teresa Perales? Ela é unha das deportistas paralímpicas mais importantes en España, participou nos últimos Xogos Paralímpicos e ten moitos premios e recoñecementos pero non só como deportista senón por ser una persoa divulgadora de ledicia, calma e solidariedade. Ela defínese
A súa vida non foi fácil desde os 15 anos que perdeu ao seu pai e aos 19 unha neuropatía deixouna nunha cadeira de rodas. Pero un día dixo que xa bastaba de ver só para o seu embigo, que estaba sendo moi egoísta se non decidía comerse o mundo, saír a diante por si mesma e axudando aos demais a conseguilo tamén. Tivo que loitar moitísimo. Tivo que demostrar moitas cousas, non só por estar nunha cadeira de rodas, senón porque é muller, nova, ten discapacidade, e é deportista....e sumar na vida todo é moi complicado. E sobre todo sempre se resistiu a dar pena, rexeita a todas as persoas que a axudan por pena e non para que siga superándose e sempre leva enfundado un gran sorriso na cara. Escoitamos unha das súas intervencións cunha mensaxe poderosa: Sempre adiante cos teus soños.......
EVANXEO:
O SORRISO DA CONFIANZA: Deus nunca te vai a deixar so (Tened
confianza. Mt 7,7-12).
Bo día!!!!!
Seguro que todas e todos coñecedes a Greta Thunberg. Ela foi icona dunha campaña de concienciación para protexer, coidar a nosa casa común con moita valentía e moito esforzo, tivo que gañar a confianza de gobernantes e a sociedade en xeral pois cando comezou as reivindicacións era unha nena. Hoxe en día, xa con 18 anos, continua co seu camiño. Nunha entrevista recente, fai un chamamento a ser coherente e dar exemplo do que se quere reivindicar, é consecuente nas súas eleccións persoais. Fai aos que non viaxa en avión. É vegana e deixou de «consumir cousas». Por exemplo: roupa Se precisa de algo compra nas tendas de segunda man, intercambia roupa con amigas ou toma prestado. Segundo as súas propias palabras: Non me fai falla viaxar a Tailandia en avión para ser feliz. Non me fai falla comprar roupas que non necesito, para min non supón ningún sacrificio».
Esta coherencia, este exemplo está nas bases dos BBDD do luns
para optar ao premio de Santas e Santos.
EVANXEO:
O SORRISO DO AMOR (Mandamento máis importante. Mt 22,34-40). Se sorrís con autenticidade a Deus e aos teus irmáns, cun sorriso cómplice, transparente, comprometido, estarás amando a Deus e aos teus irmáns.
Rematamos cunha canción que fai un chamamento à xente que transmiten enerxía, brillan, sorrín, son felices..SHINY HAPPY PEOPLE, do grupo REM