Pastoral

Pastoral

ESO-BBDD semana del 11 al 15 NOVEMBRO 2019


LUNS 11 NOVEMBRO 2019

Bos Días!!!!




Continuamos un ano mais co tema COIDADO DA CASA COMÚN : accións comúns que axuden a coidar e protexer a CASA COMÚN que non é outra que o planeta que compartimos. Como xa lembrades isto partiu da Encíclica do Papa Francisco titulado Laudato Si de maio de 2016. Nesta encíclica o Papa fai unha fermosa reflexión sobre o coidado da casa común e ademais de reflexionar ofrece propostas concretas e especíificas, e en ocasións sinxelas, para que a sociedade poida comprometerse mais con esta tarefa.



A continuación, imos ver o video introductorio do Papa:


Como di o Papa, temos que emprender accións simples, cercanas para que isto non vaia a mais e acabemos con toda a beleza da natureza que nos rodea, non falamos do Caribe, non !! da mais próxima. 

Por isto, gustaríame por DEBERES de BBDD……. Reflexionemos , poñamos lentes para descubrir que dano, ou como estamos a perxudicar a nosa natureza mais próxima (nosas praias, rúas, illas, montes, cultivos….), imos anotalas e comentalas nos BBDD do venres. 

Sería moi boa idea que as fósedes anotando na libreta que vos entregou M. Eugenia no inicio de curso.



Como en temas de ciencia relacionados coa ecoloxía e medio ambiente xa traballamos moito, imos centrar os BBDD desta semana na análise da Creación do libro do Xénesis e como se pode ligar coa ecoloxía e protección do medio ambiente.
Coñecedes este libro? O Xénesis, é o primeiro libro da Biblia e esta historia bíblica é importante porque introduce a Deus como o creador do mundo e como o único Deus. Que Deus é creador de todas as cousas é unha crenza básica do cristianismo. Os eventos da creación desenvólvense en sete días e estes van ser comentados na clase ao longo desa semana e asociarémolo a algún tema relacionado co coidado da nosa casa común. A razón disto é que este libro mostra desde as primeiras páxinas, o recoñecemento explícito da bondade da natureza: `Deus viu todo o que tiña creado, e era moi bo” (Gn 1,31). Animais, plantas, firmamento, sol, océanos… todo é bo, e todo ten moito valor en si mesmo. Pero este recoñecemento é só cando as persoas valoran a dignidade da tierra, respectan a natureza, acolle e acepta a riqueza inserta nas criaturas. Este recoñecemento é o que real conduce á afirmación do seu valor e dos seus dereitos e, como consecuencia, a superar o abuso e o saqueo, e invita a un desenvolvemento respetuoso do medio ambiente e a unha convivencia armoniosa coa naturaleza.

Acabamos esta introducción aos BBDD desta semana admirando a creación, con banda sonora a canción What a Wonderful World by David Attenborough.


ORACIÓN:
Aprendamos a descubrir o alento de Deus no creado…
Aprendamos a ser responsables do que se nos puxo nas mans …
Aprendamos a coidar la Creación enteira…
Aprendamos a ser criaturas con todo o creado e non abusemos da creación…
Aprendamos a escoitar a palabra de Deus oculta en cada criatura…

Aprendamos a unirnos à loubanza da creación ao seu Creador…

MARTES 12 NOVEMBRO 2019

Bos Días!!!!!

Tal e como comentabamos onte o coidado da casa común está moi ligado á fe cristiana a través da historia da Creación pois é onde se recoñece o amor de Deus que creou un mundo cheo de cousas bellas para poder disfrutalas e non abusar delas, sacar proveito e mesmo acabar con elas como estamos a facer. Por isto, é una responsabilidade mais como cristiás coidar do noso medio ambiente.

On day one, God created light from darkness

"No primeiro día Deus creou a luz e separou as tinieblas. Deus viu que a luz era boa. Á Luz chamouna día e á oscuridade, noite" (Xénesis 1:3-5)


On day two, God created the sea and sky

"No segundo día da Creación, Deus separou os ceos da terra, fixo isto creando un espazo para separar augas da terra coas auga dos ceos." (Xénesis 1:6-8)

Nestes dous días xa temos dous elementos básicos para a nosa subsistencia

REFLEXIÓN(1ªparte): Cales son? En que medida estamos a acabar con eles e como podemos previr no día a día. (Seguramente é moi obvio dicir auga e luz, pechar os grifos e apagar as luces pero igual podemos suxerir o tema do aforro enerxético, o abuso das compañías eléctricas, o excesivo uso de garrafas de auga…..)

On day three, God made plants and trees.

"No terceiro día agrupou as augas e chamounas mares e revelou a terra seca. Xa neste punto as condicións eran axeitadas para a vexetación. Deus deu órdenes para que a terra producira toda semente, planta e froito." (Xénesis 1:9-13)

On day four, God made the sun, moon and stars

"No cuarto día creou o sol, a lúa e as estrelas." (Xénesis,1:9-14) 


( A luz xa existía desde o primeiro día). O propósito das estrelas era distinguir entre o día e a noite e darnos o sentido do tempo. Grazas ao sol, a lúa e as estrelas podemos marcar as estacións, os días e os anos

REFLEXIÓN(2ªparte): De sobra é sabido que a tala indiscriminada de árbores, os incen- dios….están a acabar cos nosos bosques e plantas pero ademais disto que outras razóns hai? (suxerimos: pesticidas, manipulación xénetica, introducción de especies foráneas, etc).

Resulta alucinante e pracenteiro poder admirar a lúa e as estrelas e pensar o insignificantes que somos neste proceso da creación fronte o universo. Sen embargo, en moitas ocasions non podemos disfrutar destas noites estreladas como nos gustaría e non me refiro a que o ceo está anubrado…..que nos impide, por causa da intervención do ser hu- mano, o pracer de observar o ceo estrelado? (contaminación lumínica, trasporte aereo, etc…)

Acabamos a sesión de hoxe con esta sinxela oración en inglés ao alcance de todxs 



XOVES 14 NOVEMBRO 2019

 Bo Día!!!!!!

On day five, God made animals and fish.

"No quinto día chegaron os animais. Os mares enchéronse de peixes e outros animais mariños. Os ceos foron enchéndose de aves. Deus bendeciunos e ordenou que se multiplicaran. Esta primeira bendición deu comezo a un proceso natural que ninguén puido xa parar." (Xénesis 1:20-23)

REFLEXIÓN: agora está moi de moda ter una mascota, coidala, mimala, paseala pero ……por que só nos preocupamos por estas? É simplemente moda, consumismo ou amor aos animais e à natureza?
Cales son as causas de que os animais estén sufrindo, morrendo ou mesmo desaparecendo no mundo? (deforestación, caza, contaminación lumínica e acústica, intervención dos seres humanos no hábitat animal, et)

CURIOSIDADE: o cantante Macaco autor da canción Madre Tierra, regala durante os seus concertos bombillas ecolóxicas e Alejandro Sanz nos seus últimos concertos vendeu un vaso como lembranza do concerto co fin de evitar as toneladas de vasos de plástico que se tiran durante un concerto e que en moitas ocasións acaban no mar.


Video canción Mama Tierra, ten anos pero merece a pena recordar o valor que ten o noso planeta:



ORACIÓN:

Te alabamos, Padre, con todas tus criaturas, que salieron de tu mano poderosa. Son tuyas, y están llenas de tu presencia y de tu ternura. Alabado seas. Hijo de Dios, Jesús, por ti fueron creadas todas las cosas. Te formaste en el seno materno de María, te hiciste parte de esta tierra, y miraste este mundo con ojos humanos

VENRES, 15 NOVEMBRO 2019

Bo Día!!!!!!

On day six, God created human beings.

"O punto culminante da creación tivo lugar no sexto día. A creación do ser humano foi una obra moi persoal, creouno segundo a súa imaxe e semellanza.
Ao final de todo este proceso de creación, Deus deuse conta que todo era bo e di” todo o creado é bo en gran maneira” (Xénesis 1:24-31)

REFLEXIÓN: chegou o momento da gran obra………… con que sentido, fin nos creou….. para que estamos aquí??? Que podemos por da nosa parte para evitar a destrucción de toda esta creación?







Cales foron os danos a reparar na nosa natureza que anotastes ao longo desta semana? (compartimos en gran grupo)


On day seven, they rested... 

"No terceiro día descansou e o declarou día santo, tradicionalmente o séptimo día é o sábado" (Xénesis 2:1-3) 



E, para rematar, lembrar que hoxe é día de festa, xa que celebramos o magosto, que é unha festa moi típica galega, pero que tamén ten grande tradición na familia salesiana, xa que a Don Bosco se lle atribúe a "MILAGRE DAS CASTAÑAS". 

Nunha festa de magosto cos seus rapaces no oratorio, quedaron moi curtos coas castañas que coceran, pero Don Bosco se empeñou en repartir unha boa ración ós case seiscentos rapaces que estaban a se reunir con el, e foi quen de conseguir que chegaran para todos en boa cantidade. Celebremos tamén con este magosto que o espírito de Don Bosco segue entre nós, facéndonos conscientes de que podemos lograr o milagre cada día, se tamén nós compartimos cos demais axuda, esforzo, traballo, colaboración, alegría... so temos que estar atentos ó que nos rodea, ABRINDO OS OLLOS E FACÉNDOO POSIBLE.



ORACIÓN: NOSO PAI…..CREADOR

No hay comentarios:

Publicar un comentario