Pastoral

Pastoral

ESO-BBD semana do 18 ó 22 NOVEMBRO 2019


MARTES, 19 NOVEMBRO 2019

Bo Día!!!!!



Continuamos cos BBDD dedicados ós Dereitos da Infancia, que, como vos comentabamos onte, se celebran a nivel mundial o 20 de Novembro (é dicir, mañá) 

Seguimos hoxe a reflexionar sobre cales son os dereitos da infancia, e, lembramos tamén, da adolescencia, xa que cubre ós rapaces e rapazas ata os 18 anos. 




Imos ver un vídeo que nos fai un repaso histórico, así como un afondamento sobre os dereitos que vimos onte (PROFES, O VÍDEO DURA 6,28min, O REPASO HISTÓRICO ATA O MINUTO 3,33 , E DESPOIS O REPASO ÓS DEREITOS, PÓDESE POÑER ENTEIRO, OU O QUE PENSEDES QUE É MÁIS ADECUADO PARA O VOSO GRUPO)


REFLEXIÓN: O vídeo fai este repaso histórico que nos leva ata o día de hoxe…¿Parécevos normal que no século XXI esteamos aínda sen telos conseguidos? ¿cales credes que son as razóns de que esteamos así? Porque sabemos que os nenos e nenas están desprotexidos (e non só no 3º mundo...ó noso redor hai nenos desnutridos, ou sexa, que no están a ter cuberto o dereito á alimentación. Hai nenos e nenas que sofren abusos, que lles pegan, que os maltratan, e tamén abusos sexuais) ¿por que non se fai nada para asegurar os dereitos da infancia?

ORACIÓN:
Por quen é vítima do egoísmo e da inxustiza: un recordo e unha oración.
Por quen sofre persecución por mor das súas ideas, do seu credo relixioso, da súa cultura diferente: un recordo e unha oración.
Para que os nenos gocen dunha protección especial: un recordo e unha oración.
Para que os nenos reciban todo o amor e compresión que necesiten,
Polos nenos e nenas aos que se lles rouba a súa infancia con traballos inhumanos: un recordo e unha oración.
Polas persoas, as familias que viven sen fogar: un recordo e unha oración.
Para que os nenos sexan protexidos contra a discriminación e o abandono.
Por aquelas persoas para quen a fame é o seu pan de cada día: un recordo e unha oración
Polas persoas que están no paro, que non atopan traballo nin un salario suficiente: un recordo e unha oración.
Por quen ten que saír e  desarraigarse dos seus países de orixe en busca de posibilidades
dunha vida digna: un recordo e unha oración.
Por quen se agarra sen esperanza aos barrotes do cárcere, polos que son  torturados: un recordo e unha oración.

MÉRCORES, 20 NOVEMBRO 2019

Bo Día!!!!!!

Hoxe é 20 de Novembro, día no que se conmemoran internacionalmente os Dereitos da Infancia. Para mostrar dende o cole o noso apoio á loita por que se cumpran estes dereitos, imos  escribir un tweet CADA GRUPO (240 caracteres máximo). Neste tweet podemos mostrar apoio, denunciar que non se están a cumprir, felicitar o día, desexar que todos os nenos nenas e adolescentes teñan acceso a estes dereitos...o que se vos ocorra. Unha vez cada grupo teña o seu tweet, poñémolos en común, e entre eles elixiremos o que represente á clase, e o poñeremos no Twitter do cole (!!!!PROFES MANDAR A ROSA A. POR WHATSAPP O TWEET VOTADO POLA CLASE, PRECEDIDO POLO CURSO, por exemplo: “3ºESO.....”)

ORACIÓN: Noso Pai.

XOVES, 21 NOVEMBRO 2019

Bo Día!!!!!

Continuamos co tema da semana, os Dereitos de nenos, nenas e adolescentes. Falabamos onte, que arredor de nós hai moita pobreza, e que se están a incumprir constantemente os dereitos...pero que iso tampouco nos confunda...hai moita xente no noso país que o pasa mal, pero lembrade sempre que a vulneración dos dereitos é directamente (exponencialmente, máis ben) proporcional ó grao de pobreza do país. Ás veces non nos damos de conta da sorte que temos, e do que hai polo mundo, por iso imos ver un vídeo que o amosa de forma diferente:


REFLEXIÓN: de primeiras, os desexos son moi diferentes...¿notamos aí a desigualdade? Pero a medida que avanza, o diñeiro (“ser ricos”) está presente en todos, claro que ¿parécevos que o concepto de riqueza será o mesmo para todos?. Fixastesvos nas caras dos nenos de aquí cando lles amosan as respostas dos nenos de Uganda? Moitos vense moi afectados. Os nenos e nenas pequenas son moi sensibles...”afectounos o vídeo a nós da mesma maneira? ¿Cando perdemos esa sensibilidade? O que eu penso é que, cando o corazón deixa de sentir, a nosa cabeza debería ser a sensible para lembrarnos que ninguén, pero menos os nenos e as nenas, merecen esa DESIGUALDADE de vida.

ORACIÓN:

Pai de todos, dámosche grazas porque todos os homes, mulleres, nenos e nenas nacemos libres e iguais en dignidade e dereitos. Axúdanos a vivir na túa presenza como irmáns e irmás. 

Señor Jesús, chegaches entre nós como uno máis e non che aceptamos. Aínda hoxe, en moitos países, a multitude dos nosos irmáns e irmás néganselle os seus dereitos humanos. Ti segues sendo crucificado neles.

Perdóanos e sálvanos. Espírito Santo, luz dos nosos corazóns, ven e ensínanos a sabedoría que nace da nosa dignidade de fillos e fillas de Deus.

Dános poder para crear un mundo onde caibamos todos. Señor, xa que nacemos seres libres, deixa que permanezamos libres ata que retornemos a ti. AMÉN

VENRES, 22 NOVEMBRO 2019

Bo Día!!!!!

Rematamos a semana dos Dereitos da Infancia coa reflexión entorno á nosa posición como cristiáns e como herdeiros de Don Bosco e nai Mazzarello acerca da vulneración destes dereitos.

Relación de Nai Mazzarello coa infancia: se hoxe estamos aquí, é grazas á vocación de María Mazzarello polos máis pequenos. Como sabemos, tras una enfermidade que a deixou moi feble, Maín cambiou a súa perspectiva de futuro, sentiuse iluminada pola Virxe, animándoa a buscar un mellor futuro para as rapazas con menos posibilidades. Queremos resaltar a aposta desta muller polas nenas. Aínda hoxe nas zonas máis desfavorecidas, nacer muller é un hándicap a maiores, é ser o ultimo do último. Maín non só se dedicou a coidar ás nenas, senon que lles ensinaba costura, lles daba un oficio, una educación. Unha forma de actuar en plena vixencia hoxe: dar educación e oficio ás nenas as empodera, lles da una oportunidade de vida máis aló dun matrimonio a forza.

Relación de Don Bosco coa infancia: aínda que Don Bosco se puido dedicar a ser guía espiritual de moitos (algúns moi ricos, co que podería ter una vida máis desafogada) el se decantou pola mocidade. Igual que Madre Mazzarello, apostou por dar un mellor futuro ós rapaces. Tamén a través da educación, e axudándoos a ter un oficio. E adiantándose á súa época loitou de forma especial en contra da explotación infantil, negociando o primeiro contrato de aprendiz, para que os empregadores non abusaran dos menos.

REFLEXIÓN: somos herdeiros de persoas que xa vai moito tempo defenderon os Dereitos da Infancia…¿sentímonos orgullosos deste legado? Maín e Don Bosco creron no esforzo, en dalo todo polos que máis o precisan...¿cal é a nosa postura cara isto? ¿que cousas podemos facer para loitar polos Dereitos da Infancia? E que opinamos da educación ¿recoñecemos a oportunidade que é de ter unha vida mellor? E nós persoalmente, aproveitamos esta oportunidade?

Rematamos coa Palabra de Xesús sobre a Infancia, a modo de ORACIÓN, como facíamos o luns nos BBDD conxuntos, unha que demostra de forma clara a súa visión sobre a infancia:

"Deixade que os nenos se acheguen a min; non llelo impidades, porque deles é o Reino de Deus"




No hay comentarios:

Publicar un comentario