Pastoral

Pastoral

ESO-BBDD semana do 14 ó 18 FEBREIRO 2022

 LUNS, 14 FEBREIRO 2022

Bo día!!!!


Comezamos a semana un día "especial", que vai guiar o tema dos BBDD de toda a semana. Pero a partir de mañá, porque onte foi 13 de febreiro, e entón hoxe dedicaremos os BBDD, como levamos xa case 3 anos facendo, a celebrar o 150 aniversario das FMA. E, para non perder a tradición, facémolo da man dos compañeiros e compañeiras de RadioBosco.

Escoitamos atentos o que nos teñen preparado para hoxe:




MARTES, 15 FEBREIRO 2022

Bo día!!!!

Hoxe si que si, arrincamos cos BBDD do AMOR. O amor en todas as súas expresións.

O auténtico amor difúndese e contáxiase. Cando unha persoa ama realmente aos demais, e sente amada, descobre a necesidade de dar aos demais algo dese amor que recibiu.

Imos ver un vídeo precioso que nos fala dese contaxio dos pequenos xestos de amor, mesmo entre descoñecidos. 


REFLEXIÓN: Pensa durante un momento de silencio en que pequenos xestos de amor podes ter ti coas persoas coas que che cruzas cada día.

PALABRA DE XESÚS: Tamén Xesús no Evanxeo lémbranos algo semellante: o amor ten que ser o máis importante na nosa vida: 

 ---Cal é o precepto máis importante? Jesús respondeu: ---O máis importante é: Escucha, Israel, o Señor o noso Deus é un só. Amarás ao Señor, o teu Deus con todo o teu corazón, con toda a túa alma, con toda a túa mente, con todas as túas forzas. O segundo é: Amarás ao próximo como a ti mesmo. Non hai precepto maior que estes.

 

ORACIÓN: Pero...que é amar?

Amar é confiar nos outros;

Amar é compartir o noso cos demais;

Amar é ter a capacidade de poñerse no lugar do outro;

Amar é saber aceptar aos demais tal como son;

Amar é crer que todos os homes somos irmáns;

Amar é comprender os erros dos demais;

Amar é saber regalar sorrisos;

Amar é dar o noso tempo a unha causa nobre;

Amar é escoitar sen présas aos demais;

Amar é saber calar a tempo;

Amar é saber gardar un secreto;

Amar é ceder un posto;

Amar é axudar a levantar o ánimo decaído;

Amar é contestar unha carta;

Amar é orar polos demais;

Amar é dar, recibir, axudar, compartir, suxerir, esperar...

AMÉN

MÉRCORES, 16 FEBREIRO 2022

Bo día!!!!

Continuamos hoxe cos BBDD do amor e a amizade.

Para hoxe traemos outro vídeo sobre o amor. A ver que conclusións podemos quitar:


REFLEXIÓN: unha vez máis...canto nos gusta poñer etiquetas? canto nos gusta opinar sobre a vida dos demais? que somos nós para opinar o que está ben e o que está mal? O que importa é que o amor sexa de verdade, de corazón. E nós non somos quen de opinar sobre a vida dos demais.

PALABRA DE XESÚS: do Evanxeo de Juan, capítulo 13.

"Dixo Jesús:

Douvos un mandamento novo, que vos amedes uns a outros como eu ameivos: amádevos así uns a outros. Niso coñecerán todos que sodes os meus discípulos, en que vos amades uns a outros." 

Xesús non dixo "amade a este ou ó outro", dixo "amádevos uns a outros". Se Xesús non puxo etiquetas, que dereito temos nós a facelo?

(Deixamos un breve momento de silencio, lembrando ante Deus ás persoas ás que amamos, e tamén a aquelas ás que poderiamos querer máis).

MARÍA, AUXILIADORA DOS CRISTIÁNS...


XOVES, 17 FEBREIRO 2022

Bo día!!!!


No noso camiño de reflexión sobre o amor e a amizade, traemos para hoxe outra reflexión importantísima: a visión que temos sobre o amor romántico, a que nos vende a publicidade, as películas, as cancións, a literatura...para ser un pouco máis críticos, e non deixarnos levar por ideas equivocadas:

REFLEXIÓN:

Imos aceptalo TODO en nome dun sentimento? Imos aguantar calqueira cousa por amor? É sa unha relación na que esperas que outra persoa cambie? É sa unha relación na que a outra persoa fórzate a cambiar? É amor se a outra persoa te trata mal? E que hai dos celos? Non temos dereito a que a outra persoa confíe en nós? Ter celos implica querer máis?

PALABRA DE DEUS: Corintios 13:4-5 : 

«O amor é paciente, é  bondadoso. O amor non é envexoso nin xactancioso nin orgulloso. Non se comporta con  rudeza, non é egoísta, non se anoxa facilmente, non garda rancor.».


VENRES, 18 FEBREIRO 2022

Bo día!!!!

Rematamos a semana traballando un valor fundamental cando falamos de AMOR e AMIZADE...é a LEALDADE.


Imos ler un conto, titulado "Amizade" (de Paulo Coelho):

"Un home, o seu cabalo e o seu can ían por unha estrada. Cando pasaban preto dunha árbore enorme caeu un raio e os tres morreron  fulminados.

Pero o home non se deu conta de que xa abandonara este mundo, e proseguiu o seu camiño cos seus dous animais (ás veces os mortos tardan un certo tempo antes de ser conscientes da súa nova condición...)

A estrada era moi longa e outeiro arriba. O sol era moi intenso, e eles estaban suados e  sedientos. Nunha curva do camiño viron un  magnifico portal de mármore, que conducía a unha praza pavimentada con lastras de ouro.

O camiñante dirixiuse ao home que custodiaba a entrada e estableceu con el, o seguinte diálogo:

- Bos días.

- Bos días - Respondeu o gardián.

- Como se chama este lugar tan bonito? 

- Isto é o Ceo.

- Que ben que chegásemos ao Ceo, porque estamos  sedientos!

- Vostede pode entrar e beber tanta auga como queira. E o gardián

sinalou a fonte.

- Pero o meu cabalo e o meu can tamén teñen sede...

- Síntoo moito - Dixo o gardián- pero aquí non se permite a entrada aos animais.

O home levantouse con gran desgusto, debido a que tiña moitísima sede, pero non pensaba beber só. Deu as grazas ao gardián e seguiu adiante.

Despois de camiñar un bo intre costa arriba, xa  exhaustos os tres, chegaron a outro sitio, cuxa entrada estaba marcada por unha porta vella que daba a un camiño de terra rodeado de árbores. Á sombra dun das árbores había un home botado, coa cabeza cuberta por un chapeu. Posiblemente durmía.

- Bos días - dixo o camiñante. O home respondeu cun xesto da cabeza.

- Temos moita sede, o meu cabalo, o meu can e eu

- Hai unha fonte entre aquelas rocas - dixo o home, indicando o lugar.

- Podedes beber toda a auga como queirades. O home, o cabalo e o can foron á fonte e acougaron a súa sede. O camiñante volveu atrás para dar as grazas ao home.

- Podedes volver sempre que queirades - Respondeulle este.

- Á mantenta Como se chama este lugar - preguntou o home.

- Ceo.

- O Ceo? Si? Pero se o gardián do portal de mármore díxome que aquilo era o Ceo!

- Aquilo non era o Ceo. Era o Inferno - contestou o gardián. O camiñante quedou perplexo.

- Deberiades prohibir que utilicen o voso nome! Esta información falsa debe provocar grandes confusións! - advertiu o home.

- De ningunha maneira!-increpou o home - En realidade, fannos un gran favor, porque alí quedan todos os que son capaces de abandonar aos seus mellores amigos...

REFLEXIÓN: a lealdade é o contrario á TRAICIÓN...igual así é máis fácil entender o concepto. Entendedes a importancia da lealdade en calqueira relación? Que cualidades valorades vós nos vosos amigos? (pódese facer unha lista) E, entre eses, cal vos parece máis importante? En que lugar poñedes a lealdade?

...está ben pensar que amigos queremos ter...pero tamén deberiamos dedicar un minuto a pensar que clase de amigx SON EU...

PALABRA DE XESÚS: ( Jn 15,13-14).
«Ninguén ten maior amor que o que dá a súa vida polos seus amigos. Vostedes son os meus amigos» ... mirade se para Xesús foi importante a amizade...

ORACIÓN:



No hay comentarios:

Publicar un comentario