LUNS, 14 FEBREIRO 2022
Bo día!!!!
Comezamos a semana un día "especial", que vai guiar o tema dos BBDD de toda a semana. Pero a partir de mañá, porque onte foi 13 de febreiro, e entón hoxe dedicaremos os BBDD, como levamos xa case 3 anos facendo, a celebrar o 150 aniversario das FMA. E, para non perder a tradición, facémolo da man dos compañeiros e compañeiras de RadioBosco.
Escoitamos atentos o que nos teñen preparado para hoxe:
MARTES, 15 FEBREIRO 2022
Bo día!!!!
Hoxe si que si, arrincamos
cos BBDD do AMOR. O amor en todas as súas expresións.
O auténtico amor
difúndese e contáxiase. Cando unha persoa ama realmente aos demais, e sente
amada, descobre a necesidade de dar aos demais algo dese amor que recibiu.
Imos ver un vídeo precioso que nos fala dese contaxio dos pequenos xestos de amor, mesmo entre descoñecidos.
REFLEXIÓN: Pensa durante un momento de silencio en que pequenos xestos de amor podes ter ti coas persoas coas que che cruzas cada día.
PALABRA DE XESÚS: Tamén Xesús no Evanxeo lémbranos algo semellante: o amor ten que ser o máis importante na nosa vida:
---Cal é o precepto máis importante? Jesús
respondeu: ---O máis importante é: Escucha, Israel, o Señor o noso Deus é un
só. Amarás ao Señor, o teu Deus con todo o teu corazón, con toda a túa alma,
con toda a túa mente, con todas as túas forzas. O segundo é: Amarás ao próximo
como a ti mesmo. Non hai precepto maior que estes.
ORACIÓN: Pero...que é amar?
Amar é confiar nos outros;
Amar é compartir o noso
cos demais;
Amar é ter a capacidade
de poñerse no lugar do outro;
Amar é saber aceptar aos
demais tal como son;
Amar é crer que todos os
homes somos irmáns;
Amar é comprender os
erros dos demais;
Amar é saber regalar
sorrisos;
Amar é dar o noso tempo a
unha causa nobre;
Amar é escoitar sen
présas aos demais;
Amar é saber calar a
tempo;
Amar é saber gardar un
secreto;
Amar é ceder un posto;
Amar é axudar a levantar
o ánimo decaído;
Amar é contestar unha
carta;
Amar é orar polos demais;
Amar é dar, recibir,
axudar, compartir, suxerir, esperar...
AMÉN
MÉRCORES, 16 FEBREIRO 2022
Bo día!!!!
Continuamos hoxe cos BBDD do amor e a amizade.
Para hoxe traemos outro vídeo sobre o amor. A ver que conclusións podemos quitar:
REFLEXIÓN: unha vez máis...canto nos gusta poñer etiquetas? canto nos gusta opinar sobre a vida dos demais? que somos nós para opinar o que está ben e o que está mal? O que importa é que o amor sexa de verdade, de corazón. E nós non somos quen de opinar sobre a vida dos demais.
PALABRA DE XESÚS: do Evanxeo de Juan, capítulo 13.
"Dixo Jesús:
Douvos un mandamento novo, que vos amedes uns a outros como eu ameivos: amádevos así uns a outros. Niso coñecerán todos que sodes os meus discípulos, en que vos amades uns a outros."
Xesús non dixo "amade a este ou ó outro", dixo "amádevos uns a outros". Se Xesús non puxo etiquetas, que dereito temos nós a facelo?
(Deixamos un breve momento de silencio, lembrando ante Deus ás persoas ás que amamos, e tamén a aquelas ás que poderiamos querer máis).
MARÍA, AUXILIADORA DOS CRISTIÁNS...
XOVES, 17 FEBREIRO 2022
Bo día!!!!
REFLEXIÓN:
Imos aceptalo TODO en nome dun sentimento? Imos aguantar calqueira cousa por amor? É sa unha relación na que esperas que outra persoa cambie? É sa unha relación na que a outra persoa fórzate a cambiar? É amor se a outra persoa te trata mal? E que hai dos celos? Non temos dereito a que a outra persoa confíe en nós? Ter celos implica querer máis?
PALABRA DE DEUS: Corintios 13:4-5 :
«O amor é paciente, é bondadoso. O amor non é envexoso nin xactancioso nin orgulloso. Non se comporta con rudeza, non é egoísta, non se anoxa facilmente, non garda rancor.».
VENRES, 18 FEBREIRO 2022
Bo día!!!!
Rematamos a semana traballando un valor fundamental cando falamos de AMOR e AMIZADE...é a LEALDADE.
"Un home, o seu cabalo e o seu can ían por unha estrada. Cando pasaban preto dunha árbore enorme caeu un raio e os tres morreron fulminados.
Pero o home non se deu conta de que xa abandonara este mundo, e proseguiu o seu camiño cos seus dous animais (ás veces os mortos tardan un certo tempo antes de ser conscientes da súa nova condición...)
A estrada era moi longa e outeiro arriba. O sol era moi intenso, e eles estaban suados e sedientos. Nunha curva do camiño viron un magnifico portal de mármore, que conducía a unha praza pavimentada con lastras de ouro.
O camiñante dirixiuse ao home que custodiaba a entrada e estableceu con el, o seguinte diálogo:
- Bos días.
- Bos días - Respondeu o gardián.
- Como se chama este lugar tan bonito?
- Isto é o Ceo.
- Que ben que chegásemos ao Ceo, porque estamos sedientos!
- Vostede pode entrar e beber tanta auga como queira. E o gardián
sinalou a fonte.
- Pero o meu cabalo e o meu can tamén teñen sede...
- Síntoo moito - Dixo o gardián- pero aquí non se permite a entrada aos animais.
O home levantouse con gran desgusto, debido a que tiña moitísima sede, pero non pensaba beber só. Deu as grazas ao gardián e seguiu adiante.
Despois de camiñar un bo intre costa arriba, xa exhaustos os tres, chegaron a outro sitio, cuxa entrada estaba marcada por unha porta vella que daba a un camiño de terra rodeado de árbores. Á sombra dun das árbores había un home botado, coa cabeza cuberta por un chapeu. Posiblemente durmía.
- Bos días - dixo o camiñante. O home respondeu cun xesto da cabeza.
- Temos moita sede, o meu cabalo, o meu can e eu
- Hai unha fonte entre aquelas rocas - dixo o home, indicando o lugar.
- Podedes beber toda a auga como queirades. O home, o cabalo e o can foron á fonte e acougaron a súa sede. O camiñante volveu atrás para dar as grazas ao home.
- Podedes volver sempre que queirades - Respondeulle este.
- Á mantenta Como se chama este lugar - preguntou o home.
- Ceo.
- O Ceo? Si? Pero se o gardián do portal de mármore díxome que aquilo era o Ceo!
- Aquilo non era o Ceo. Era o Inferno - contestou o gardián. O camiñante quedou perplexo.
- Deberiades prohibir que utilicen o voso nome! Esta información falsa debe provocar grandes confusións! - advertiu o home.
- De ningunha maneira!-increpou o home - En realidade, fannos un gran favor, porque alí quedan todos os que son capaces de abandonar aos seus mellores amigos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario