LUNS, 23 NOVEMBRO 2020
Bos
días!!!!
¿sabedes
que traemos para esta semana? Outra das campañas clásicas que realizamos todos
os cursos no cole: a OPERACIÓN KILO.
Vamos...unha vez máis:
SABEDES EN QUE CONSISTE A OPERACIÓN KILO?
QUE É?
QUE RECOLLEMOS? PARA QUE SE DESTINA?
Este
curso adiantamos a Operación Kilo. Normalmente, a facíamos coincidir co Advento
(que comezaremos a semana que ven) pero este curso, queremos darlle máis
importancia, queremos dedicar a semana enteira a traballala, e a facemos
coincidir coas grandes campañas de recollida dos Bancos de Alimentos. Así,
durante esta semana (do 23 ó 26 de novembro) recolleremos alimentos NON
PERECEDOIROS: arroz, fariña, legumes, pasta, latas de conserva (peixe,
tomate...) aceite, galletas, leite... que logo doaremos a unha organización que
se encarga do reparto desta comida (Cáritas)
Pensade un momento:
PROS e CONTRAS DE PARTICIPAR NA OPERACIÓN KILO (anotamos no encerado)
No
momento no que estou a escribir os BBDD non sei se gañarán os PROS e os CONTRAS
en cada clase...pero por se non vos chegan as razóns que destes para participar
na Operación Kilo, por se vos gaña a preguiza ou a vergoña para participar,
pensamos os BBDD desta semana para acabar de animarvos a participar, ÍMOSVOS
DAR RAZÓNS para que aportedes alimentos.
A
primeira motivación é que plantexamos unha COMPETICIÓN SOLIDARIA...imos contar
os kilos de cada clase por separado...A VER QUE RECOLLE MÁIS ALIMENTOS!!!!
Gañará como clase máis solidaria unha clase da ESO???????
PALABRA
DE DEUS: “Danos hoxe o NOSO pan de cada día”...é NOSO, porque todos temos
dereito a PAN, TODOS TEMOS DEREITO A COMER.
Para
rematar os BBDD de hoxe, unha canción a modo de oración...moi atentos á letra.
MARTES,
24 NOVEMBRO 2020
Bos
días!!!!
Hoxe
vos toca traballar un pouco a vós nestes BBDD que vos traemos para continuar a
traballar a Operación Kilo.
Lembrade
que o noso propósito para esta semana é motivarvos a colaborar.
Imos facer unha rutina: VEXO-PENSO-PREGÚNTOME.
Sacade unha folla e un boli. Dividide
a folla en 3 partes. Imos mirar unhas imaxes, e imos escribir: nunha das
partes, o que VEXO, na segunda parte, o
que PENSO (é dicir, o que deduzo ó ver as imaxes), e na terceira, PREGÚNTOME (é
dicir, que dúbidas xorden en min cando vexo as imaxes)
REFLEXIÓN:
Recollemos o que vemos/pensamos/preguntamos, e intentamos facer unha reflexión
conxunta.
Colleriades
vós comida dos contedores? Como nun país “rico” podemos deixar que a xente
subsista desta forma? QUE PODEMOS FACER CADA UN DE NÓS PARA AXUDAR???? (que, xa
tendes máis razóns para apoiar a Operación Kilo????)
PALABRA
DE DEUS: Tamén lles dixo: «Eu doulles da terra todas as plantas que producen
semente e todas as árbores que dan froito con semente; todo isto serviralles de
alimento.» Xénese 1:29...enténdese que nolo da a todos, non so ós ricos para
que cada vez sexan máis ricos, e ós pobres non, para que morran de fame.
ORACIÓN:
Noso Pai:
MÉRCORES,
25 NOVEMBRO 2020
Bo
día!!!!
Queremos
empezar os BBDD de hoxe con una reflexión persoal...fai tempo que non dedicamos
uns minutos a nós mesmos, a pensar en como estamos, nas nosas emocións
(lembrades como comezamos o curso? Tentando sacar os sentimentos que nos
provocou a COVID) Así que dedica un par de minutiños a pensar:
Estás
preocupado polo coronavirus?
Os
datos de incremento de contaxios en Galicia, ver que cada vez está máis
presente, comezar a ver casos entre xente coñecida, fai que te esteas a
inquietar máis?
Tes
medo de contaxiarte?
Tes
medo de que as persoas maiores da túa familia se contaxien?
Agora,
mira o seguinte vídeo:
REFLEXIÓN: Efectivamente, como seguro que algún adiviñou, o momento de reflexión do principio ía con unha pouca de trampa: a onde queríamos chegar era a que intentedes imaxinarvos que, ademais das preocupacións normais por ter o virus arredor, tivésemos que estar preocupados tamén por non ter que comer.
Esta é
a situación que viven moitas persoas (xa vistes os datos do vídeo): moitas
persoas estaban sen traballo cando chegou o Coronavirus, con traballos
precarios, con malos contratos (ou incluso sen eles) que quedaron se traballo e
sen dereito ó paro, xente da hostalaría (sabedes que están pechados durante un
mes...), toda esta xente que, ademais de ter medo a enfermidade, teñen a
preocupación de non ter diñeiro, de non saber como van facer para pagar o
aluguer, incluso se poderán facer todas as comidas do día.
Nós non
podemos protexer ós demais do Coronavirus (vale, algo si podemos facer, podemos
ser cidadáns responsables que cumpren as normas e as restricións), pero o que
seguro non nos custa nada é pedirlle a papi ou mami que nos prepare un lote
para a Operación Kilo...e axudar a que os que temos preto, poidan comer.
ORACIÓN:
Pedimos a María que nos axude a ser máis sensibles cara as necesidades dos máis
febles, e lle agradecemos a sorte que temos de poder ter un prato de comida na
mesa cada día:
XOVES,
26 NOVEMBRO 2020
Bo
día!!!!!
Que tal
vai a semana? Xa colaboramos todos coa Operación Kilo?
Seguimos
coa nosa semana de MOTIVACIÓN.
O que
temos para hoxe son dous testemuños de dúas persoas que se esforzan cada día
por poder alimentar ás súas familias. Son dous testemuños REAIS, cos que
pretendemos facer visible unha realidade de moitas persoas en España, e Galiza.
A necesidade de comida dalgunhas persoas é real, aínda que desde a nosa cómoda
realidade das neveiras cheas, nos pareza ciencia ficción:
REFLEXIÓN:
que vos pareceron os vídeos? Sabiades que hai xente preto de nós que pasa
tantas dificultades? (temos interiorizado que as persoas morren de fame en
África...pero tamén hai moita necesidade ó noso arredor) Coñecedes a alguén que
pase por algunha situación así? Somos conscientes da sorte que temos? Queixámonos
cando a comida non nos gusta? Pensarémolo dúas veces antes de volver a facelo?
PALABRA
DE DEUS: Porque nada trouxemos a este mundo, e nada podemos levarnos. Así que,
se temos roupa e comida, contentémonos con iso. Timoteo 6:7-8...esta cita vai
en contra do materialismo, e aposta por ser agradecidos co que temos.
ORACIÓN:
VENRES,
27 NOVEMBRO 2020
Bo
día!!!!!
Hoxe...último
día da Operación Kilo. Entenderedes que este ano non imos poder facer a Cadea
Solidaria...lembrádesvos? Ese símbolo da nosa colaboración, na que iamos pasando
os alimentos de man en man, ata o coche que os leva ata os que os van distribuír...entendemos
que non hai nada máis anti-COVID...pero este ano os van vir a recoller tamén, e
queremos ter un xesto significativo...pero xa volo contaremos a vindeira
semana!!!!
Rematamos
esta cun pouco de humor. Vexamos o seguinte vídeo:
REFLEXIÓN:
“En
realidade estou pensando que somos moi afortunados de poder rir destes
problemas. Somos moi afortunados, en serio. Hai moitas persoas que non se teñen
que preocupar de problemas coma os que falabamos: que se o chino non chega a
tempo, que se a manteiga abranda... porque a súa neveira está baleira. Non o
vas crer, Pero neste país hai 5 millóns de persoas que pasan fame. É un
problema moi grande e non podemos esperar nin un minuto máis. Entendedes o que
estou a dicir? Un de cada dez pasa fame. Non ten que comer. Por iso é moi
importante que todos nos unamos na recollida de alimentos.”
Esta é
a forma na que Ana Morgade remata o monólogo, que fai para colaborar na campaña
de recollida para o banco de alimentos. Realmente non importa como lle chamemos
á campaña, polo banco de alimentos, operación kilo... unicamente hai que tomar
conciencia do que está a pasar. E non se trata so dos sen teito, ou persoas que
viven en chabolas. A crise tócanos moi de preto a todos, hai moita xente ó noso
arredor que o está a pasar fatal, que non lle chegan os cartos para facer
fronte a todas as facturas, e se quita do ¿PRESCINDIBLE? Da comida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario