ESO-BBDD semana do 23 ó 26 NOVEMBRO 2020

LUNS, 23 NOVEMBRO 2020

Bos días!!!!

¿sabedes que traemos para esta semana? Outra das campañas clásicas que realizamos todos os cursos no cole: a OPERACIÓN KILO.

Vamos...unha vez máis:

SABEDES EN QUE CONSISTE A OPERACIÓN KILO?

QUE É? QUE RECOLLEMOS? PARA QUE SE DESTINA?

Este curso adiantamos a Operación Kilo. Normalmente, a facíamos coincidir co Advento (que comezaremos a semana que ven) pero este curso, queremos darlle máis importancia, queremos dedicar a semana enteira a traballala, e a facemos coincidir coas grandes campañas de recollida dos Bancos de Alimentos. Así, durante esta semana (do 23 ó 26 de novembro) recolleremos alimentos NON PERECEDOIROS: arroz, fariña, legumes, pasta, latas de conserva (peixe, tomate...) aceite, galletas, leite... que logo doaremos a unha organización que se encarga do reparto desta comida (Cáritas)


Pensade un momento: 

PROS e CONTRAS DE PARTICIPAR NA OPERACIÓN KILO (anotamos no encerado)

No momento no que estou a escribir os BBDD non sei se gañarán os PROS e os CONTRAS en cada clase...pero por se non vos chegan as razóns que destes para participar na Operación Kilo, por se vos gaña a preguiza ou a vergoña para participar, pensamos os BBDD desta semana para acabar de animarvos a participar, ÍMOSVOS DAR RAZÓNS para que aportedes alimentos.

A primeira motivación é que plantexamos unha COMPETICIÓN SOLIDARIA...imos contar os kilos de cada clase por separado...A VER QUE RECOLLE MÁIS ALIMENTOS!!!! Gañará como clase máis solidaria unha clase da ESO???????

PALABRA DE DEUS: “Danos hoxe o NOSO pan de cada día”...é NOSO, porque todos temos dereito a PAN, TODOS TEMOS DEREITO A COMER.

Para rematar os BBDD de hoxe, unha canción a modo de oración...moi atentos á letra.

 

MARTES, 24 NOVEMBRO 2020

Bos días!!!!

Hoxe vos toca traballar un pouco a vós nestes BBDD que vos traemos para continuar a traballar a Operación Kilo.

Lembrade que o noso propósito para esta semana é motivarvos a colaborar.

Imos facer unha rutina: VEXO-PENSO-PREGÚNTOME

Sacade unha folla e un boli. Dividide a folla en 3 partes. Imos mirar unhas imaxes, e imos escribir: nunha das partes,  o que VEXO, na segunda parte, o que PENSO (é dicir, o que deduzo ó ver as imaxes), e na terceira, PREGÚNTOME (é dicir, que dúbidas xorden en min cando vexo as imaxes)



REFLEXIÓN: Recollemos o que vemos/pensamos/preguntamos, e intentamos facer unha reflexión conxunta.

Colleriades vós comida dos contedores? Como nun país “rico” podemos deixar que a xente subsista desta forma? QUE PODEMOS FACER CADA UN DE NÓS PARA AXUDAR???? (que, xa tendes máis razóns para apoiar a Operación Kilo????)

PALABRA DE DEUS: Tamén lles dixo: «Eu doulles da terra todas as plantas que producen semente e todas as árbores que dan froito con semente; todo isto serviralles de alimento.» Xénese 1:29...enténdese que nolo da a todos, non so ós ricos para que cada vez sexan máis ricos, e ós pobres non, para que morran de fame.

ORACIÓN: Noso Pai:



MÉRCORES, 25 NOVEMBRO 2020

Bo día!!!!

Queremos empezar os BBDD de hoxe con una reflexión persoal...fai tempo que non dedicamos uns minutos a nós mesmos, a pensar en como estamos, nas nosas emocións (lembrades como comezamos o curso? Tentando sacar os sentimentos que nos provocou a COVID) Así que dedica un par de minutiños a pensar:

Estás preocupado polo coronavirus?

Os datos de incremento de contaxios en Galicia, ver que cada vez está máis presente, comezar a ver casos entre xente coñecida, fai que te esteas a inquietar máis?

Tes medo de contaxiarte?

Tes medo de que as persoas maiores da túa familia se contaxien?

Agora, mira o seguinte vídeo:


REFLEXIÓN: Efectivamente, como seguro que algún adiviñou, o momento de reflexión do principio ía con unha pouca de trampa: a onde queríamos chegar era a que intentedes imaxinarvos que, ademais das preocupacións normais por ter o virus arredor, tivésemos que estar preocupados tamén por non ter que comer.

Esta é a situación que viven moitas persoas (xa vistes os datos do vídeo): moitas persoas estaban sen traballo cando chegou o Coronavirus, con traballos precarios, con malos contratos (ou incluso sen eles) que quedaron se traballo e sen dereito ó paro, xente da hostalaría (sabedes que están pechados durante un mes...), toda esta xente que, ademais de ter medo a enfermidade, teñen a preocupación de non ter diñeiro, de non saber como van facer para pagar o aluguer, incluso se poderán facer todas as comidas do día.

Nós non podemos protexer ós demais do Coronavirus (vale, algo si podemos facer, podemos ser cidadáns responsables que cumpren as normas e as restricións), pero o que seguro non nos custa nada é pedirlle a papi ou mami que nos prepare un lote para a Operación Kilo...e axudar a que os que temos preto, poidan comer.

ORACIÓN: Pedimos a María que nos axude a ser máis sensibles cara as necesidades dos máis febles, e lle agradecemos a sorte que temos de poder ter un prato de comida na mesa cada día:



XOVES, 26 NOVEMBRO 2020

Bo día!!!!!

Que tal vai a semana? Xa colaboramos todos coa Operación Kilo?

Seguimos coa nosa semana de MOTIVACIÓN.

O que temos para hoxe son dous testemuños de dúas persoas que se esforzan cada día por poder alimentar ás súas familias. Son dous testemuños REAIS, cos que pretendemos facer visible unha realidade de moitas persoas en España, e Galiza. A necesidade de comida dalgunhas persoas é real, aínda que desde a nosa cómoda realidade das neveiras cheas, nos pareza ciencia ficción:




REFLEXIÓN: que vos pareceron os vídeos? Sabiades que hai xente preto de nós que pasa tantas dificultades? (temos interiorizado que as persoas morren de fame en África...pero tamén hai moita necesidade ó noso arredor) Coñecedes a alguén que pase por algunha situación así? Somos conscientes da sorte que temos? Queixámonos cando a comida non nos gusta? Pensarémolo dúas veces antes de volver a facelo?

PALABRA DE DEUS: Porque nada trouxemos a este mundo, e nada podemos levarnos. Así que, se temos roupa e comida, contentémonos con iso. Timoteo 6:7-8...esta cita vai en contra do materialismo, e aposta por ser agradecidos co que temos.

ORACIÓN: 



VENRES, 27 NOVEMBRO 2020

Bo día!!!!!

Hoxe...último día da Operación Kilo. Entenderedes que este ano non imos poder facer a Cadea Solidaria...lembrádesvos? Ese símbolo da nosa colaboración, na que iamos pasando os alimentos de man en man, ata o coche que os leva ata os que os van distribuír...entendemos que non hai nada máis anti-COVID...pero este ano os van vir a recoller tamén, e queremos ter un xesto significativo...pero xa volo contaremos a vindeira semana!!!!

Rematamos esta cun pouco de humor. Vexamos o seguinte vídeo:


REFLEXIÓN:

“En realidade estou pensando que somos moi afortunados de poder rir destes problemas. Somos moi afortunados, en serio. Hai moitas persoas que non se teñen que preocupar de problemas coma os que falabamos: que se o chino non chega a tempo, que se a manteiga abranda... porque a súa neveira está baleira. Non o vas crer, Pero neste país hai 5 millóns de persoas que pasan fame. É un problema moi grande e non podemos esperar nin un minuto máis. Entendedes o que estou a dicir? Un de cada dez pasa fame. Non ten que comer. Por iso é moi importante que todos nos unamos na recollida de alimentos.”

Esta é a forma na que Ana Morgade remata o monólogo, que fai para colaborar na campaña de recollida para o banco de alimentos. Realmente non importa como lle chamemos á campaña, polo banco de alimentos, operación kilo... unicamente hai que tomar conciencia do que está a pasar. E non se trata so dos sen teito, ou persoas que viven en chabolas. A crise tócanos moi de preto a todos, hai moita xente ó noso arredor que o está a pasar fatal, que non lle chegan os cartos para facer fronte a todas as facturas, e se quita do ¿PRESCINDIBLE? Da comida.

PALABRA DE DEUS: Entón Jesús tomou os cinco pans e os dous peixes, e mirando ao ceo, bendíxoos. Logo partiunos e deullos aos discípulos para que llos repartisen á xente. Todos comeron ata quedar satisfeitos, e dos pedazos que sobraron recolléronse doce canastras. Lucas 9:16-17

ORACIÓN: para darlee dignidade a tódalas persoas do mundo, para recoñecernos iguais en dereitos, rezamos o Noso Pai, no que manifestamos que todos somos irmáns e irmás:



No hay comentarios:

Publicar un comentario