Pastoral

Pastoral

PRIMARIA-BBDD semana del 28 al 30 OCTUBRE 2019



LUNS, 28 OUTUBRO 2019
               
Bos Días a todos!!

Comezamos a semana falando dos apadriñamentos, algo moi importante para axudar aos mais necesitados. Podemos ver a seguinte imaxe para lembrar como se axuda cando se apadriña:
Como pensades que podedes axudar? Sabes que é apadriñar? APADRIÑAR consiste en axudar economicamente a un neno ou nena que vive nunha rexión necesitada. TODOS: persoas, empresas...podemos apadrinar? E ti? Que pensas?

Imos ver un vídeo sobre a axuda: 



REFLEXIÓNÚneste a cadea?? entráronche ganas de axudar ós demais? ti es solidario ou solidaria?

ORACIÓN: Padre Nuestro (pódese rezar e/ou cantar a canción)




MARTES, 29 OUTUBRO 2019

Bos Días!!

Nos Bos Días de hoxe seguimos pensando que cousas boas trae consigo apadriñar, e para iso, imos ver o seguinte vídeo: 



REFLEXIÓN: que creedes que nos quere dicir este vídeo? Cando apadriñamos, facemos un gran exercicio de axuda aos demais. Está moi ben compartir o que teño, decido ser solidario e darlle aos demais eso que a min NON me sobra.

Que pensades vos? Sodes solidarios?? Sabedes como apoiamos os nosos rapaces e rapazas os alumnos do colexio Don Bosco?? Lembrades a ANDAINA SOLIDARIA?

ORACIÓN: Padre Nuestro (pódese rezar e/ou cantar a canción)





MÉRCORES, 30 OUTUBRO 2019

Bos Días!!!!!
Rematamos a semana dos apadriñamentos, xa que mañá non temos cole...pero recordades en que consiste un apadriñamento?

Para motivarnos a apoiar os apadriñamentos, lembramos que se fai co diñeiro:

            


Ademais, lembramos que os nosos nenos apadriñados teñen nome e apelidos, teñen cara e sabemos onde vai o diñeiro: son Arturo (de Colombia), Lidia (da República Dominicana) e Anumithra (da India).

Este curso xa nos chegaron cartas de Arturo e Anumithra, isto é o que eles senten cara os apatriñamentos:

- CARTA DE ARTURO:



- CARTA DE ANUMITHRA:


ORACIÓN: Padre Nuestro (pódese rezar e/ou cantar a canción)



Boa fin de semana longa!🎉🎉🎉🎉



No hay comentarios:

Publicar un comentario