LUNS, 28 OUTUBRO 2019
Bos Días a todos!!
Comezamos a semana falando dos apadriñamentos, algo moi importante para axudar aos mais necesitados. Podemos ver a seguinte imaxe para lembrar como se axuda cando se apadriña:
Como pensades que podedes axudar? Sabes que é apadriñar? APADRIÑAR consiste en axudar economicamente a un neno ou nena que vive nunha rexión necesitada. TODOS: persoas, empresas...podemos apadrinar? E ti? Que pensas?
Imos ver un vídeo sobre a axuda:
REFLEXIÓN: Úneste a cadea?? entráronche ganas de axudar ós demais? ti es solidario ou solidaria?
ORACIÓN: Padre Nuestro (pódese rezar e/ou
cantar a canción)
MARTES, 29 OUTUBRO 2019
Bos Días!!
Nos Bos Días de hoxe seguimos pensando que
cousas boas trae consigo apadriñar, e para iso, imos ver o seguinte vídeo:
REFLEXIÓN: que creedes que nos quere dicir este vídeo? Cando apadriñamos, facemos un gran exercicio
de axuda aos demais. Está moi ben compartir o que teño, decido ser solidario e
darlle aos demais eso que a min NON me sobra.
Que pensades vos? Sodes solidarios?? Sabedes como apoiamos os nosos rapaces e rapazas os alumnos do colexio Don Bosco?? Lembrades a ANDAINA SOLIDARIA?
ORACIÓN: Padre Nuestro (pódese rezar e/ou
cantar a canción)
MÉRCORES, 30 OUTUBRO 2019
Bos Días!!!!!
Rematamos a semana dos apadriñamentos, xa que
mañá non temos cole...pero recordades en que consiste un apadriñamento?
Para motivarnos a apoiar os apadriñamentos, lembramos
que se fai co diñeiro:
Ademais, lembramos que os nosos nenos
apadriñados teñen nome e apelidos, teñen cara e sabemos onde vai o diñeiro: son
Arturo (de Colombia), Lidia (da República Dominicana) e Anumithra (da India).
Este curso xa nos chegaron cartas de Arturo e Anumithra, isto é o que eles senten cara os apatriñamentos:
- CARTA DE ARTURO:
- CARTA DE ANUMITHRA:
ORACIÓN: Padre Nuestro (pódese rezar e/ou
cantar a canción)
Boa fin de semana longa!🎉🎉🎉🎉
No hay comentarios:
Publicar un comentario