Pastoral

Pastoral

ESO-BBDD semana del 24 al 28 OCTUBRE 2022

LUNS, 24 OUTUBRO 2022

 


QUE É A ORDE? COMO AFECTA A DESORDE AFECTA AO NOSO DÍA A DÍA?

A palabra ORDE significa colocar as cousas no lugar que lles corresponden e ter unha boa disposición das cousas que temos.

Manter unha orde básica na nosa vida diaria é fundamental para o bo desenvolvemento das nosas actividades. Todo na vida require unha organización mínima, desde o tempo que empregamos para durmir ata os detalles mais pequenos como o aseo diario, os deberes, estudar ou mesmo algo tan simple como preparar o noso almorzo.

“Gustaríame que me axudaras a limpar a casa”, esta frase moi típica na maioría das casas, é un exemplo claro da mala concepción que se ten da necesidade de vivir nunha orde mínima e limpeza. Esta frase indica que só piden axuda aquelas persoas que teñen a “responsabilidade” de limpar. Non se trata de axudar.... trátase de cada persoa que vive nunha casa participe e se responsabilidade das tarefas de limpeza e orde do fogar.

Unha habitación propia é un espazo de independencia pero tamén un espello da nosa personalidade. Pero, moitas veces convértese nunha fonte de conflito entre familias, pais, nais e fillas, fillos.
 

Coa orde non só nos referimos a ter os obxectos materiais ordenados,senón que fagamos todo con coherencia.  A orde afecta non só ao desorde do meu cuarto ou do meu armario…(mellor non abrir non vaia ser que nos veña todo enriba!!!!) senón a todo o que rodea a miña vida: o tempo, o tempo de estudo, a hixiene e incluso à mente.

Algunhas das características inherentes ao temo ORDE son:

  1. A orde é un valor do ser humano e é a base doutros valores
  2. A orde é de gran axuda se queremos ter máis tempo, ser máis efectivos, ter maior rendemento e conseguir os obxectivos que nos propomos. 
  3. A orde apórtanos tranquilidade, confianza e seguridade. Disminúe o número de disgustos e agobios que poidan xurdir no día a día.
  4. Axúdanos a ser máis felices.

Para rematar os BBDD hoxe … alguen pode contar trucos estilo Marie Kondo para dobrar camisetas ou calcetíns??

 
A PALABRA- Deus tamén puxo a súa orde no mundo a través da Creación:

Libro del Génesis 1-2

"1. En el principio creó Dios los cielos y la tierra.

2. La tierra era caos y confusión y oscuridad por encima del abismo, y un viento de Dios aleteaba por encima de las aguas.

3. Dijo Dios: «Haya luz», y hubo luz.

4.Vio Dios que la luz estaba bien, y apartó Dios la luz de la oscuridad;

5. Y llamó Dios a la luz «día», y a la oscuridad la llamó «noche». Y atardeció y amaneció: día primero."

6. Dijo Dios: «Haya un firmamento por en medio de las aguas, que las aparte unas de otras.»

7. E hizo Dios el firmamento; y apartó las aguas de por debajo del firmamento, de las aguas de por encima del firmamento. Y así fue." (Génesis, 1)


Hoxe, como día 24 que é, imos ter a oportunidade de escoitar aos nosos compañeiros de RadioBosco, que nos teñen preparado un programa moi especial.






MARTES, 25 OUTUBRO 2022


MANTER O MEU ESPAZO DE TRABALLO ORDENADO

  • Ter todos os obxectos que preciso enriba da miña mesa organizados e só os esenciais. Non teñas folios, libros, bolígrafos ou materiais similares amontoados ou tirados na mesa. Tampouco o envase do iogur, a monda do plátano e prato coas migallas do bocata de hai tres días.
  • Comeza e remata as tarefas. Moitas veces empezamos moitas tareas sen rematar ningunha. Isto fai que nos frustremos ou incluso adiemos o que temos que facer por aborrecemento.
  • Seguir unha coherencia no momento de realizar as tareas. É importante que establezas unha orde lóxica e coherente coas tarefas à realizar. Por exemplo, non tería sentido empezar tarefas que son para dentro de quince días e deixar de repasar o exame que teño mañá.
  • Seguir as regras e as normas do colexio. Seguir as normas de organización do cole é importante de cara a ter unha orde no día a día do cole.

VÍDEO

 

A PALABRA

"Y llamó Dios al firmamento «cielos». Y atardeció y amaneció: día segundo.

9. Dijo Dios: «Acumúlense las aguas de por debajo del firmamento en un solo conjunto, y déjese ver lo seco»; y así fue.

10. Y llamó Dios a lo seco «tierra», y al conjunto de las aguas lo llamó «mares»; y vio Dios que estaba bien.

11. Dijo Dios: «Produzca la tierra vegetación: hierbas que den semillas y árboles frutales que den fruto, de su especie, con su semilla dentro, sobre la tierra.» Y así fue.

12. La tierra produjo vegetación: hierbas que dan semilla, por sus especies, y árboles que dan fruto con la semilla dentro, por sus especies; y vio Dios que estaban bien."  (Génesis, 1)


 

 

 

MÉRCORES, 26 OUTUBRO 2022

 


CALES SON OS BENEFICIOS DA ORDE?

A orde e a organización, tanto a nivel profesional como persoal, é unha vantaxe. Mellor dito moitas......

 Aforra tempo, porque o acceso a documentos e obxectos é más áxil e non se perden minutos (ou incluso horas) en buscar e rebuscar o que está perdido. En consecuencia, Temos máis tempo para disfrutar do ocio, amigos, familia, etc..

 Aforra espazo, porque cando ordenamos, prescindimos do innecesario; somos conscientes do que temos e do que non usamos para asi poder desfacernos diso.

 Fomenta o benestar e a autoestima, porque un espazo ordenado e organizado fainos sentir ben e traballar con mellor ánimo. Motrámonos menos ansiosas e ansiosos e reducimos niveis de stress. Maior sensación de independencia e responsabilidade

 Evita accidentes, porque todo aquilo que esté por medio ou que esté mal colocado pode provocar un percance. 

Optimizamos o noso rendemento: Acadamos mellores resultados académicos. As decisións que tomamos son mais precisas e eficientes

 Facilita a hixiene, porque un espazo desordenado non se pode limpar en condicións. 


ATENCIÓN: Non se trata de volverse obsesionados e obsesionadas pola orde, escravas da orde, senón que temos que empregar a orde como un fin na nosa vida, algo práctico e non simplemente por estética, aínda que non hai dúbida que un espazo ordenado transmite harmonía e beleza

 

A PALABRA

"Y atardeció y amaneció: día tercero.

14. Dijo Dios: «Haya luceros en el firmamento celeste, para apartar el día de la noche, y valgan de señales para solemnidades, días y años;

15. Y valgan de luceros en el firmamento celeste para alumbrar sobre la tierra.» Y así fue.

16. Hizo Dios los dos luceros mayores; el lucero grande para el dominio del día, y el lucero pequeño para el dominio de la noche, y las estrellas;

 17. Y púsolos Dios en el firmamento celeste para alumbrar sobre la tierra, 18.y para dominar en el día y en la noche, y para apartar la luz de la oscuridad; y vio Dios que estaba bien." (Génesis, 1)

 
 

 

 

XOVES, 27 OUTUBRO 2022

 


QUE DI A DESORDE DA NOSA PERSONALIDADE??

En xeral, como xa dixemos, a desorde nos espazos que habitamos é sinal de desorganización no noso  mundo interior. Permanecer saturado de obxectos, significa estar saturado de ideas e proxectos sen resolver. A desorde lanza unha mensaxe clara de confusión interna. Esta realidade ten diferentes significados, dependiendo do lugar onde se acumule:

  • Os obxectos amontoados en zonas que están na entrada dunha casa significa un profundo temor a relacionarte con outras personas.
  • Os amontoados na cociña ou os espazos onde se preparan alimentos significa fraxilidade emocional y resentimento
  • Aqueles amontoados nos armarios significa dificultade para analizar e controlar os sentimentos e emocións.
  • Os obxectos amontoados debaixo dos mobles indica que somos moi  dependentes da opinión dos demais es dáse gran importancia ás aparencias.
  • Os amontoados detrás das portas son unha expresión de medo a ser rexeitado polos demais  sentirse vixiado.
  • Obxectos amontoados no escritorio medo, frustración e necesidade de control sobre las situacións.
  • obxectos amontoados nos corredores significa medo a expresarse, a dicir directamente xo que se desexa.
  • Aqueles amontoados na sala significa medo a ser rexeitado pola sociedade.
  • Por último, los obxectos amontoados por toda a casa significa que temos ira reprimida e que nos sentimos apáticos.

 

Con cales te identificas???

 

A PALABRA

"Y atardeció y amaneció: día cuarto.

20. Dijo Dios: «Bullan las aguas de animales vivientes, y aves revoloteen sobre la tierra contra el firmamento celeste.»

21. Y creó Dios los grandes monstruos marinos y todo animal viviente, los que serpean, de los que bullen las aguas por sus especies, y todas las aves aladas por sus especies; y vio Dios que estaba bien;

22. Y bendíjolos Dios diciendo: «sed fecundos y multiplicaos, y henchid las aguas en los mares, y las aves crezcan en la tierra.»" (Génesis, 1)



 

 

VENRES, 28 OUTUBRO 2022

 


Din que varios dos grandes xenios foron verdadeiros monumentos á desorde. O escritorio de Einstein, ou o de Mark Twain, entre outros, eran un auténtico niño de arañas. Obxectos por todos os lados, papeis revoltos, acumulación de lixo… En fin, todo caos … en aparencia. Non obstante, ser desordenado non te converte nun xenio. Así como ser excesivamente ordenado tampouco te fai mellor persoa. Os extremos nunca son bos.

Podemos dicir entón que as persoas non dividimos en ordenadas e desordenadas??? NOONNN, ou polo menos hai quen opina así..... podemos estar de acordo ou non..

Cantas persoas coñeces que aseguran que son desordenadas pero que localizan todo perfectamente dentro da desorde? Ou, por outro lado, cantas persoas coñeces que son organizadas, que colocan todo de forma meticulosa e sen embargo, tardan en conseguir encontrar as cousas? 

Existe unha variante da desorde chamada “desorde ordenada”. Aínda que aparentemente todo se atopa desordenado, a persoa encargada deste sistema pode encontrar absolutamente calquera cousa sen esforzarse en absoluto ou perder tempo. Sen embargo, si un terceiro intercede e decide “organizalo todo”, serán incapaces de encontrar calquera cosa porque verán a súa “orde alterada”.

Como conclusión final, podemos dicir que existen moitos tipos de orde, tantas como persoas habitan no mundo. 

Cada ser humano é diferente, con distintas prioridades e modos de ver a vida, polo tanto o que funciona e é necesidade para unha non implica, obrigatoriamente, que se acomode ao xeito de vivir doutros. Polo que nunca está demais exercer a tolerancia e o respecto para con aquelas persoas que “se organizan” dunha maneira distinta.

E lembra que nin a orde é sinónimo de limpeza, nin a desorde é sinónimo de caos.

 

A PALABRA

"Y atardeció y amaneció: día quinto.

24. Dijo Dios: «Produzca la tierra animales vivientes de cada especie: bestias, sierpes y alimañas terrestres de cada especie.» Y así fue.

25. Hizo Dios las alimañas terrestres de cada especie, y las bestias de cada especie, y toda sierpe del suelo de cada especie: y vio Dios que estaba bien. 26.Y dijo Dios: «Hagamos al ser humano a nuestra imagen, como semejanza nuestra, y manden en los peces del mar y en las aves de los cielos, y en las bestias y en todas las alimañas terrestres, y en todas las sierpes que serpean por la tierra." (Génesis, 1) 
 

CANCIÓN E REFLEXIÓN
 
VIVIR CON ORDE É VIVIR AGORA.....

NO MOMENTO NON PENSAR NIN VIVIR

NO PASADO OU FUTURO....



Living in the moment

Living my life

Easy and breezy

With peace in my mind

With peace in my heart

Peace in my soul

Wherever I’m going, I’m already home

I’m Living in the moment

No hay comentarios:

Publicar un comentario