Pastoral

Pastoral

ESO-BBDD semana do 12 ó 16 ABRIL 2021

LUNS, 12 ABRIL 2021

Bo día!!!!

Arrancamos nova semana do 3º trimestre...é momento de poñer as pilas, que en canto nos deamos de conta, estamos de vacacións!!!! E todos queremos telas libres, non si?

Tras moitas semanas de BBDD de traballo persoal, a través da Coresma e a Pascua, tempo de pensar en nós mesmos e como ser mellores, para esta semana traemos unha ollada cara afora. Son uns BBDD de facernos sensibles cara as necesidades e as penas que sofren outros. Somos conscientes das dificultades que pasan moitas persoas no mundo?

Esta semana imos falar do drama da EMIGRACIÓN, desas persoas que deixan os seus fogares (por moi diversas razóns) para buscarse un futuro noutro lugar.

REFLEXIÓN: Pensade...deixarías a túa casa, a túa cidade, o teu país, amigos, familia....para comezar de cero noutro lugar? Non vos parece que que estas persoas teñen que ter razóns moi de peso para facelo? E como as recibimos? Como miramos os inmigrantes que veñen aquí? Como tratamos a esas persoas? Facilitámoslles a vida ou lle poñemos paus nas rodas?

Reflexionade sobre a frase asquerosa: “VEÑEN A QUITARNOS O TRABALLO”... Que dereito temos nós de lle negar a ninguén a oportunidade de mellorar? Sentimos que o noso país é noso. Que temos dereito a desfrutar das oportunidades que nos ofrece o primeiro mundo, so polo feito azaroso de ter nacido aquí...que dereito nos da iso? Que dereito temos a negarllo a outros?

Esta semana imos facer unha homenaxe ós emigrantes, a través das nosas reflexións desta semana, e cun xesto final o venres, xa que teremos no cole a CRUZ DE LAMPEDUSA. Escoitastes falar dela? Non? Pois moi atentos ós BBDD de maña, que vos contaremos a súa historia.


Rematamos cunha canción a modo de oración. Poñede moita atención á letra...e pensemos na nosa actitude cara estas persoas....


MARTES, 13 ABRIL 2021

Bo día!!!!

Hoxe facemos un pequeno parón no tema que plantexamos onte....sabedes por qué???? Porque hoxe é día 13!!!! E con cada 13 seguimos o camiño de preparación da grande festa das FMA: o seu 150 aniversario!!!!

Escoitemos o que nos traen este 13 de abril os locutores de RadioBosco, e aprobeitamos para recoñecerlles o bo traballo que realizan!!!!




MÉRCORES, 14 ABRIL 2021

Bo día!!!!

Avanzamos a semana co tema que arrancamos o luns. Hoxe comezamos coa historia da Cruz de Lampedusa. A historia da Cruz de Lampedusa está ligada, obviamente, á illa de Lampedusa e á migración. Coñezamos un pouco máis sobre este tema:

Comezamos situando Lampedusa no mapa:


Lampedusa é unha illa de Italia, situada entre Sicilia e Túnez, e moi preto de Malta. Debido á súa situación estratéxica, dende comezos da década do 2000 está a ser punto central do tránsito irregular de migrantes dende África, Medio Oriente e Asia cara Europa, obviamente, por vía marítima:


E con diferentes resultados: as seguintes imaxes amosan ós que tiveron "sorte":


("sorte" entre comiñas: chegar chegaron a Europa...pero aínda lles queda un largo camiño por diante, e aínda corren o risco de volver deportados ó seu país de orixen, e que todo o esforzo, o risco e o diñeiro invertido nas mafias que arreglan as viaxes fosen para nada)

Porque estes nin esa "sorte" tiveron:


Numerosos inmigrantes pagan a traficantes ilegais de persoas en Libia para que lles axuden a chegar en bote a  Lampedusa. Á súa chegada, a maioría son transferidos a centros de recepción en Italia continental.

En 2009, as condicións de amontoamento no centro temporal de recepción de  migrantes foi obxecto de críticas por parte do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR). Reportouse que a unidade, que foi construída orixinalmente para unha capacidade máxima de 850 persoas, aloxaba a preto de 2000 persoas chegadas en bote. Un número significativo durmía á intemperie baixo cubertas de plástico. Un incendio que empezou durante un motín de internos destruíu gran parte da instalación o 19 de febreiro de 2009.

En 2011, miles de inmigrantes chegaron a  Lampedusa durante a Primavera Árabe (2010-2012). A maioría eran home novos de entre 20 e 40 anos. 

En xullo de 2013, o papa Francisco visitou a illa na súa primeira visita oficial fora de Roma. Orou polos  migrantes, vivos e mortos, e denunciou aos seus traficantes. En outubro de 2013, ocorreu a traxedia de  Lampedusaː un barco con máis de 500  migrantes, principalmente de  Eritrea e Somalia, afundiuse na costa de  Lampedusa causando a morte de polo menos 300 persoas.

REFLEXIÓN: nos BBDD de hoxe metimos as imaxes porque non é o mesmo escoitar que mirar. Que sentimentos experimentastes ó mirar as imaxes? Mudastes a forma de pensar respecto da migración? Polo menos, entendemos un pouco máis este drama?

PALABRA DE DEUS:  (máis claro non o pode dicir....)Levítico 19:33-34: 
"E cando o estranxeiro more contigo na vosa terra, non o oprimiredes. Como a un natural de vós trataredes ao estranxeiro que peregrine entre vós, e ámao como  á ti mesmo, porque peregrinos fostes na terra de Exipto: Eu  Jehová o voso Deus."

ORACIÓN: hoxe máis ca nunca, recoñecemos ós migrantes coma irmáns, e como tal os acollemos, a través do Noso Pai:


XOVES, 15 ABRIL 2021

Bo día!!!!!



















Hoxe falaremos de onde sae a Cruz de Lampedusa. Retomamos o tema cun vídeo que explica a importancia desta Cruz:



REFLEXIÓN: pois, como di o vídeo, mañá acompañaranos no cole a Cruz de Lampedusa, e faremos unha miniactividade... gústavos esta inicativa???? Estades de acordo con que nos sumemos a ela? Pensades que é inxusto permitir un mundo de desigualdades onde as persoas se vexan obrigadas a emigrar? Pensades que a estas persoas lles apetece deixar todo atrás e arriscar a súa vida? E nós, que podemos facer por eles????? (IDEAS: podemos seguir a denunciar as inxustizas e as desigualdades no mundo. Podemos seguir a colaborar por mellorar a vida deses que teñen menos, a través das propostas solidarias: apadriñamentos, operación kilo, DOMISAL, DOMUND...e podemos acoller mellor ás persoas que chegan aquí, e facilitarlles un pouco a vida...polo menos non rexeitalas.)



ORACIÓN (extracto dunha homilía do Papa Francisco):

“A Igrexa, por tanto, está chamada a lembrar a todos que non se trata só de cuestións sociais ou migratorias, senón de persoas humanas, de irmáns e irmás que hoxe son o símbolo de todos os elementos rexeitados da sociedade globalizada.

Estamos chamados a testificar que para Deus ninguén é 'estranxeiro' nin 'excluído'. Estamos chamados a espertar conciencias adormentadas na indiferenza ante a realidade do Mediterráneo que se converteu, para moitos, demasiados, nun cemiterio". AMÉN

VENRES, 16 ABRIL 2021

Bo día!!!!

Rematamos o tema da semana, como vos contabamos, acollendo no cole a Cruz de Lampedusa. Hoxe non son uns BBDD de escoitar, senón de reflexionar e actuar.

Despois do que levades escoitado esta semana, propoñémosvos recoller e facer nosas as palabras do Papa Francisco que tiñamos onte de oración: “testifiquemos que ninguén é estranxeiro nin excluído”, que “axudemos a espertar conciencias”.

O xesto que vos propoñemos é que cada un de nós fagamos un BARCO DE PAPEL (deixamos a continuación ós pasos para facelo, por se hai alguén que non ten infancia e non sabe) e sobre ese barco escribamos a nosa opinión sobre o tema da semana (o que pensamos sobre as migracións, ou un compromiso de acoller mellor ós que veñen, ou formas que se nos ocorran de mellorar o mundo para que ninguén se teña que ver forzado a migrar, ou a concienciar á xente de que acolla mellor ós que migran á nosa cidade...en resumo, UNHA MENSAXE PARA ESPERTAR CONCIENCIAS E FACER UN MUNDO MELLOR, MÁIS SOLIDARIO, MÁIS XUSTO) Cando rematedes, tamén podedes decorar o barco para que quede máis bonito!!!!



Ó longo da mañá, todas as clases do cole pasaremos pola Cruz de Lampedusa a deixar os barcos e ler unha oración de apoio á migración.

Mentres facemos os barcos e poñemos a mensaxe, escoitamos a modo de oración, outra canción de denuncia ó maltrato ós migrantes:



ORACIÓN QUE IMOS LER MENTRES DEIXAMOS OS BARCOS Ó PE DA CRUZ DE LAMPEDUSA:

Pai do ceo, ninguén é estranxeiro para ti e ninguén está nunca lonxe do teu agarimo.

Na túa bondade, coida dos  migrantes, refuxiados e solicitantes de asilo,

dos que están separados dos seus seres queridos, dos que están perdidos

e dos que foron exiliados dos seus fogares.

 

Lévaos en condicións seguras ao lugar onde queren estar.

Envía o teu Espírito Santo sobre os nosos gobernantes,

para que promulguen leis e políticas acordes coa dignidade de toda persoa humana.

Axúdanos a cada un de nós

a ser solidarios cos máis vulnerables entre nós

e para ver neles o rostro do teu Fillo.

 

Pedímoscho por Xesucristo, o noso Señor,

que tamén foi refuxiado e  migrante. Amén.

 

María, Auxilio dos cristiáns, roga por nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario