LUNS, 14 SETEMBRO 2020
Bos días....e benvidos a todos e a todas ás primeiros BBDD do curso 20-21!!!!!
Un novo curso é unha páxina en branco...nós decidimos que
queremos facer con el. É unha cuestión de ACTITUDE.
Como nos enfrontamos a este curso 20-21???? Vai ser un horror porque temos que estar todo o día coa máscara, porque non podemos xogar ao fútbol, porque non vou poder achuchar aos meus amigos?
NON APRENDEMOS NADA DO CONFINAMENTO??????
Ao longo destes días, imos reflexionar, imos repasar como
foi nosa vida nestes últimos meses...e prepararnos para o que van ser os meses
que virán.
Comezamos amodo
con estas reflexións. Para hoxe, deixámosvos só unha idea...seguro que todas e
todos a coñecedes:
REFLEXIÓN:
Apetécevos que este curso a nosa máxima este curso sexa
o Hakuna
Matata????
Como creedes que se pode aplicar o Hakuna
Matata na nosa vida, no cole?
(RESALTAR A VIDA, COMO DI O LEMA DO CURSO, vive e deixa
vivir. NON DEIXAR QUE OS PROBLEMAS NOS ANGUSTIEN, BUSCAR O LADO BO....)
Terminamos cunha oración, para pedirlle a Xesús que nos
axude neste novo curso, que nos axude a atopar o bo e non deixar que os
problemas nos angustien:
MARTES, 15 SETEMBRO 2020
Bos días!!!!!
Lembrades como comezamos cos BBDD do curso? Hakuna Matata,
vive e deixa vivir...é unha cuestión de ACTITUDE. Como imos afrontar o novo
curso?
Imos ver un vídeo que ilustra o que pasa cando deixamos que
o MAL ROLLO nos domine...
REFLEXIÓN: é normal que ás veces nos enfademos (na casa, no
cole, no parque...)...o importante é non deixar que o monstro negro gañe, ter
pensamentos positivos e darnos de conta do que nos está a pasar, para intentar
solucionalo. Cando sintas que iso te está a pasar intenta dominalo, e se non
podes...PIDE AXUDA!!!!
Que sexan os bos sentimentos os que nos dominen este
curso!!!!
Onte pediamos a Xesús, hoxe pedimos a María que nos axude a
ser felices este novo curso:
MÉRCORES, 16 SETEMBRO 2020
Bos días!!!!!!!
Que tal levamos a semana???? Xa nos imos afacendo a esta
“nova normalidade” no cole? Tampouco é tan difícil, non?
Nos BBDD de hoxe tócavos traballar a vós. Algo que se soe facer cando comeza un novo ano é facer revisión do ano anterior, e decidir que cousas queremos cambiar...
Que vos parece se o facemos para o novo curso???
A
idea é que pensedes un propósito de clase para este 20-21. Que como CLASE pensedes
en algo que VÓS poidades facer para que a vida no cole sexa mellor. Podemos
facer entre todos unha choiva de ideas e,
entre todas as que saian, redactemos unha soa. A vindeira semana
repasaremos as que saíron en cada curso...seguro que todas nos axudan a ser
mellores!!!!
(PORFA, PROFES, ENVIADE O COMPROMISO DE CADA CLASE A JAVI S.
Para que os inclúa nos BBDD)
Rematamos con unha oración conxunta...canto tempo facía que
non rezabamos o Noso Pai xuntos?????
XOVES, 17 SETEMBRO 2020
Bos días!!!!
Continuamos cos BBDD desta primeira semana...e imos facer
unha pouca de memoria, escoitando unha canción:
REFLEXIÓN: coñeciades esta canción? Escoitáchela moito durante o confinamento? Que sentimentos vos evoca? Que lembrades do confinamento? Foi difícil para vós? Foi un agobio? Pero o fixemos porque era o que tiñamos que facer, nesta “guerra contra o coronavirus. A situación cambiou...estamos agradecidos de poder saír da casa? (se a resposta é si...cando esteas agobiado polas restricións, pola máscara, polas limitacións que temos agora, pensa en que peor é quedar na casa!!!!!)
Outra cousa importante que queremos resaltar é que quedamos
na casa 3 meses porque era o que había facer en contra do coronavirus...pero, e
agora? Que é o que temos que facer agora? Pois seguir as normas
sanitarias...non o esquezades: MÁSCARA, DISTANCIA SANA, LIMPEZA CONSTANTE DE
MANS, GRUPOS BURBULLA, NON COMPARTIR MATERIAL...pensade...o difícil foi estar
na casa...isto tampouco é para tanto, non?
Rematamos con outra oración:
VENRES, 18 SETEMBRO 2020
Bos días!!!!!
Por fin venres!!!!primeiro venres do curso ( despois dunha
semana enteira) fíxose dura? xa vos sabedes as novas normas? que vos parecen?
Hoxe ímonos deter nun dos carteis dos que temos en todas as
clases:
Moitos din que levando máscara no fai falta sorrir...pero iso non é verdade.
Imos facer un xogo: fixádevos nas seguintes imaxes, e
intentade adiviñar as emocións de cada mirada:
REFLEXIÓN: Que tal vos saíu??? Acertastes? Entendedes a onde queriamos chegar con esta pequena proba? Non nos escondamos trala máscara, é importante que compartamos as nosas emocións...vense nos ollos!!!! E se non acertamos moitas das miradas, non pasa nada: pregunta ós que te rodean como se senten, e exprésao ti tamén...A SAÚDE DAS EMOCIÓNS TAMÉN É IMPORTANTE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
(SOLUCIÓN:
E rematamos coa mesma oración coa que comezamos a semana:
No hay comentarios:
Publicar un comentario