Pastoral

Pastoral

ESO-BBDD semana do 18 ó 22 MAIO 2020


MAIO...MES DE MARÍA: AUXILIO DOS QUE SOFREN

Bos días!!!!!

Comezamos esta semana de maio, dedicada a María, coa resaca do Día das Letras Galegas, e parécenos que a mellor homenaxe que podemos facer a estes dous temas é comezar estes Bos Días cun poema moi especial que amosa tanto o noso rico patrimonio cultural, como a devoción e confianza na Virxe.
É antigo...pero non te deixes levar polos prexuízos e dalle unha oportunidade á beleza que encerra...



"Rosa das rosas e Fror das frores,
Dona das donas, Sennor das sennores.

Rosa de beldad e de parecer
e Fror d,alegria e de prazer,
Dona en mui piadosa ser
Sennor en toller coitas e doores.
Atal Sennor dev ome muit amar,
que de todo mal o pode guardar;
e pode-ll os peccados perdõar,
que faz no mundo per maos sabores.
Devemo-la muit amar e servir,
ca punna de nos guardar de falir;
des i dos erros nos faz repentir,
que nos fazemos come pecadores.
Esta dona que tenno por Sennore
de que quero seer trobador,
se eu per ren poss aver seu amor,
dou ao demo os outros amores."
Afonso X o Sabio, Cantigas de Santa María




Pero...por que os coles de salesianos e salesianas temos tanta fixación con MªAuxiliadora? (un pouco de Historia)

Pois nós somos os herdeiros de Don Bosco e Madre Mazarrello, e eles tiveron as súas experiencias coa Virxe, Ela "tocou" as súas vidas, e a través das súas vivencias, a devoción chega ata nós. Lembrámolo a continuación:

DON BOSCO E MARÍA  AUXILIADORA: como sabemos, ó longo da súa vida a Virxe aparéceselle a Don Bosco nos seus soños, guiándoo na sús misión, que chega ata o noso cole a día de hoxe. É ela a que lle di que quere ser honrada co título de"Auxiliadora", xa que os tempos nos que viviu Don Bosco foron moi duros, e Ela quería ser a axuda, o auxilio de quen a necesitara...igual tamén podemos aplicar esta mesma frase aos tempos difíciles que vivimos agora mesmo, non vos parece? Pero non nos adiantemos, iso irá máis adiante.


A  Auxiliadora é a visión propia que Don Bosco ten de María: aquela que axuda aos que sofren. E desde ese momento será a figura central na vida de Don Bosco, o referente continuo.


MAÍN E MARÍA  AUXILIADORA: tamén é coñecido por todos que Maín contraeu a grave enfermidade do  tifus aos 23 anos e isto tivo nela unha forte resonancia espiritual: aínda convalecente da enfermidade, tivo a visión dun colexio con numerosas nenas e novas e oíu unha voz que lle dicía: “A ti confíochas”. Foi María que lle encomendaba a misión.

Así foi como María  Mazzarello despregou a súa misión entre as mozas máis necesitadas. Xunto con outras amigas, ensínanlles a ler, a escribir, a coser, á vez que lles proporcionan agradables e alegres recreos, e explícanlles a boa noticia do Evanxeo...Maín, a través da guía da Virxe, tamén foi, e sigue sendo, auxilio para os máis febles.

24 DE MAIO: cada 24 de maio o mundo católico celebra a advocación da Virxe co título de Auxilio dos Cristiáns e é, ademais, a festa propia da Familia Salesiana. Fiel ao espírito de Don Bosco e a través das diversas obras en favor da mocidade nas que traballa, segue propoñendo como exemplo, amparo e estímulo no seu labor o auxilio que vén da Virxe María.
A Virxe María indicou a Don Bosco e Madre Mazzarello o seu campo de acción entre os mozos, e guiounos e sostívoos constantemente. 

Rematamos esta primeira parte de repaso de Historia salesiana cunha primeira canción a María a modo de oración...


Mª AUXILIADORA...pero quen precisa especialmente auxilio hoxe?

ROGAMOS A MARÍA  AUXILIADORA POR AQUELES QUE SOFREN ESPECIALMENTE ESTA PANDEMIA:


Pedimos auxilio á Virxe para todas as familias que sofren as consecuencias económicas desta pandemia...seguramente, cando a crise sanitaria remate, a crise económica ocupe toda actualidade. Pero sabemos que xa hai familias que están a sufrir esta segunda crise (escoitáchedes as cifras do paro? escoitáchedes falar dos ERTE?), xa hai familias ás que lles está a costar chegar a fin de mes. Pero en certa forma, a crise económica é moito máis doada de atender que a sanitaria. Os problemas de diñeiro teñen fácil solución, mentres que os de saúde non tanto...é bo momento para pensar que é o realmente importante na vida. Ademáis, as persoas "normais" pouco podemos facer pola crise sanitaria, pero pola económica si que podemos: SOLIDARIEDADE. Confiando nas palabras de Don Bosco, «Se queredes obter grazas da Santa Virxe facede unha novena»...e pidámoslle a MªAuxiliadora que, ós que temos máis sexamos solidarios cos que teñen menos.


Pedimos auxilio á Virxe polas persoas que sofren o coronavirus nas zonas máis pobres do mundo: non soamente no mundo desenvolvido sufrimos o coronavirus; naqueles países e rexións máis desfavorecidas a pandemia ten graves consecuencias. Por exemplo, en zonas de Bombai. Un millón de persoas vive só nun dos barrios pobres e  conxestionados da capital de India, onde se teme que a enfermidade se propague como o lume.

Tal como contan nesta noticia, moitas persoas comparten baño e viven  hacinadas nunha soa habitación...cantas veces credes que poderán lavar as mans estas personas? Se unha enferma...como se vai aislar do resto? cantas mascarillas poderán mercar?


Despois de ler esta noticia...voume seguir queixando porque non me deixan salir da miña casa-palacio á hora que me peta? Pidámoslle a MªAuxiliadora que coide dos que teñen moi poucas oportunidades na vida...e, de paso, pidámoslle para que nos dea perspectiva a nós, e nos axude a darnos de conta da sorte que temos.


Pedimos auxilio á Virxe para as persoas maiores: o 60% dos falecidos por coronavirus en España eran internos en residencias de maiores. Estas persoas son moi vulnerables pola súa idade, porque non poden vivir nos seus fogares, porque son persoas dependentes, e porque non poden estar coas súas familias. E aínda por riba, son poboación de alto risco polo coronavirus...parádevos a pensar un momento no que poden estar a sentir: MEDO, TRISTEZA, INCERTIDUME, RABIA... Por iso paramos neste momento para pedirlle a MªAuxiliadora que lles dea consolo, e a nós sensibilidade para compadecernos con eles, e lembrar, unha vez máis, o afortunados que somos.


Pedimos auxilio á Virxe polos profesionais sanitarios: non só se poñen en risco estando en primeira liña da batalla, senon que día a día pasan medo polas súas familias. Lede a seguinte noticia, que nos conta de primeira man o que sinten: 

Os hospitais convertéronse nun gran foco de contaxio de coronavirus, e así o confirmou esta semana o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón. Unha circunstancia que a corrobora o feito de que os profesionais sanitarios sofren ata 9 veces máis risco de infectarse que a poboación xeral.

Pidamos por todos eles que foron, son e serán, alicerce básico da loita contra a pandemia e que, cada día ao chegar a casa, soportan a preocupación dun posible contaxio ás súas familias. Pidamos a MªAuxiliadora que os protexa, e que lles axude a convivir co medo.

POR TODOS ESTES COLECTIVOS, E POR NÓS, PARA QUE POIDAMOS SER CADA DÍA UN POUCO MELLORES, PIDAMOS A MARÍA AUXILIADORA:



E rematamos con outra canción a María...un clásico das celebracións de MªAuxiliadora...esta semana deberiamos estar de festa grande no cole, pero non poderá ser este ano. Pero despois do que acabamos de reflexionar...quen vai quixarse???






No hay comentarios:

Publicar un comentario