Pastoral

Pastoral

Agradecemento DOMUND e PROGRAMACIÓN das actividades de Pastoral

Boas, familias!!!!
Un ano máis, dende o equipo de pastoral queremos comunicar e agradecer a vosa implicación coas nosas iniciativas solidarias. Así que...


Ademáis, aproveitamos para compartir convosco o calendario das actividades programadas polo equipo de Pastoral. Como vos comentamos a principio de curso, un ano máis nos marcamos como obxectivo facervos máis partícipes das campañas que traballaremos ó longo do curso. Como sabedes, a nosa intención é que os nosos rapaces e rapazas crezan tamén na súa fe, e na solidariedade que nos ensinou Xesús, e pensamos que se o traballamos dende a casa e dende o cole de forma máis coordinada, o noso proxecto será máis grande. 

Neste cadro se recollen as datas, as campañas, unha pequena explicación de cada unha, e a forma concreta en que as imos traballar.

Animámosvos a que axudedes cos vosos rapaces e rapazas a facer estes “deberes” de pastoral, que nos animemos a “ABRIR OS OLLOS" ás necesidades dos demais, e a "FACELO POSIBLE", a ser parte activa do cambio cara un mundo mellor. 



Un saúdo: EQUIPO DE PASTORAL

No hay comentarios:

Publicar un comentario