Pastoral

Pastoral

ESO-BBDD semana do 10 ó 14 FEBREIRO 2020


LUNS 10 FEBREIRO 2020

Bo día!!!!!

Comezamos a semana que inclúe o 14 de febreiro...cal pensades que será o tema desta semana? Obviamente, amor e amizade.



Comezaremos definindo as palabras AMOR E AMIZADE, empregando unha chuvia de ideas. Cada alumno/a recibirá un post-it e escribirá a súa idea-palabra máis significativa, representativa de amor-amizade. Recolleremos todas e faremos unha gráfica das palabras mais empregadas para definir amor-amizade no noso centro. A gráfica mostrarase nos BBDD do venres.

Como xa temos dito tantas veces o amor é a forza que nos impulsa para a actuar para facer o ben e a persoa que ofrece AMOR  vese beneficiada dunha sensación de paz, tranquilidade, ledicia........benestar.

Hoxe a música vai ser dunha cantora francesa que se chama ZAZ e na sua canción fala do AMOR BONITO, LIBRE, SAUDABLE........... prestade atención porque disto que ela conta van os bos días desta semana



PALABRA DE DEUS:
Naquel tempo díxolles Xesús ós seus discípulos: - Como me amou o Pai, así vos amei eu: permanecede no meu amor. Se gardáde-los meus mandamentos, permaneceredes no meu amor, como eu gardei os mandamentos de meu Pai, e permanezo no seu amor. Díxenvos estas cousas para que a miña alegría estea en vós, e a vosa alegría sexa plena. Este é o meu mandamento: que vos amedes uns a outros como eu vos amei. Ninguén ten amor meirande ca este: que un dea a súa vida polos amigos. Vós sodes amigos meus, se facedes canto eu vos mando.


MARTES 11 FEBREIRO 2020


Bo día!!!!!

Unha vez que xa temos na cabeza as palabras AMOR E AMIZADE imos ver a conexión entre o AMOR e as redes sociais...

REFLEXIÓN 1:  podemos crer que somos amadas a través das redes sociais?

O xornal(La Vanguardia) plantexaba esta situación:

Sara se siente triste. Ha pasado un mal día en el instituto y sus padres no entienden lo duro que se le está haciendo el curso. Su amiga Marta le envía un Whatsapp y, para darle apoyo, le propone dar un paseo y hablar. Sara finalmente pierde la tarde respondiendo mensajes y mirando Instagram donde su última foto, lejos de sumar likes, ha provocado reacciones muy negativas. ¿Resultado? Sara se va a dormir sintiéndose sola y más deprimida.

REFLEXIÓN 2: Atopou Sara o apoio que precisaba nos seus amigx ou na familia? Que tería que ter feito no canto de quedarse na cama chequeando o seu Instagram?
No mesmo artigo faise esta análise:

Los adolescentes cada vez dedican más tiempo a responder mensajes y “cultivar” su presencia en redes sociales, que a sus amigos. “Los jóvenes pasan una media de cuatro horas al día en redes sociales. Si quitamos el rato que dedican a estudiar, dormir y comer, apenas les queda tiempo para hacer otra cosa”. No es lo mismo buscar apoyo en un grupo de amigos con el que tienes una comunicación franca y sincera que hacerlo ante unos centenares de contactos en redes sociales. Para empezar, “por pura estadística”, “siempre habrá algún troll que dará una respuesta negativa”. Las interacciones tienen menos calidad, son más superficiales al ser más sencillas y exigir menos esfuerzo. Con las horas que dedicamos a Internet estamos descuidando las relaciones cara a cara. Lo corroboramos cuando vemos la típica imagen de un grupo de amigos o amigas sentados juntos y percibimos que en lugar de hablar entre ellos, están todos mirando el móvil.El problema está la dependencia que genera la validación instantánea en redes sociales. Los miles de mensajes de “¡guapa!” seguidos de emojis con corazones tras cada selfie, por ejemplo.
Algún/ha de vós ten experiencia sobre isto?



PALABRA DE DIOS:1 Corintios 13:4-5 : «El amor es paciente, es bondadoso. El amor no es envidioso ni jactancioso ni orgulloso. No se comporta con rudeza, no es egoísta, no se enoja fácilmente, no guarda rencor.».

MÉRCORES 12 FEBREIRO 2020     
                                                                      


Bo día!!!!!

As rúas e comercios están cheas estes días de corazóns e frases amorosas por estar próximos a esa data tan baleira de sentido que é San Valentín. Hoxe imos analizar ese mito do amor romántico para darnos conta do dano que fai. Este mito conduce ao desenvolvemento de condutas machistas e a normalizar situacións que están lonxe do que significa o verdadeiro amor.
Frases como: “O amor para toda a vida", "a media laranxa", "os ciumes como signo de amor" ou a esperanza de que "o amor cámbiao todo” son ideas, crenzas, mitos do amor romántico que se transmiten tamén a través das redes sociais.

Mirade este vídeo e reparade nos mitos que se mencionan:



REFLEXIÓN: Que mitos identificades neste vídeo? Estamos homes e mulleres dominados por estes?

Rematamos con outro vídeo que mostra as claves do que supón un verdadeiro amor entre persoas:


Que diferenzas atopas co exposto no video anterior?



PALABRA DE DIOS: El amor es paciente, es bondadoso. El amor no es envidioso no es presumido ni orgulloso. No se comporta con dureza, no es egoísta, no se enfada fácilmente, no guarda rencor.

 JUEVES 13 FEBRERO 2020  

Buenos días!!!!!!


¿Sabéis qué día es hoy? 13 otra vez!!!!!! Cómo pasa el tiempo...ya hace un mes desde esa búsqueda del tesoro especial organizada para el 13 de enero...en cuanto nos descuidemos, estamos a 13 de junio...a punto de dar vacaciones!!!!!

A estas alturas, ya sabemos que los días 13 nos traen BBDD especiales, a cargo, una vez más, de nuestros compis de la RadioBosco...¿qué nos traerán esta vez? Escuchémoslos!!!!!

AUDIO MAÍN-13 FEBRERO: https://salesianas-my.sharepoint.com/:u:/g/personal/maruxa_perez_salesianas_org/EeEEKMc5boxFu3ZOwV4SXOwB5SACc08AllqL5Uzenehv8A?e=3IScdf

REFLEXIÓN: ¿Hemos conocido un poco más a Madres Mazzarello? Después de todos los 13 que llevamos ya sabemos mucho....¿con qué rasgo, valor o característica de Maín nos quedaríamos? ¿conocemos a alguna persona que se parezca a ella? 

ORACIÓN: traemos como oración una frase de Maín, podemos repetirla todos juntos, deseando que se haga verdad en nuestra vida, que todos aprendamos a confiar un poco más en Jesús.



María, Auxiliadora de los cristianos...RUEGA POR NOSOTROS.


VENRES 14 FEBREIRO 2020

Bo día!!!!!!

Para rematar esta semana tan apaixonada imos facer un pouco de resumo. Primeiro imos ver a gráfica coas palabras que identifican o amor e a amizade no noso colexio. O obxectivo desta actividade é que poidamos usalas como medio para transmitir amor e amizade, que non queden en verbas baleiras e esquecidas nun post-it.

Outro dos temas que tratamos ao longo desta semana é o mito do amor e a existencia de diferentes tipos de amor. Non queremos que vos quededes só coa idea do amor de parella porque non é o único que existe nin o mais importante, temos o amor as nosas familias, amigx, Xesús, animais........O primeiro que temos que ter claro é que sexa cal sexa o tipo de amor este ten que ser saudable. Estas son as súas características:

- Hai distintas formas de amar e cada persoa debe establecer as bases do que quere en calquera tipo de relación: parella, amigx, etc. Non vale o que digan as letras de cancións, pelis, programas da tele, etc.......

- Respecto mutuo: para que os membros da relación (atención non ten que ser de parella!!) se sintan libres e en igualdade, deste xeito non haberá submisión, dominación.

- Liberdade: a mesma que queremos para nós mesmx debemos ofrecerlla aos demais, os nosos/as amigx, parellas non ten que ter os mesmos gustos, acompañarme a todos os lugares, compartir todo comigo etc... Todas as persoas son libres de elixir o que queren en cada momento, e hai que respectar a autonomía de cada quen.

- Empatía: Capacidade de poñerse no lugar do outro.

- Comunicación asertiva, que NON AGRESIVA: sabe expresar con claridade e firmeza o que desexamos, de xeito claro e directo defendendo as nosas ideas sen faltar ao respecto ao outro/a.

Quedou claro???

PALABRA DE DEUS:  Mc. 12, 28-31 
Al ver lo bien que Jesús había contestado a los saduceos, uno de los maestros de la ley, que les había oído discutir, se acercó a él y le preguntó: –¿Cuál es el primero de todos los mandamientos? Jesús le contestó: –El primer mandamiento de todos es: ‘Oye, Israel, el Señor nuestro Dios es el único Señor. Ama al Señor tu Dios con todo tu corazón, con toda tu alma, con toda tu mente y con todas tus fuerzas.’ Y el segundo es: ‘Ama a tu prójimo como a ti mismo.’ Ningún mandamiento es más importante que estos. Pero este Amor incondicional, este ejemplo de la vida de Jesús…. Tienen que tener para nosotros un sentido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario