Pastoral

Pastoral

ESO-BBDD semana do 22 ó 26 FEBREIRO 2021

 LUNS, 22 FEBREIRO 2021

Bo día!!!!!

Comezamos unha nova semana de CORESMA/CORENTENA. Despois da mini semana pasada, que serviu de arranque da Coresma coa celebración da Cinza (aínda que sen cinza), nesta imos dar un bo repaso do que é a CORESMA, e que debería implicar para cada cristián.


Comezamos de relax, cun Genially introdutorio, moi faciliño...pero estade ben atentos...que hai unhas preguntas ó final!!!!

REFLEXIÓN: Que tal vos saiu? Rematáchelo á primeira?


E mentres o mirastes a presentación....xa comezastes a pensar no estado do voso corazón? Como comezamos a Coresma? Que temos que facer para mudar a pel do noso corazón? Tranquilos, que ó longo desta coresma iremos dando pistas para recibir a Pascua preparados!!!!

PALABRA DA BIBLIA: Is 58,9b-14.

“Se desterras de ti a opresión... se compartes o pan co famento... brillará a túa luz nas tebras... entón o Señor será a túa delicia.”

ORACIÓN:

Señor Xesús, miramos o noso interior, porque hai cousas que debemos cambiar.

Ás veces somos  cabezóns e enfadámonos se non se as cousas non van como nós queremos.

Pedímosche, Xesús, que cambies o noso corazón para que saibamos ceder e ter en conta aos demais.  

María Auxilio dos cristiáns...

MARTES, 23 FEBREIRO 2021

Bo día!!!!!

Continuamos co noso camiño de Coresma. É o NOSO camiño, de cada un...así que estaría ben facer unha revisión de como nos atopamos cada un de nós en relación ás enfermidades víricas que presentabamos na celebración de cinza (pasotavirus, rencovirus, escaquevirus, desconfifevirus, agresivirus...lembrades?

Para iso imos pasarnos un “recoñecemento médico”, imos facer uns test. Seguro que nestes días oíches moitísimo falar de  PCR, Test de  antíxenos, probas  serolóxicas… con elas tentan detectar a presenza de virus no noso corpo e determinar o noso estado de saúde.

Iso para a parte física e biolóxica do noso organismo está moi ben pero que difícil, ás veces, determinar o estado de saúde da nosa vida, do noso interior e en ocasións tamén andamos enfermos. Pode ser mesmo que sexamos case  asintomáticos pero o virus está e anda destruíndo a nosa felicidade e a que dos que nos rodean.

Por iso hoxe é o momento de facernos unha revisión, un  cribado, un test para ver cales son os virus que nos afectan e tomar as medidas oportunas para controlar o seu avance e provocar a súa desaparición. Propoñémosvos sacar as axendas, e ir apuntando as puntuacións no día de hoxe...así tamén nos quedará como rexistro de como comezamos a coresma.

BLOQUE 1: SOBRE TI MESMX (cada resposta negativa: suma 1.25 puntos, apunta na axenda o número do bloque, o número de respostas negativas, e multiplica por 1.25, para saber a puntuación deste bloque):

BLOQUE 2: A TÚA RELACIÓN CON DEUS (cada resposta negativa: suma 1.25 puntos, procede igual que antes)

BLOQUE 3: RELACIÓN COS DEMAIS (cada resposta negativa: suma 1.6 puntos...e sigue apuntando na axenda)


REFLEXIÓN: Obviamente, canto máis alta é a puntuación, máis contaxiados estamos. Non sei se vos fixastes nas cores das diferentes preguntas...correspóndense ós diferentes visrus segundo o seguinte código de cores:




Entón, como foi? Tes unha puntuación moi alta? A verdade é que todo o que non sexa unha puntuación de cero é que estamos infectados. Pero tranquilos, que xusto para iso é a coresma. As malas actitudes son normais, inherentes ó ser humano, por iso Xesús danos a oportunidade de limpar o noso corazón e desfacernos dos virus. Ó longo do que queda de semana deremos varias pistas de como facelo. O único importante, como case sempre, é a ACTITUDE, as ganas de querer ser mellores.

PALABRA DE XESÚS: Mt 18:20

“Onde 2 ou 3 se xuntan no meu nome,  alí estou eu no medio de eles”.

ORACIÓN:
MÉRCORES, 24 FEBREIRO 2021

Bo día!!!!!

Como vos diciamos onte, na coresma ímosvos dar pistas sobre como combater os virus que nos ocupan nesta coresma...pero nós confiamos moito en vós, e pensamos que cando traballades en equipo sodes capaces de facer grandes cousas...así que o que se nos ocorre é que, entre todos, elaboremos o noso plan para rexeitar o virus. Pensade que medicamentos, (actitudes e comportamentos) teremos que cambiar ou reforzar para lograr a curación. Imos cubrir no encerado a seguinte táboa, e, mentres tanto, o/a delegado/a cubrirá, co que entre todos reflexionemos, unha copia en papel, que deixaremos no corcho durante a coresma, para que nos bote unha man para limpar os nosos corazóns.


PALABRA DE XESÚS: Mt 11:29
“Aprendede de min, que son amable e humilde de  corazón”   

ORACIÓN: (rematamos con unha canción a modo de oración)


XOVES, 25 FEBREIRO 2021

Bo día!!!!

E hoxe si, por fin, as nosas pistas para superar os virus durante esta CORESMA/CORENTENA. 
É tradición na Igrexa fomentar tres actitudes que van axudar a todo crente á súa conversión, é dicir, tres actitudes que, no noso vocabulario especial nesta coresma, son antídoto contra eses virus.
As actitudes son o XAXÚN (ayuno), a LIMOSNA e a ORACIÓN. Estas son as palabras "clásicas"...a continuación, explicámosvos como as entendemos na actualidade:

LIMOSNA: comezamos coa actitude máis fácil de todas...porque é a que temos máis traballada. Explicámosvos que é e como traballala na seguinte imaxe:


XAXÚN: nos tempos antigos, o xaxún entedíase simplemente como deixar de facer algunha das comidas do día, e deixar de comer algún tipo de alimento nalgúns días en concreto...agora o entendemos como un acto de MODERACIÓN, é dicir relaxar algúns excesos, como símbolo de austeridade e de solidariedade cos que teñen menos. Ademais presentamos outras cousas das que nos viría ven axunar (e non so en coresma) na seguinte imaxe:



ORACIÓN: oración é a nosa maneira de comunicarnos con Deus. Así como os amigos e os membros da familia pasan tempo falando entre eles para profundar as súas relacións, a oración profunda a nosa relación con Deus. 
A coresma é o tempo de achegarnos a Deus, por iso a oración é a actitude máis importante...e probablemente a máis difícil. Na seguinte imaxe deixámosvos uns pasos para que creedes a vosa propia oración, pode ser que coas vosas palabras vos sintades máis cómodos (Ó final da imaxe amósase un exemplo, lémolo xuntos para rematar os BBDD de hoxe)



VENRES, 26 FEBREIRO 2021

Bo día!!!!
Rematamos a semana, e, como xa sabedes, en tempos fortes rematamos coa Palabra do domingo. Pero ademais, nesta coresma traemos para os venres un símbolo e un lema que nos acompañará ata o próximo venres. Imos aló co desta semana:





- SÍMBOLO: Lavarse as mans 
- LEMA: Tende a túa man


Desde hai uns meses, o xel  hidroalcohólico protéxenos as mans para poder tocar e traballar en boas condicións evitando contaxiar aos demais. 






PASOTAVIRUS, Contra o virus da indiferenza pola dor do outro!

Sorpréndenos, seica, que ás veces sexamos tentados a facer o mal que non queremos facer, ou a descoidar ou abandonar o ben que deberiamos facer? 

NON te estrañes, Jesús tamén foi tentado. Todos estamos expostos aos virus, pero do seu exemplo podemos sacar a forza para vencer calquera tentación que se nos cruce no camiño, xa que el venceunas xa por nós.

PALABRA DE XESÚS: Lectura do santo evanxeo segundo  san Marcos (1,12-15):

Naquel tempo, o Espírito empuxou a Jesús ao deserto. Quedou no deserto corenta días, deixándose tentar por  Satanás; vivía entre  alimañas, e os anxos servíanlle. Cando arrestaron a Juan, Jesús marchouse a Galilea a proclamar o Evanxeo de Deus.
Dicía: «Cumpriuse o prazo, está preto o reino de Deus: convertédevos e crede no Evanxeo.»

Palabra do Señor

Hoxe a mensaxe é: "Arrepíntete! Cambia o corazón, convértete!" Pero, a quen lle gusta cambiar os seus hábitos e costumes, a súa mentalidade, o seu estilo de vida? Prefeririamos quedarnos sós e ir ao noso aire polos vellos camiños. 

Que o Espírito de Deus convértanos a nós, para que logremos ser aquilo para o que fomos chamados, e para que fagamos o que temos que facer como cristiáns. Que el nos axude a superar as nosas tentacións e fáganos máis fortes que o pecado.

ORACIÓN:



No hay comentarios:

Publicar un comentario