Pastoral

Pastoral

ESO-BBDD semana do 28 SETEMBRO ó 02 OUTUBRO 2020

  LUNS, 28 SETEMBRO 2020



Bos días....e benvidos a todos e a todas ás primeiros BBDD do curso 20-21!!!!!

Un novo curso é unha páxina en branco...nós decidimos que queremos facer con el. É unha cuestión de ACTITUDE.

Como nos enfrontamos a este curso 20-21???? Vai ser un horror porque temos que estar todo o día coa máscara, porque non podemos xogar ao fútbol, porque non vou poder achuchar aos meus amigos?

NON APRENDEMOS NADA DO CONFINAMENTO??????

Ao longo destes días, imos reflexionar, imos repasar como foi nosa vida nestes últimos meses...e prepararnos para o que van ser os meses que virán.

Comezamos  amodo con estas reflexións. Para hoxe, deixámosvos só unha idea...seguro que todas e todos a coñecedes:

REFLEXIÓN:

Como creedes que se pode aplicar o  Hakuna  Matata na nosa vida, no cole?

(RESALTAR A VIDA, COMO DI O LEMA DO CURSO, vive e deixa vivir. NON DEIXAR QUE OS PROBLEMAS NOS ANGUSTIEN, BUSCAR O LADO BO....)

Apetécevos que este curso a nosa máxima este curso sexa o  Hakuna  Matata????

Terminamos cunha oración, para pedirlle a Xesús que nos axude neste novo curso, que nos axude a atopar o bo e non deixar que os problemas nos angustien:


MARTES, 29 SETEMBRO 2020

Bos días!!!!!

Lembrades como comezamos cos BBDD do curso? Hakuna Matata, vive e deixa vivir.. 

Como imos afrontar o novo curso? 

Non porque sexa un curso "especial". Todos os cursos, en toda a vida nos tocará vivir cousas mellores e peores, o azar pode traernos accidentes, malos entendidos, enfados cos nosos amigos, exames que non nos da tempo a estudar e suspendemos...está claro que moitas das cousas que pasan non as podemos controlar. Pero O QUE SI PODEMOS CONTROLAR É A FORMA NA QUE AFRONTAMOS ESAS SITUACIÓNS, é unha cuestión de ACTITUDE FRONTE A VIDA: imos afrontar o curso 20-21 cun nubarrón na cabeza, ou en plan HAKUNA MATATA??????

Imos ver un vídeo:



REFLEXIÓN: Que quere decir o vídeo?

Pensa nas veces da túa vida nas que se libera ese "MONSTRO NEGRO"... cando nos deixamos dominar pola ira e por outros malos sentimentos (envexa, ciumes...) 

Son emocións que forman parte da nosa vida, como diciamos antes, é normal que ás veces as experimentemos. O importante é non deixar que o monstro negro gañe, ter pensamentos positivos e darnos de conta do que nos está a pasar, aprender a xestionar esas emocións, e evitar malas consecuencias (tanto para nós como para os que nos rodean). 

Cando sintas que iso te está a pasar intenta dominalo, e se non podes...PIDE AXUDA!!!!

Que sexan os bos sentimentos os que nos dominen este curso!!!!

Onte pediamos a Xesús, hoxe pedimos a María que nos axude a ser felices este novo curso:


MÉRCORES, 30 SETEMBRO 2020

Bos días!!!!!!!

Que tal levamos a semana???? Xa nos imos afacendo a esta “nova normalidade” no cole? Tampouco é tan difícil, non?

Nos BBDD de hoxe tócavos traballar a vós. Algo que se soe facer cando comeza un novo ano é facer revisión do ano anterior, e decidir que cousas queremos cambiar...

Que vos parece se o facemos para o novo curso??? 

A idea é que pensedes un propósito de clase para este 20-21. Que como CLASE pensedes en algo que VÓS poidades facer para que a vida no cole sexa mellor. Podemos facer entre todos unha choiva de ideas e,  entre todas as que saian, redactemos unha soa. A vindeira semana repasaremos as que saíron en cada curso...seguro que todas nos axudan a ser mellores!!!!

(PORFA, PROFES, ENVIADE O COMPROMISO DE CADA CLASE A MARU. Para que os inclúa nos BBDD)

Rematamos con unha oración conxunta...canto tempo facía que non rezabamos o Noso Pai xuntos?????

 


XOVES, 01 OUTUBRO 2020

Bos días!!!!

Continuamos cos BBDD desta primeira semana...e imos facer unha pouca de memoria, escoitando unha canción:


REFLEXIÓN: coñeciades esta canción? Escoitáchela moito durante o confinamento? Que sentimentos vos evoca? Que lembrades do confinamento? Foi difícil para vós? Foi un agobio? Pero o fixemos porque era o que tiñamos que facer, nesta “guerra contra o coronavirus. A situación cambiou...estamos agradecidos de poder saír da casa? (se a resposta é si...cando esteas agobiado polas restricións, pola máscara, polas limitacións que temos agora, pensa en que peor é quedar na casa!!!!!)

Outra cousa importante que queremos resaltar é que quedamos na casa 3 meses porque era o que había facer en contra do coronavirus...pero, e agora? Que é o que temos que facer agora? Pois seguir as normas sanitarias...non o esquezades: MÁSCARA, DISTANCIA SANA, LIMPEZA CONSTANTE DE MANS, GRUPOS BURBULLA, NON COMPARTIR MATERIAL...pensade...o difícil foi estar na casa...isto tampouco é para tanto, non?

Rematamos con outra oración:



VENRES, 02 OUTUBRO 2020

Bos días!!!!!

Por fin venres!!!!primeiro venres do curso ( despois dunha semana enteira) fíxose dura? xa vos sabedes as novas normas? que vos parecen?

Hoxe ímonos deter nun dos carteis dos que temos en todas as clases (algúns opinan que esta Mín quedou un pouco "inquietante"...que opinades vós? entendedes por que ten eses olloss?

Moitos din que levando máscara no fai falta sorrir...pero iso non é verdade.

Imos facer un xogo: fixádevos nas seguintes imaxes, e intentade adiviñar as emocións de cada mirada:

REFLEXIÓN: Que tal vos saíu??? Acertastes? Entendedes a onde queriamos chegar con esta pequena proba? Non nos escondamos trala máscara, é importante que compartamos as nosas emocións...vense nos ollos!!!! E se non acertamos moitas das miradas, non pasa nada: pregunta ós que te rodean como se senten, e exprésao ti tamén...A SAÚDE DAS EMOCIÓNS TAMÉN É IMPORTANTE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

(SOLUCIÓN:

E rematamos coa mesma oración coa que comezamos a semana:



No hay comentarios:

Publicar un comentario