Pastoral

Pastoral

primaria-BBDD semana do 14 ó 18 SETEMBRO 20-21

 LUNS, 14 SETEMBRO 2020


Bos días....e benvidos a todos e a todas ás primeiros BBDD do curso 20-21!!!!!

Un novo curso é unha páxina en branco...nós decidimos que queremos facer con el. É unha cuestión de ACTITUDE.

Como nos enfrontamos a este curso 20-21???? Vai ser un horror porque temos que estar todo o día coa máscara, porque non podemos xogar ao fútbol, porque non vou poder achuchar aos meus amigos?

NON APRENDEMOS NADA DO CONFINAMENTO??????

Ao longo destes días, imos reflexionar, imos repasar como foi nosa vida nestes últimos meses...e prepararnos para o que van ser os meses que virán.

Comezamos  amodo con estas reflexións. Para hoxe, deixámosvos só unha idea...seguro que todas e todos a coñecedes:

REFLEXIÓN:

Apetécevos que este curso a nosa máxima este curso sexa o  Hakuna  Matata????

Como creedes que se pode aplicar o  Hakuna  Matata na nosa vida, no cole?

(RESALTAR A VIDA, COMO DI O LEMA DO CURSO, vive e deixa vivir. NON DEIXAR QUE OS PROBLEMAS NOS ANGUSTIEN, BUSCAR O LADO BO....)

Terminamos cunha oración, para pedirlle a Xesús que nos axude neste novo curso, que nos axude a atopar o bo e non deixar que os problemas nos angustien:


MARTES, 15 SETEMBRO 2020

Bos días!!!!!

Lembrades como comezamos cos BBDD do curso? Hakuna Matata, vive e deixa vivir...é unha cuestión de ACTITUDE. Como imos afrontar o novo curso?

Imos ver un vídeo que ilustra o que pasa cando deixamos que o MAL ROLLO nos domine...



REFLEXIÓN: é normal que ás veces nos enfademos (na casa, no cole, no parque...)...o importante é non deixar que o monstro negro gañe, ter pensamentos positivos e darnos de conta do que nos está a pasar, para intentar solucionalo. Cando sintas que iso te está a pasar intenta dominalo, e se non podes...PIDE AXUDA!!!!

Que sexan os bos sentimentos os que nos dominen este curso!!!!

Onte pediamos a Xesús, hoxe pedimos a María que nos axude a ser felices este novo curso:


MÉRCORES, 16 SETEMBRO 2020

Bos días!!!!!!!

Que tal levamos a semana???? Xa nos imos afacendo a esta “nova normalidade” no cole? Tampouco é tan difícil, non?

Nos BBDD de hoxe tócavos traballar a vós. Algo que se soe facer cando comeza un novo ano é facer revisión do ano anterior, e decidir que cousas queremos cambiar...

Que vos parece se o facemos para o novo curso??? 

A idea é que pensedes un propósito de clase para este 20-21. Que como CLASE pensedes en algo que VÓS poidades facer para que a vida no cole sexa mellor. Podemos facer entre todos unha choiva de ideas e,  entre todas as que saian, redactemos unha soa. A vindeira semana repasaremos as que saíron en cada curso...seguro que todas nos axudan a ser mellores!!!!

(PORFA, PROFES, ENVIADE O COMPROMISO DE CADA CLASE A JAVI S. Para que os inclúa nos BBDD)

Rematamos con unha oración conxunta...canto tempo facía que non rezabamos o Noso Pai xuntos?????

 


XOVES, 17 SETEMBRO 2020

Bos días!!!!

Continuamos cos BBDD desta primeira semana...e imos facer unha pouca de memoria, escoitando unha canción:


REFLEXIÓN: coñeciades esta canción? Escoitáchela moito durante o confinamento? Que sentimentos vos evoca? Que lembrades do confinamento? Foi difícil para vós? Foi un agobio? Pero o fixemos porque era o que tiñamos que facer, nesta “guerra contra o coronavirus. A situación cambiou...estamos agradecidos de poder saír da casa? (se a resposta é si...cando esteas agobiado polas restricións, pola máscara, polas limitacións que temos agora, pensa en que peor é quedar na casa!!!!!)

Outra cousa importante que queremos resaltar é que quedamos na casa 3 meses porque era o que había facer en contra do coronavirus...pero, e agora? Que é o que temos que facer agora? Pois seguir as normas sanitarias...non o esquezades: MÁSCARA, DISTANCIA SANA, LIMPEZA CONSTANTE DE MANS, GRUPOS BURBULLA, NON COMPARTIR MATERIAL...pensade...o difícil foi estar na casa...isto tampouco é para tanto, non?

Rematamos con outra oración:



VENRES, 18 SETEMBRO 2020

Bos días!!!!!

Por fin venres!!!!primeiro venres do curso ( despois dunha semana enteira) fíxose dura? xa vos sabedes as novas normas? que vos parecen?

Hoxe ímonos deter nun dos carteis dos que temos en todas as clases:

Moitos din que levando máscara no fai falta sorrir...pero iso non é verdade.

Imos facer un xogo: fixádevos nas seguintes imaxes, e intentade adiviñar as emocións de cada mirada:

REFLEXIÓN: Que tal vos saíu??? Acertastes? Entendedes a onde queriamos chegar con esta pequena proba? Non nos escondamos trala máscara, é importante que compartamos as nosas emocións...vense nos ollos!!!! E se non acertamos moitas das miradas, non pasa nada: pregunta ós que te rodean como se senten, e exprésao ti tamén...A SAÚDE DAS EMOCIÓNS TAMÉN É IMPORTANTE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

(SOLUCIÓN:

E rematamos coa mesma oración coa que comezamos a semana:



No hay comentarios:

Publicar un comentario