Pastoral

Pastoral

ESO-BBDD semana do 07 ó 11 de FEBREIRO 2022

LUNS , 07 FEBREIRO 2022

Bo día!!!!!

O tema dos BBDD desta semana é a SOLIDARIDADE....cantas veces vos parece que temos xa traballada a solidariedade? 

A ver, que aínda nos queda camiño por facer no tema da solidariedade clásica...pero non vai ser o que traballemos esta semana. Estes días veremos unha SOLIDARIEDADE DIFERENTE:

A solidariedade é un valor persoal que supón a capacidade que teñen os membros que pertencen a unha comunidade de actuar como un todo. Isto prodúcese porque os membros comparten intereses e necesidades entre si, grazas aos lazos sociais que lles unen. A definición de solidariedade baséase no respecto e a empatía que nos conduce a comprender que o outro necesita da nosa colaboración ou apoio. Percíbelo así?

Moitas veces cústanos ser SOLIDARIXS porque nos falta RESPECTO, TOLERACIA  e/ou EMPATÍA.

PREGUNTA: QUEN DE VÓS SE CONSIDERA INTOLERANTE???? (levantade a man)

Seguro que case ningún de vós levantou a man, porque por sorte, a teoría a temos clara. Pero logo, no día a día, pode ser que teñamos prexuízos, que teñamos actitudes (aínda que sexa sen mala intención, ou por descoñecemento) que son IRRESPECTUOSAS, e que poden facer dano sen que o saibamos.

MOI IMPORTANTE!!!! Para os BBDD desta semana vai ser especialmente importante achegarse cunha ollada aberta, e pensar dúas veces antes de falar e facer comentarios...SEREDES CAPACES?????


Para rematar os BBDD de hoxe imos ver un vídeo introdutorio do tema desta semana, imos comezar repasando un concepto moi básico, que seguro que xa todxs practicamos no noso día a día (OU NON?): é a EMPATÍA:


PALABRA DA BIBLIA: Hebreos 13:3

“Preocúpense polos irmáns que están no cárcere e polos que foron maltratados. Pensen como sentirían vostedes se estivesen na mesma situación.”

ORACIÓN: Hoxe imos rezar o Noso Pai, que é a oración que nos recoñece a todos como irmáns e irmás, e merecedores da nosa empatía:



MARTES, 08 FEBREIRO 2022

Bo día!!!!

Comezamos outro día co tema desta semana: SOLIDARIEDADE DIFERENTE.

Como vos diciamos onte, para poder ser solidarios, temos que ser EMPÁTICOS, e ser empáticos nos obriga a pasar por riba dos PREXUÍZOS. Lembramos que son os prexuízos:  Opinións preconcibidas, xeralmente negativas, cara a algo ou alguén.... 

Considerades que vós tendes prexuízos? Que prexuízos tendes?

Agora imos ver un vídeo que porá a proba os nosos prexuízos... lembrade o que dixemos onte (e o imos repetir todos os días...) para os BBDD desta semana é especialmente necesario PENSAR ANTES DE FALAR,  e respectar por riba de todo.





REFLEXIÓN: que pensariades de Álex e Mari Carme se os cruzades pola rúa? Algunha vez nos puxemos no lugar das persoas que teñen algunha discapacidade e pensamos na dificultade que teñen para ter parella? A barreira que algunhas discapacidades poden ser para a xente? Seriades fortes suficiente para facer como Mari Carme e pasar do “que dirán”?

!!!Os prexuízos fan dano. A ninguén nos gusta que nos etiqueten, que pensen cousas de nós sen coñecernos. NON É NADA XUSTO.

PALABRA DE XESÚS: hoxe, máis cas palabras de Xesús, traemos feitos, porque, como sabemos, as cousas máis importantes Xesús nolas ensinou con feitos. E hai moitísimos exemplos de Xesús no Novo Testamento onde amosa que El estaba por riba dos prexuízos: Xesús achegouse ós leprosos, pediu a un recadador de impostos (Zaqueo) que o levase a cear á súa casa, pide a unha samaritana que lle dea de beber (os samaritanos estaban moi mal vistos daquela), e pon a outro samaritano de exemplo de bo comportamento, na parábola do fillo pródigo (toda esta parábola, por certo, é exemplo de evitar prexuízos, de non dar por sentado quen vai facer ben as cousas e quen as vai facer mal) Di o Papa Francisco: “Xesús non ten medo. Xesús cando ve unha persoa vai adiante porque ama, ámanos a todos, non pasa de longo xamais ante unha persoa por prexuízos."

ORACIÓN: Xesús, limpa a miña mirada para que non quede co exterior, para que non me poidan os prexuízos. Axúdame a entender que o único camiño é o camiño do amor. AMÉN


MÉRCORES,09 FEBREIRO 2022

Bo día!!!

No noso camiño desta semana sobra SOLIDARIEDADE DIFERENTE, hoxe imos traballar outro tipos de solidariedade: SORORIDADE: ou solidariedade entre mulleres. Por desgracia, xa temos bastantes obstáculos no camiño, polo feito de ser mulleres, como para que nós mesmas sexamos as nosas peores inimigas. Aínda é habitual escoitar a mulleres falando mal do colectivo feminino:

“É que as mulleres somos máis retorcidas cos homes”... ou outras moitas do estilo

Estes comentarios están horribles escoitados de homes ou de mulleres, son tópicos, prexuízos e xeralizacións...pero dicilo as mulleres de nós mesmas...non ten ningún sentido.

No seguinte vídeo vannos explicar o termo, vannos dicir de onde ven, a necesidade de aplicalo, e outras moitas cousas, estade ben atentxs, que non ten desperdicio:


REFLEXIÓN: Algunha vez fostes conscientes das imaxes pexorativas cara as mulleres que nos inculcan dende pequenxs? RAPAZAS: que opinades da sororidade? Estades dispostas a aplicala? (ollo, que o vídeo o deixa ben claro...non temos que ser todas amigas...pero tampouco necesitamos poñernos paus nas rodas entre nós) e RAPACES: cal credes que é o voso papel neste tema? (pista: igual a sociedade non a fan avanzar so as mulleres...)

A sororidade é un valor a ter moi en conta...pero nós soñamos co día no que non faga falta, o día en que dea igual que sexamos homes ou mulleres, que non haxa diferencias, que ser persoa estea por riba de todo.

PALABRA DE XESÚS: nunha época no que ser muller era ser de segunda (ou de terceira) Xesús foi un claro defensor da muller. Moitas pasaxes da Biblia amosan como Xesús dignifica á muller, como as trata como iguais. O seguinte é un claro exemplo:

Naquel tempo, entrou Xesús nunha aldea, e unha muller chamada Marta recibiuno na súa casa. Esta tiña unha irmá chamada María, que, sentada aos pés do Señor, escoitaba a súa palabra. E Marta multiplicábase para dar abasto co servizo; ata que se parou e dixo: "Señor, non che importa que a miña irmá deixoume soa co servizo? Dille que me bote unha man." Pero o Señor contestoulle: "Marta, Marta, andas inquieta e nerviosa con tantas cousas; só unha é necesaria. María escolleu a parte mellor, e non lla quitarán."

(Mini explicación: dúas irmás, unha preocupada da casa, de servir a Xesús. A outra, escoita a Xesús como unha máis. Xesús prefire a actitude da segunda ca da primeira...REVOLUCIONARIO!)



XOVES, 10 FEBREIRO 2022

Bo día!!!!

Seguimos no noso camiño da SOLIDARIDADE DIFERENTE, recollendo algunhas das ideas das que falabamos onte. Pero imos comezar cun VEXO, PENSO, PREGÚNTOME, así que sacade un papel para apuntar as ideas, que compartiremos despois.

!!!!como levamos dicindo esta semana, hai que ter moito coidado co que opinamos, e seguir a máxima:


REFLEXIÓN: Compartimos o Vexo, Penso, Pregúntome:

-        Que VIMOS nas imaxes (neste caso é moi importante reflexionar se miramos cos ollos, ou aplicamos algún “filtro de prexuízos”, se puxemos so o que vemos ou tamén algunha opinión)

-        Que PENSAMOS destas imaxes?

-        Que PREGUNTAS nos xorden cando as miramos?

As imaxes pretenden que reflexionemos sobre os PREXUÍZOS E ESTEREOTIPOS DE XÉNERO. Este tema é moi importante para nós: escapamos dunha sociedade que nos clasifica, que nos pon etiquetas, que nos di como temos que ser, que nos ten que gustar, como temos que vestir (por ser nenos ou nenas)...en fin, que non nos deixa ser LIBRES.  Pero é difícil...porque temos eses prexuízos moi arraigados.

Di Harry Stiles nunha entrevista que a roupa que usa non a separa por xéneros, se non por como lle fai sentir cando as utiliza. “E é que cando comezas a debullar o por que das cousas, as respostas non apoian as regras. Aquilo de pezas de muller ou de home cada vez está máis  desfasado. A liberdade de diluír a  linea que separa os xéneros por estética, cortes e cores faiche crecer a moitos niveis.”

PALABRA DE XESÚS: Mateo 7:1: 7

“NON xulguedes, para que non sexades xulgados.”

(non teñades prexuízos, se non queredes que se teñan prexuízos contra vós. Non poñades etiquetas, se non queredes que vos poñan etiquetas. Non vos deixedes levar polos estereotipos, se non queredes que vos esterotipen...)

ORACIÓN:

Ser libre é asumir o risco de equivocarse

e aceptar con humildade o erro.

Ser libre é liberarse das modas,

dos prexuízos, das etiquetas e dos estereotipos

e ser da forma que nos faga máis felices.

Xesús dame forzas para superar o “que dirán”

E axuda ós intolerantes a superar as súas limitacións.

AMÉN

VENRES, 11 DE FEBREIRO 2022

Bo día!!!!

Hoxe é un día especial, é o Día da Muller e a Nena na Ciencia


Se vos dades conta, este tema enlaza moi ben co que levamos falando toda a semana: prexuízos, estereotipos...todo isto fai  que aínda existan moitas diferenzas entre homes e mulleres. É moi triste, pero na cabeza das rapazas do século XXI o papel das mulleres aínda é o mesmo que fai 50 anos, vexámolo:


REFLEXIÓN: isto é xusto o que temos que cambiar, a mentalidade das persoas, dos máis pequenos. As nenas non poden plantexarse ser enxeñeiras porque na súa cabeza non o conciben como un traballo para elas, e por iso traballamos o Día da Muller e a Nena na ciencia.

Agora propoñémosvos un pequeno xogo, unha sopa de letras para lembrar ás mulleres pioneiras na ciencia que traballamos o ano pasado (poñemos un pequeno resumo do que fixeron para que nos sexa máis doado:

1.      Esta química sintetizó por primera vez el Kevlar®.

2.      Esta sismóloga determinó que el núcleo terrestre posee una parte sólida en el interior del núcleo líquido.

3.      Esta médica creó un método utilizado en todo el mundo para evaluar la salud de los recién nacidos.

4.      Esta paleontóloga identificó correctamente el primer esqueleto de ictiosauro.

5.      Esta naturalista viajó por todo el mundo dibujando especies vegetales.

6.      Ella fue una de las pioneras españolas en química.

7.      Esta física fue directora del Observatorio meteorológico de Igeldo.

8.      Ella diseccionaba cadáveres, preparándolos para clases de anatomía.

9.      Esta cartógrafa y geóloga creó el primer mapa científico del suelo oceánico.

10.   Esta física formó parte del equipo que descubrió la fisión nuclear.




ORACIÓN:

Pedímosche, Pai Bo, por todos nós,

homes ou mulleres;

que nos saibamos comprender, valorar e axudar mutuamente,

para que na relación, amable e positiva,

colaboremos xuntos ao servizo da ciencia e da vida.

AMÉN


No hay comentarios:

Publicar un comentario