Pastoral

Pastoral

ESO-BBDD semana do 16 ó 20 DECEMBRO


Bo Día!!!!
Comezamos a última semana de clase antes das vacacións. Hoxe é a avaliación…como irá?

Os BBDD desta semana están dedicados a reflexionar sobre o sentido real do Nadal. É algo que xa temos moi aprendido? Pensade nas vosas festas ó longo da vos vida, e reflexionade. Imos ver un vídeo:


REFLEXIÓN: Neste ano que o cole dedica á Saúde Vexetal, que estamos máis concienciados que nunca co coidado da casa común...algunha vez nos paramos a pensar que repercusións teñen para o Planeta os “excesos” do Nadal? Alguén sabe as emisións extra de CO2 que supoñen ter acesas as luces de Nadal? O lixo que producimos con comilonas e agasallos? Que podemos facer para que este Nadal sexa un pouco máis Earth friendly? Que ideas se nos ocorren para diminuír  a contaminación do Nadal?(deixamos que os rapaces se expresen)...Pero que estamos realmente dispostos a facer cada un de nós? Lembrade o dito...”SE NON SOMOS PARTE DA SOLUCIÓN, SOMOS PARTE DO PROBLEMA” e é hipócrita pensar en que poden facer os demais, e non estar dispostos a facer nada nós.

CITA BÍBLICA:  Xeremías 33, 14-15
«Mirade que chegan días, di o Señor, en que cumprirei a promesa de felicidade que fixen ao meu pobo: eu suscitarei para eles aquel que practicará o dereito e a xustiza».

ORACIÓN:
Queremos esperarte, Señor, esperarte cada día,
E verte chegar a nós en cada man tendida,
en cada triste mirada, en cada pena sinxela...
Queremos esperarte, Señor, esperarte cada momento,
e ver como o noso corazón cambia
ao contemplar un neno famento.
Se non te atopo nos outros...
que Nadal celebro?

MARTES, 17 DECEMBRO 2019
Bo Día!!!!
Continuamos cos BBDD da última semana, dedicados ó verdadeiro sentido do Nadal. Imos ver una curtametraxe…a ver que credes que vos pretendemos explicar:


REFLEXIÓN: A curtametraxe titúlase “O outro Nadal”... Por que credes que a poñemos? Cal é a reflexión que nos trae? Se pensamos de forma un pouco persoal: onde estamos nós? Que Nadal se asemella máis ó noso? Lembramos o afortunados que somos? Propoño que este Nadal sexamos un pouco menos felices, e lembremos os que non teñen tanta sorte coma nós. Que opinades de que o grande Propósito de Aninovo para o ano que ven sexa: axudar a equilibrar a balanza da xustiza. Pensade que os do segundo Nadal poderíamos ser nós. E lembrade que para mellorar un chisquiño a vida dos demais, temos a Operación Kilo, aínda estamos a tempo de aportar o noso gran de area.

EVANXEO: Mateo 18, 12-14
«Supoñede que un home ten cen ovellas: se unha pérdeselle, non deixa as noventa e nove no monte e vai en busca da perdida? E se a atopa, en verdade dígovos que se alegra máis por ela que polas noventa e nove que non se extraviaron. Igualmente, non é vontade do voso Pai que está no ceo que se perda nin un destes pequenos».

ORACIÓN: SER LUZ
Ola Xesús,
amigo, irmán,
e Deus meu.
Quero deixarte vivir no meu corazón,
para que poidas facer de min
a mellor das persoas que eu poida ser.
Unha vez dixeches que os teus amigos son a luz do mundo.
Gústame iso de ser luz,
de iluminar a todos os que me rodean
coa luz da miña solidariedade,
para facer que os que están tristes vivan nunha festa,
para facer que os que viven a escuridade do rexeitamento,
gocen a luz e calor da compañía,
para facer que os que o ven todo negro
véxano todo de cor esperanza. AMÉN

MÉRCORES, 18 DECEMBRO 2019
Bo día!!!!
Hoxe imos reflexionar un pouco máis sobre o noso Nadal: o Nadal o vivimos todos como un tempo especial, con sensibilidade e ganas de que todo o mundo sexa feliz...ou non? Imos ver un vídeo que amosa outra cara do Nadal:


REFLEXIÓN: recoñecemonos nalgunha das cousas que di o vídeo? Penso que nalgunha medida, o Nadal de todos nós ten algunha destas compoñentes... Así que propoñemos vivir este Nadal dunha forma máis consciente: fagamos deste Nadal algo especial de verdade:
1. Coidemos os excesos...aínda que sexamos novos...antes ou despois os excesos pasan factura
2. Gastemos menos...e sobre todo, pidamos menos e compartamos un pouco máis (como levamos a Operación Kilo?....aínda estamos a tempo de compartir)
3. Que as festas non pasen coma un buraco negro...desfruta e fai cousas, aproveita para facer o que non fas cando non tes tempo.
4. Aproveita para estar coa familia: pais, irmáns, tíos, curmáns, e, sobre todo, avós...non sabes o que se botan de menos cando non están....

En lugar de Palabra de Deus e oración, hoxe traemos unha actualización da Palabra dunha grande cristiá: a nai Teresa de Calcuta, que nos vale para lembrar a Palabra, e para orar se a repetimos xuntos:


XOVES, 19 DECEMBRO 2019
Bo Día!!!!!
Estamos case na fin do camiño... a piques das vacacións de Nadal. Levamos a semana reflexionando sobre o “Nadal verdadeiro”...pero non votamos nada en falta?


REFLEXIÓN: Lembramos que o verdadeiro-verdadeiro sentido do Nadal é que renace Xesús? É moi especial, traendo os valores de verdade importan: que valores dos que di o vídeo son os máis importantes para vós? Os recordamos:
-          DESPRENDERSE (dar menos valor ó material)
-          Ser SABIO no sinxelo (valorar as pequenas cousas)
-          Trae TENRURA (que é unha forma de dar valor ós demais)
-          FAMOSO no anonimato (ven de forma humilde)
-          Beleza INTERIOR (non nos podemos quedar co superficial...cada un de nós temos algo precioso no noso interior...que paga a pena descubrir)

EVANXEO: Xn 1: 1,18
“E o Verbo fíxose carne e habitou entre nós, e contemplamos a súa Gloria”

ORACIÓN: Noso Pai.

No hay comentarios:

Publicar un comentario