Bo Día!!!!
Comezamos a última semana de clase antes das vacacións. Hoxe é a
avaliación…como irá?
Os
BBDD desta semana están dedicados a reflexionar sobre o sentido real do Nadal.
É algo que xa temos moi aprendido? Pensade nas vosas festas ó longo da vos vida,
e reflexionade. Imos ver un vídeo:
REFLEXIÓN:
Neste ano que o cole dedica á Saúde Vexetal, que estamos máis concienciados que
nunca co coidado da casa común...algunha vez nos paramos a pensar que
repercusións teñen para o Planeta os “excesos” do Nadal? Alguén sabe as
emisións extra de CO2 que supoñen ter acesas as luces de Nadal? O
lixo que producimos con comilonas e agasallos? Que podemos facer para que este
Nadal sexa un pouco máis Earth friendly? Que ideas se nos ocorren para diminuír
a contaminación do Nadal?(deixamos que
os rapaces se expresen)...Pero que estamos realmente dispostos a facer cada un
de nós? Lembrade o dito...”SE NON SOMOS PARTE DA SOLUCIÓN, SOMOS PARTE DO
PROBLEMA” e é hipócrita pensar en que poden facer os demais, e non estar
dispostos a facer nada nós.
CITA
BÍBLICA: Xeremías 33, 14-15
«Mirade
que chegan días, di o Señor, en que cumprirei a promesa de felicidade que fixen
ao meu pobo: eu suscitarei para eles aquel que practicará o dereito e a
xustiza».
ORACIÓN:
Queremos
esperarte, Señor, esperarte cada día,
E verte
chegar a nós en cada man tendida,
en
cada triste mirada, en cada pena sinxela...
Queremos
esperarte, Señor, esperarte cada momento,
e ver
como o noso corazón cambia
ao
contemplar un neno famento.
Se non
te atopo nos outros...
que
Nadal celebro?
MARTES,
17 DECEMBRO 2019
Bo
Día!!!!
Continuamos
cos BBDD da última semana, dedicados ó verdadeiro sentido do Nadal. Imos ver
una curtametraxe…a ver que credes que vos pretendemos explicar:
REFLEXIÓN:
A curtametraxe titúlase “O outro Nadal”... Por que credes que a poñemos? Cal é
a reflexión que nos trae? Se pensamos de forma un pouco persoal: onde estamos
nós? Que Nadal se asemella máis ó noso? Lembramos o afortunados que somos?
Propoño que este Nadal sexamos un pouco menos felices, e lembremos os que non
teñen tanta sorte coma nós. Que opinades de que o grande Propósito de Aninovo
para o ano que ven sexa: axudar a equilibrar a balanza da xustiza. Pensade que
os do segundo Nadal poderíamos ser nós. E lembrade que para mellorar un
chisquiño a vida dos demais, temos a Operación Kilo, aínda estamos a tempo de
aportar o noso gran de area.
EVANXEO:
Mateo 18, 12-14
«Supoñede
que un home ten cen ovellas: se unha pérdeselle, non deixa as noventa e nove no
monte e vai en busca da perdida? E se a atopa, en verdade dígovos que se alegra
máis por ela que polas noventa e nove que non se extraviaron. Igualmente, non é
vontade do voso Pai que está no ceo que se perda nin un destes pequenos».
ORACIÓN:
SER LUZ
Ola
Xesús,
amigo,
irmán,
e Deus
meu.
Quero
deixarte vivir no meu corazón,
para
que poidas facer de min
a
mellor das persoas que eu poida ser.
Unha
vez dixeches que os teus amigos son a luz do mundo.
Gústame
iso de ser luz,
de
iluminar a todos os que me rodean
coa
luz da miña solidariedade,
para
facer que os que están tristes vivan nunha festa,
para
facer que os que viven a escuridade do rexeitamento,
gocen
a luz e calor da compañía,
para
facer que os que o ven todo negro
véxano
todo de cor esperanza. AMÉN
MÉRCORES,
18 DECEMBRO 2019
Bo
día!!!!
Hoxe
imos reflexionar un pouco máis sobre o noso Nadal: o Nadal o vivimos todos como
un tempo especial, con sensibilidade e ganas de que todo o mundo sexa
feliz...ou non? Imos ver un vídeo que amosa outra cara do Nadal:
REFLEXIÓN:
recoñecemonos nalgunha das cousas que di o vídeo? Penso que nalgunha medida, o
Nadal de todos nós ten algunha destas compoñentes... Así que propoñemos vivir
este Nadal dunha forma máis consciente: fagamos deste Nadal algo especial de
verdade:
1.
Coidemos os excesos...aínda que sexamos novos...antes ou despois os excesos
pasan factura
2.
Gastemos menos...e sobre todo, pidamos menos e compartamos un pouco máis (como
levamos a Operación Kilo?....aínda estamos a tempo de compartir)
3. Que
as festas non pasen coma un buraco negro...desfruta e fai cousas, aproveita
para facer o que non fas cando non tes tempo.
4.
Aproveita para estar coa familia: pais, irmáns, tíos, curmáns, e, sobre todo,
avós...non sabes o que se botan de menos cando non están....
En
lugar de Palabra de Deus e oración, hoxe traemos unha actualización da Palabra
dunha grande cristiá: a nai Teresa de Calcuta, que nos vale para lembrar a
Palabra, e para orar se a repetimos xuntos:
XOVES,
19 DECEMBRO 2019
Bo
Día!!!!!
Estamos
case na fin do camiño... a piques das vacacións de Nadal. Levamos a semana
reflexionando sobre o “Nadal verdadeiro”...pero non votamos nada en falta?
REFLEXIÓN:
Lembramos que o verdadeiro-verdadeiro sentido do Nadal é que renace Xesús? É
moi especial, traendo os valores de verdade importan: que valores dos que di o
vídeo son os máis importantes para vós? Os recordamos:
-
DESPRENDERSE (dar menos valor ó
material)
-
Ser SABIO no sinxelo (valorar as
pequenas cousas)
-
Trae TENRURA (que é unha forma de
dar valor ós demais)
-
FAMOSO no anonimato (ven de forma
humilde)
-
Beleza INTERIOR (non nos podemos quedar co superficial...cada un de nós temos algo precioso no noso interior...que paga a pena descubrir)
EVANXEO:
Xn 1: 1,18
“E o
Verbo fíxose carne e habitou entre nós, e contemplamos a súa Gloria”
ORACIÓN:
Noso Pai.
No hay comentarios:
Publicar un comentario