PRIMARIA-BBDD semana do 16 ó 20


LUNS, 16 DECEMBRO 2019
Bo Día!

Hoxe comezamos a terceira semana do Advento, polo que prenderemos tres velas da nosa particular coroa de Advento, pero os BBDD desta semana están dedicados a reflexionar sobre o sentido real do Nadal. É algo que xa temos moi aprendido? Imos ver un vídeo:



REFLEXIÓN: Fixádevos que, o Nadal non só ten que ver cos regalos que nos traen Papá Noël ou os Reis Magos. O Nadal É o Nacemento do Neno Xesús, e iso é o que nos celebramos cada 25 de decembro. Hai algo deste vídeo que te resulte familiar? Na túa casa tes unha árbore de Nadal? Que hai na parte máis alta da árbore?

CITA BÍBLICA:  Xeremías 33, 14-15
«Mirade que chegan días, di o Señor, en que cumprirei a promesa de felicidade que fixen ao meu pobo: eu suscitarei para eles aquel que practicará o dereito e a xustiza».

ORACIÓN:
Queremos esperarte, Señor, esperarte cada día,
E verte chegar a nós en cada man tendida,
en cada triste mirada, en cada pena sinxela...
Queremos esperarte, Señor, esperarte cada momento,
e ver como o noso corazón cambia
ao contemplar un neno famento.
Se non te atopo nos outros...
que Nadal celebro?

MARTES, 17 DECEMBRO 2019

Bo Día!


Continuamos cos BBDD da última semana, dedicados ó verdadeiro sentido do Nadal. Imos ver una curtametraxe… a ver que credes que vos pretendemos explicar:



REFLEXIÓN: A curtametraxe titúlase “O outro Nadal”... Por que credes que a poñemos? Cal é a reflexión que nos trae? Se pensamos de forma un pouco persoal: onde estamos nós? Que Nadal se asemella máis ao noso? Lembramos o afortunados que somos? Propoño que este Nadal fagamos canto poidamos para que, os que non teñen tantas facilidades coma nos, poidan desfrutar dun Nadal feliz e alegre, coma o que nos poderemos desfrutar. Que opinades de que o grande Propósito de Aninovo para o ano que ven sexa: axudar a equilibrar a balanza da xustiza? Pensade que os do segundo Nadal poderíamos ser nós. E lembrade que para mellorar un chisquiño a vida dos demais, temos a Operación Kilo, polo que aínda estamos a tempo de aportar o noso gran de area.

EVANXEO: Mateo 18, 12-14
«Supoñede que un home ten cen ovellas: se unha pérdeselle, non deixa as noventa e nove no monte e vai en busca da perdida? E se a atopa, en verdade dígovos que se alegra máis por ela que polas noventa e nove que non se extraviaron. Igualmente, non é vontade do voso Pai que está no ceo que se perda nin un destes pequenos».

ORACIÓN: SER LUZ
Ola Xesús,
amigo, irmán,
e Deus meu.
Quero deixarte vivir no meu corazón,
para que poidas facer de min
a mellor das persoas que eu poida ser.
Unha vez dixeches que os teus amigos son a luz do mundo.
Gústame iso de ser luz,
de iluminar a todos os que me rodean
coa luz da miña solidariedade,
para facer que os que están tristes vivan nunha festa,
para facer que os que viven a escuridade do rexeitamento,
gocen a luz e calor da compañía,
para facer que os que o ven todo negro
véxano todo de cor esperanza. AMÉN

MÉRCORES, 18 DECEMBRO 2019

Bo Día!

Estamos case na fin do camiño... a piques das vacacións de Nadal. Levamos a semana reflexionando sobre o “Nadal verdadeiro”... pero non votamos nada en falta?



REFLEXIÓN: Lembramos que o verdadeiro sentido do Nadal é que renace Xesús? É moi especial, traendo os valores de verdade importan: que valores dos que di o vídeo son os máis importantes para vós? Os recordamos:
-          DESPRENDERSE (dar menos valor ó material)
-          Ser SABIO no sinxelo (valorar as pequenas cousas)
-          Trae TENRURA (que é unha forma de dar valor ós demais)
-          FAMOSO no anonimato (ven de forma humilde)
-          Beleza INTERIOR.

EVANXEO: Xn 1: 1,18
“E o Verbo fíxose carne e habitou entre nós, e contemplamos a súa Gloria”

ORACIÓN: 


XOVES, 19 DECEMBRO 2019
Bo día!

Xa quedan tan só dous días para comezar as nosas vacacións, e hoxe, celebrando este día tan especial para Primaria: o noso Festival de Nadal. Nel cantaremos, riremos e desfrutaremos, pero sobre todo, e máis importante, todo iso o faremos XUNTOS. Pero antes de case pechar os BBDD do ano 2019, propoñémosvos unha actividade xuntos para a celebración de mañá.
Imos comezar xa cos nosos propósitos de ano novo, cun obxectivo común, é dicir, cun propósito xeral para que esta clase mellore nalgún aspecto. Polo que vos convidamos a pensar xuntos en que cousas poderíamos mellorar e elixir unha delas.
Despois, escribídea nun papel e firmádea todos, co compromiso de cumprir dito obxectivo. ATENTOS, porque vos volveremos a preguntar por el dentro dun tempo e revisaremos xuntos se os estamos cumprindo ou non.

REFLEXIÓN: Non esquezades que durante o Advento preparamos o noso corazón para a chegada de Xesús. Os máis maiores, co sacramento do Perdón. Pero tamén os pequenos podemos limparnos dese chisquiño de po que nos acompaña polo noso día a día. E ademais, xuntos, tamén podemos comprometernos a ser un mellor EQUIPO.
Dende o equipo de Pastoral, e tamén de parte de todos os profes, queremos desexarvos unha FELIZ NADAL e un comezo de ano INESQUECÍBEL. BO NADAL!!!

ORACIÓN: A nosa oración de hoxe será cantar as panxoliñas que cantaremos no festival da tarde. Aquel que canta, reza dúas veces...



No hay comentarios:

Publicar un comentario