ESO-BBDD semana do 19 ó 23 OUTUBRO 2020

 LUNS, 19 OUTUBRO 2020

Bo día!!!!

Que tal a fin de semana? Curta? Tranquilos todos, que pouco a pouco xa chegamos ó final de outubro...e xa están máis preto as vacacións de Nadal.

O tema desta semana é moi grande. Imos falar da SOLIDARIEDADE. É un deses grandes conceptos que levamos toda a vida escoitando, que nos enche a boca cando falamos del. Pero sabemos que é a solidariedade? COMO DEFINIRÍAS SOLIDARIEDADE????? (intentádeo!!!!!)


Imos ver un vídeo que se fai a mesma pregunta a moitas persoas. Colle papel e boli, a ver se algunha das resposta que dan no vídeo se axusta á idea que ti tes da solidariedade...e despois do vídeo o compartimos:


O vídeo da moitas claves, pero, sobre todo, fai moitas preguntas que invitan á reflexión. Hoxe imos quedar con algunha, e mañá seguimos.

REFLEXIÓN: Podedes agora definir que é a solidariedade mellor que antes? Algunha das definicións se achega á idea que ti tes na cabeza? Cal? (escribimos no encerado as diferentes definicións, e construímos entre todos unha que se axuste ben)

PALABRA DE DEUS: E que di Xesús sobre a solidariedade? (Spoiler: imos dedicar o venres a facer unha reflexión sobre a forma en que aparece a solidariedade nos Evanxeos...pero cada día imos ir dando pistas,  a través da Palabra): “Amarás a Deus... e ao próximo como a  tí mesmo”( Lc 10, 27)


MARTES, 20 OUTUBRO 2020

Bo día!!!!

Imos continuar analizando o vídeo de onte...porque aporta moitas pistas sobre as que reflexionar entorno o valor da SOLIDARIEDADE (na miña opinión, algunhas con moi difícil resposta...pero a ver que opinades vós!!!!)

Imos ver algunhas  das opinións do vídeo, e responder preguntas que suscitan:

Estades de acordo? Solidariedade é “so” compartir? Compartir que???(diñeiro, tempo, posibilidades....???)

COMPARTIR O QUE A XENTE PRECISA OU O QUE A MIN ME SOBRA???? DEBERIAMOS REBAIXAR TODOS O NOSO NIVEL DE VIDA PARA TER TODOS O MESMO?

Estades de acordo con esta afirmación???? ENTÓN...SE EU NON SON SOLIDARIA, SON EGOÍSTA? SON EGOÍSTA SE POÑO POR DIANTE TER EU UN ALTO NIVEL DE VIDA, AÍNDA QUE HAXA PERSOAS Ó MEU REDOR QUE PASAN FAME?????

Cando son solidaria, ESPERO ALGO A CAMBIO???? Se a resposta é que non...ENTÓN POR QUE SER SOLIDARIOS?????CONSIGO ALGO CANDO SON SOLIDARIA???? (algo conseguirei...aínda que sexa ter a conciencia tranquila...e o que eu espero a cambio é a XUSTIZA SOCIAL)


Énchesenos a boca cando nos queixamos polo XUSTO-INXUSTO...pero canto nos importa realmente a xustiza?????impórtanos a xustiza so cando nos afecta a nós?????(non é iso EGOÍSMO?????

 


TODO O QUE SE POIDA...ASÍ EN MAIÚSCULAS...tan sinxelo, tan complicado...non se pide dalo todo...PERO HAI MOITO MÁS QUE PODEMOS DAR...E NON SO FALAMOS DE DIÑEIRO....

Porque a solidariedade, obviamente, require diñeiro...pero tamén é solidariedade moitas outras cousas. Solidariedade é un estilo de vida, é ter en conta os sentimentos da xente, e loitar porque ninguén sufra. É evitar facer cousas que fagan dano ós que me rodean. É posicionarme do lado dos que o necesitan, é non beneficiarme do traballo alleo...Ocórreseche algunha outra forma de ser solidario que non requira diñeiro?

PALABRA DE DEUS: E que máis di Xesús sobre a solidariedade? : “Vide, benditos do meu Pai; herdade o reino preparado para vós desde a creación do mundo. Porque tiven fame e déstesme para comer, tiven sede e déstesme de beber, estiven espido e vestístesme, estiven no cárcere e fostes verme... Asegúrovolo: Cada vez que o fixestes cun deses irmáns meus tan insignificantes fixéstelo comigo” ( Mt 25, 34-36. 40).

ORACIÓN:


MÉRCORES, 21 OUTUBRO 2020

Bo día!!!!!

Continuamos na semana da solidariedade. Realmente, é unha semana de solidariedade “teórica” xa que neste cole dedicamos moitas semanas á solidariedade de forma “práctica”, é dicir, a practicar a solidariedade. Nós chamámoslle “semanas grandes” ou “CAMPAÑAS” (pista para a pregunta que ven a continuación): SABERIADES DICIR QUE GRANDES CAMPAÑAS SOLIDARIAS APOIAMOS DENDE O COLE???? EN QUE CONSISTEN?




Repasamos xuntas estas grandes campañas solidarias do cole:

DOMUND: está fresquiña... SABERIADES DICIR QUE É O DOMUND?????

APADRIÑAMENTOS: sabedes que cos apadriñamentos temos un compromiso dende o cole....temos 3 rapaces apadriñados, e temos que manter o compromiso...máis que nunca precisan do diñeiro que aportamos....NON CREDES????

OPERACIÓN KILO: chegando ó Nadal, dende o cole recollemos alimentos que logo damos a comedores socias ou ó Banco de Alimentos, intentando axudar a cubrir unha das necesidades máis básicas que temos, a nutrición, das persoas que viven preto de nós.

DOMISAL: similar ó DOMUND, pero apoiamos campañas das misioneira salesianas

E agora unha pregunta máis importante....POR QUE DENDE O COLE NOS EMPEÑAMOS EN TRABALLAR ESTAS CAMPAÑAS????

PALABRA DE DEUS: continuamos vendo que di Xesús sobre a solidariedade: “Tratade aos demais como queredes que eles vos traten”. Lc 6,31

ORACIÓN: hoxe pedimos á Virxe que nos axude a ser máis solidarios e solidarias, que tratemos ós demais como queremos que nos traten a nós:



XOVES, 22 OUTUBRO 2020

Bo día!!!!!

Seguimos co noso repaso sobre a solidariedade. Hoxe queremos pararnos nese pequenos xestos dos que falabamos onte. Pensamos que son moi importantes as grandes aportacións, axudar a gran balanza da xustiza social, axudar que as persoas que viven en países máis empobrecidos poidan acadar as mesmas oportunidades ca nós.

Pero como falabamos onte, tamén é moi importante reflexionar (e darlle importancia) ós xestos solidarios que non implican diñeiro. Imos ver un vídeo que amosa algúns deses:


REFLEXIÓN: Cando foi a última vez que te solidarizaches con alguén? Unha das cualidades necesarias para a solidariedade é a EMPATÍA, sabedes por que? Lembrades a definición de “EMPATÍA”? Como imos nós de empatía?

PALABRA DE DEUS: hoxe nos centramos no que a Biblia di sobre a empatía: Romanos 12:15 “Se algún está alegre, alégrense con el; se algún está triste, acompáñeno na súa tristeza”

E unha imaxe final, para que resoe nos nosos corazóns a modo de oración:


VENRES, 23 OUTUBRO 2020

Bo día!!!!

O que vos traemos hoxe é unha reflexión sobre como vía Xesús a Solidariedade. Unha vez máis, pedímosvos que deixedes de lado os prexuózos, e lle deades unha oportinidade a este tema...que nos deixedes demostrarnos a razón pola que moitos somos cristiáns, e que é porque Xesús foi un adiantado para a súa época...e para a nosa. Un MODELO na loita da xustiza que tanto levamos falado esta semana.









ORACIÓN:




No hay comentarios:

Publicar un comentario