ESO-BBDD semana do 27 ó 30 ABRIL 2020


BBDD SOBRE OS  COIDADOS


LUNS, 27 ABRIL 2020

Axudar, dar, entregar, contribuir, alimentar, tender a man, escoitar, protexer, acudir ou abrazar. Todo isto supón un acto de valentía e xenerosidade,  porque custan, supoñen renuncias e sair en ocasións da zona de comfort.

Sen embargo, poucas veces pensamos que tamén aportan e en ocasións os beneficio é maior do que nos custa, pero este beneficio adoita estar oculto no noso interior e hai que procuralo para atopalo.

Coidar é aplicable a diferentes seres vivos: humanos, animais, prantas, etc.  Ao coidar, non importa a acción puntual, senón a actitude que mostras cara ese ser.
Incluso tamén podemos coidar obxectos (como a escola, a nosa tablet, ou a casa) e cuestións abstractas (os nosos valores, a fe….) e acostuma ser  sempre igual… ofrecémoslles tempo e dedicación para que estén protexidos e non se danen, corrompan ou empeoren.

PERO A QUEN TEÑO QUE DAR PRIORIDADE NOS COIDADOS?

Seguro que coñeces a frase “ámate primeiro a ti mesmo para despois amar aos demáis”. Algo similar acontece cando coidas dos demáis. É preciso que en primeiro lugar te sintas coidado por ti, para que despois teñas a capacidade de coidar a outro.

Non confundas amor propio con egoísmo. Non te sintas culpable. Os egoístas enchen a súa autoestima beneficiándose dos demáis. As persoas que teñen amor propio danse conta de que se primeiro se respectan a sí mesmos, despois seralles moito máis doado respectar aos demais. Coidar dos demais é coidar dun mesmo.

Cando coidas de alguen debes pensar na forma que a ti te gustaría que te coidasen. Se estiveses enfermo, que debería ter en conta o teu coidador? Se foses un neno, nena, de que forma te protexería tua nai ou pai? Cando chegues a vello, como te gustaría que se encargaran de ti os teus seres queridos?
Cuidar dos demais é unha das tarefas máis nobres às que podemos aspirar: coidar fainos útiles, constructores e valiosos fronte a nós mesmos e fronte aos demais. 





MARTES, 28 ABRIL 2020

HAI MAIS FELICIDADE EN DAR QUE EN RECIBIR

A Biblia mostra que está ben e que incluso é necesario, quererse a un(ha) mesmo/a. Amarse a un/ha mesmo/a inclúe coidarse, respectarse e ter autoestima. A Biblia rechaza o egoísmo e dalle ao amor propio o debido lugar. A quen deberíamos amar máis? Ainda que a Biblia non especifica que debemos amarnos a nós mesmos, o mandato de “amar ao teu próximo como a ti mismo” mostra que é normal e bo ter un grado razoable de amor e respecto por un mesmo.

Xesús amábase a si mesmo? Xesús demostrou que se quería a si mesmo a un grado razoable porque apartaba tempo para descansar, comer e gozar cos seus discípulos. Pero isto non contradi que estamos feitos para amar aos demais, porque como di este texto da Biblia (Hechos 20:35) :
 



MÉRCORES, 29 ABRIL 2020

POR QUE É IMPORTANTE O COIDADO MUTUO?

En primeiro lugar porque o coidado é a base da identidade humano, todos somos coidado e todos nos coidamos entre todos. Isto ten moito significado estes días que levamos de confinamento e nos que escoitamos unha e outra vez que temos que ser responsables nos nosos actos (non sair a rúa, lavar as mans, etc) para asi poder coidar de nós e dos demais. Somos seres bioloxicamente afectivos e amorosos, e ainda que estes días non poidamos reflexalo físicamente podemos demostrar eses coidados, afectos doutras formas: unha chamada, un sorriso virtual, un acto solidario (aplaudir todos os días as oito ou donar alimentos).

Se algo nos está a ensinar esta pandemia é que todas e todos “somos coidado” e que “xuntos” podemos sair disto. Outro aspecto que estamos a ver é a igualdade dos seres humanos ante o COVID-19. En canto a contaxio se refire, este está a afectar a todas as clases sociais, PERO non todos vivimos igual o confinamento. As diferenzas sociais están a ser moi visibles, miseria e pobreza voltan rexurdir e é por isto que precisamos unha vez mais sair da indeferenza e benestar dos nosos sofás (tan usados estes días) e pensar que agora, ou sobre todo, cando saiamos disto temos que arrimar o ombro.

Deixámosvos un video moi gracioso dunha das personaxes de Sesame StreeT dando recomendacións para sobrelevar o confinamento (pincha no link para velo):


Poderías dicir que hai que facer? Cales son os pasos ? Unha vez teñas a resposta envialla a Belén: belen.tizon@vigo.salesianas.org

Na oración propoñemos pensar no factor tempo, algo que tamén estamos a revalorar nesta situación de confinamento, ten o mesmo valor agora que antes desta situación?

Palabra de Deus ( Eclesiastés 3, 1-9): Todo ten o seu tempo e sazón, todas as tarefas baixo o sol: tempo de nacer, tempo de morrer; tempo de plantar, tempo de arrincar o plantado; tempo de matar e tempo de sanar; tempo de destruír e tempo de construír;  tempo de chorar e tempo de rir; tempo de facer duelo e tempo de bailar; tempo de arroxar pedras e tempo de recollelas; tempo de abrazar e tempo de desprenderse;  tempo de buscar e tempo de perder; tempo de gardar e tempo de refugar; tempo de rachar e tempo de coser; tempo de calar e tempo de falar; tempo de amar e tempo de odiar; tempo de guerra e tempo de paz. Palabra de Deus


ORACIÓN/REFLEXIÓN

AMAR É COIDAR. COIDAR É AMAR.
Na idea de amor non pode entrar o DESCOIDO. E empecemos por nós…. Propomos unha actividade agora que temos tempo para isolarnos polo menos cinco minutos:

    1. Fecha os ollos: para ver o teu interior, para descubrir todo o bo que temos, coñecernos e ofrecer a mellor versión de nós.

   2. Abre os ollos para ser consciente do que impide que coide, ame, protexa, escoite… aos demais e a min mesma e nos deixa lonxe de Deus pero tamén para ver a Deus en todo o que nos rodea, no afortunados que somos a pesar de estar confinados, temos casa, comida, roupa, auga quente e alguén que coida de nós.

     3. Fecha os ollos para ver no teu interior que seguramente hai momentos que a desesperación por estar pechados na casa, a falta de abrazos, bicos e contacto cos meus familiares, amigos….. me fan sentir frio PERO isto vai pasar en breve e todo voltará à normalidade, daquela dalle volta às ideas e pensa: grazas por esta oportunidade de facer o que antes non tiña tempo de facer, estar coa miña familia mais tempo do que acostumaba a pasar, …

E LEMBRA O QUE DI O PAPA FRANCISCO:



Invítovos a ver esta iniciativa de xente nova no blog Design for Change, na cal se propón un reto durante 21 días, trátase de "21 días de bondade" (pincha para ver de que vai no seguinte link): https://www.dfcspain.org/21-dias-de-bondad-una-invitacion-para-las-familias-en-tiempos-de-coronavirus/

Como sabedes,  din que é o cerebro necesita 21 días para instaurar unha rutina na miña vida...probamos?


XOVES, 30 ABRIL 2020

VALORAR OS COIDADOS DOS DEMAIS

Día a día vemos que a vida ten altos e baixos, dificultades e mudanzas sen previo aviso (quen contaba no mes de xaneiro cun confinamento a causa dunha pandemia?????), en tempos difíciles é cando nos damos conta da importancia de valorar apoios e coidados, é triste pero é asi, cando todo vai ben non reparamos na importancia das pequeñas cousas valiosísimas que enchen os nosos días.  Algo que estamos a aprender estes días é a valorar os coidados, acompañamento dos demais e ……o apoio, amor incondicional. Como mestre deste amor incondicional temos a Xesús.

En Jn4: 10 se nos di: “Nisto consiste o amor: non en que nós teñamos amado a Deus, senón en que El nos amou a nós”

Para rematar unha canción de Álvaro Fraile que nos anima a valorar a aquelas personas coas que contamos na nosa vida. 



Yo te ofrezco mi mano
 que sabe lo que necesitas
 echarte una mano 
y si caes te empuja hacia arriba 

Yo ofrezco mi mano 
que quiere lo que tú quieras 
cogerte la mano y llevarte 
al lugar donde sueñas 

Si no salen las cuentas 
te ofrezco mi mano 
para contar, CONTIGO 

Cuenta, conmigo 
cuenta conmigo 
cuenta, conmigo 
sin condiciones. 

Cuenta, conmigo 
cuenta conmigo 
cuenta, conmigo 
sin excepciones. 

Yo te ofrezco mi mano
que puede con lo que no puedas 
si somos más manos 
la carga será más ligera. 

Te ofrezco mi mano 
y si quieres hacemos un trato 
nos damos la mano así, 
sin pedir nada a cambio. 

Si no caes en la cuenta 
te ofrezco mi mano 
para caer,  CONTIGO. 

Cuenta, conmigo ……..(estribillo)

Manos, para transformar el mundo 
Manos, que se ofrecen y se dan 
Manos, pueden señalarte el rumbo 
Manos, para hacer más fácil el camino a los demás. 
Manos, que serán hoy su instrumento
 Manos, que reciben mucho más 
Manos, de los que estamos dispuestos 
Manos, que queremos levantar para gritar 
que puedes contar CONMIGO.

Cuenta...
































No hay comentarios:

Publicar un comentario