LUNS, 29 MAIO 2023
Bo día!!!!
Para esta semana nos BBDD traemos a reflexión sobre un valor importante: a HONESTIDADE.
A honestidade fai referencia a un conxunto de atributos
persoais, como a decencia, o pudor, a dignidade, a sinceridade, a xustiza, a
rectitude e a honradez na forma de ser e de actuar. É un valor que se manifesta
na relación con outras persoas, fundamental para unha boa convivencia.
Ao longo desta semana ímonos centrar nos seguintes aspectos da honestidade:
- HONESTIDADE NO TRABALLO (en relación a asumir os propios erros)
- SINCERIDADE (dicir a verdade...pero sempre?)
- HONESTIDADE/SINCERIDADE con nós mesmos/nos estudos
- CONFIANZA
Comezamos hoxe coa HONESTIDADE NO TRABALLO: que, entre outras cousas, supón recoñecer os erros e asumir a responsabilidade, e se trata de RECOÑECER OS ERROS, ASUMIR A RESPONSABILIDADE (RESPECTO AOS DEMAIS)
REFLEXIÓN: que farías ti nesta situación? Asumirías a responsabilidade do erro? ou deixarías que outros cargasen coa túa culpa?
Pode parecer que pouco gañamos cando somos honestos e asumimos (estamos rodeados de exemplos nos que persoas moi pouco honradas se forran...)...pero iso non é verdade: cando es honesto ou honesta, sempre te levas o valor
de facer o correcto, o saber que es boa xente, evitas o peso de conciencia por
ser sucio....e demostras aos demais que es unha persoa na que se pode confiar,
e iso sempre trae cousas positivas.
DON BOSCO E A HONESTIDADE: quizáis unha das frases de Don Bosco e máis coñecidas sexa a seguinte:
Nela resúmese o que Don Bosco quería para os sseus rapaces....vedes a importancia da HONESTIDADE?Rematamos cun recordo a MªAuxiliadora, que nos axude a ser mellores, máis honestos:
Mª Auxilio dos cristiáns....ROGA POR NÓS.
MARTES, 30 MAIO 2023
Bo día!!!!
Para hoxe traemos un pequeno vídeo, moi sinxelo, que fala sobre dicir a verdade. Pero ten un pouco de truco....nel hai algún erro, a ver se os pillades:
REFLEXIÓN: a estas alturas, non creo que ninguén estea en contra de dicir a verdade...non???
Entonces, que erros atopamos neste vídeo??? (COMPARTIMOS)
A este neno faltoulle pedir PERDÓN. Poque cando nos equivocamos debemos pedir desculpas...e que non nos dea este vídeo unha moralexa equivocada, o neno "gañou" a devolución do balón...pero non sempre recoñecer os erros nos vai dar algo a cambio (máis do que falam¡bamos onte, a conciencia tranquila, que iso o gañamos SEMPRE que obramos ben)
XESÚS E A HONESTIDADE:
MIÉRCOLES, 31 MAIO 2023
Bo día!!!!
Continuamos coa reflexión sobre a honestidade: ser honesto é dicir a verdade...aínda que dicir a verdade non nos licita para soltar todo o que se nos pase pola cabeza:
REFLEXIÓN: este vídeo ten varias lecturas. A primeira fala do directamente relacionado co tema desta semana (honestidade). Como diciamos ao principio, dicir a verdade forma parte da honestidade, e a sincerdidade é un valor que defenderemos sempre fronte a mentira. Agora ben, o que cada un pensa, as opinións e os xuízos e etiquetas que nós lles poñemos aos demáis, NON SON VERDADES ABSOLUTAS, así que, se non se pide opinión, ou non vai ser construtivo, mellor o gardamos para nós.
En canto á segunda idea que non queriamos deixar pasar está
relacionada coa GORDOFOBIA que parece que está máis de moda que nunca: todos
temos corpos diferentes, todos os corpos merecen o mesmo respecto, e todos son bonitos,
dependendo dos gustos. Se ti prefires un ou outro, é o teu problema, pero cada
un ten dereito a ser como é, sen ter que escoitar opinións ou comentarios
despectivos. NON APORTA, de verdade. E non es máis amiga ou amigo por
resaltalo, es peor, porque ese tipo de comentarios FAN DANO, e, como dixemos
antes, non son verdade, so a túa opinión. Así que, que cada un vista como lle
pete, mentres que non sexa ofensivo, e ESTEA ACORDE co contexto para o que se
viste (quedádevos con estas dúas normas....que ás veces non sei eu se o temos
claro)
Pedimos a Mª Auxiliadora que sexamos capaces de ser coherentes, e non fagamos aos demais o dano que non queremos para nós:
Mª Auxilio dos cristiáns....ROGA POR NÓS.
XOVES, 01 DE XUÑO 2023
Bo día....DE XUÑO!!!! comeza a conta atrás para as vacacións....MOITO ÁNIMO CO QUE QUEDA!!!!
Vexamos un novo vídeo, a ver sobre que aspecto da honestidade credes que nos quere falar o vídeo:
REFLEXIÓN: cando facemos trampas cos estudos... realmente, so nos estamos a enganar a nós mesmos; por exemplo, as persoas que copian nos exames...están a sacar un 6 en vez dun 5...chachi para ti, pero: orgulloso da túa nota, non podes estar, porque a nota non é realmente túa, e o importante, aínda que por máis que o digamos non o creades, é APRENDER....e iso non o estás a facer. Salvas o cu...pero pensa que esas lagoas do que non estás a aprender, poden ter consecuencias a longo prazo.
ORACIÓN: hoxe podemos poñer en mans de Mª Auxiliadora este mes de xuño, que posiblemente chegue cheo de exames, para que nos dea forzas para superalos de forma honesta, rezamos un Ave María:
Bo día!!!!!
Venres e xuño...poderiamos pedir algo mellor??? (bueno, igual que fose 21 de xuño😜...pero ese día vai chegar antes do que nos pensamos, xa veredes!)
Rematamos a semana con unha última reflexión: a honestidade
está moi relacionada coa CONFIANZA. Imos escoitar unha canción que fala de confianza. Escoitade con atención, e a ver que persoas das que vos rodean se vos veñen á cabeza:
DESCUBRIMOS DE QUE ESTAMOS FEITOS CANDO SOMOS CHAMADOS A
AXUDAR AOS NOSOS AMIGOS NA NECESIDADE.
E por último... sexamos nós tamén ese tipo de AMIGO (así,
con maiúsculas) dos que están ao carón nas boas, para pasalo ben, pero tamén
nas malas.
Apostemos por relacións de calidade, amizades HONESTAS, fondas, implicándonos e
axudando aos que o precisan, sen facer dano de forma innecesaria...FAGAMOS UNHA
SOCIEDADE MELLOR.A
NA BIBLIA SOBRE A AMIZADE:
Hoxe imos rematar pensando nese amigo ou amiga honesto que temos, e pedindo a María Auxiliadora que o manteña sempre ao noso carón:
Mª Auxilio dos cristiáns....ROGA POR NÓS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario