ESO-BBDD SEMANA DEL 13 AL 17 DE MARZO DEL 2023

 

LUNS 13 MARZO DO 2023


Bos días:

 

1-    QUE SIGNIFICA PARA CADA UN DE VÓS TER UNHA VIDA DE RICA/RICO? EN QUE CONSISTE?

(ANOTAR AS IDEAS)

 

2-    DAS IDEAS EXPOSTAS, FACEMOS A SEGUINTE ANÁLISE:

 

-       Dividir en materiais e/ou emocionais

-       Cales son indispensables para vivir no meu día a día

-       De cales podería prescindir?

-       Como podería conseguir ter esa vida?

-       Fanme feliz estas cousas?

 

DESPOIS DESTA ANÁLISE, ESCOITAMOS A CANCIÓN DE CAMILO:VIDA DE RICO

 

 


E CONTRASTAMOS CO QUE SE COMENTOU ARRIBA.






MARTES 14 MARZO  do 2023      



             

 


 

 

 

 

Onte decidistes a vida de ricas e ricos coa que soñades pero..... de verdade que credes que asi teriades unha vida feliz.... e sobre todo tranquila????

 

Pois parece ser que non.....hai un lema que di “menos é máis”.....que quererá dicir?

 

Esta frase díxoa un arquitecto alemán e inaugurou un novo estilo arquitectónico que se deu a coñecer como Minimalismo. El pretendía eliminar todos os elementos cargantes e sobrantes das obras de arte, deixar a obra o máis simple posible co fin de valorar a esencia da mesma.

 

Como podemos ligar isto à nosa vida diaria? ( chuvia de ideas)

 

O minimalismo é un estilo de vida que consiste en vivir gradualmente unha vida máis sinxela, liberándonos da presión do consumismo compulsivo e da carreira diaria por facer máis e máis. Significa “simplificar a nosa vida” e ao mesmo tempo desfrutar do que temos e dos pequenos praceres da vida.

 

REFLEXIÓN:

E nos lembra o Papa Francisco:  O discípulo está chamado a manter lonxe da sociedade os perigos, os xermes  corrosivos que contaminan a vida das persoas, dando testemuño dos valores de honestidade e fraternidade, sen ceder ao poder e a riqueza. É «sal» o discípulo que, a pesar dos fracasos diarios ―porque todos os temos―, levántase con coraxe e paciencia, cada día, para buscar o diálogo  e o encontro cos demais. É «sal» o discípulo que non busca continuamente o consentimento e eloxios, senón que se esforza por ser unha presenza humilde e construtiva, en fidelidade ás ensinanzas de Xesús.

 

A vida sinxela tamén vai de buscar as persoas verdadeiras e significativas para a nosa vida, buscar a quen de verdade nos quere ao seu lado e non arrimarnos a quen simplemente nos quere ao seu carón por interese.

 

 

 

A PALABRA: Mt 5 13-16

 En aquel tiempo, Jesús dijo a sus discípulos: "Vosotros sois la sal de la tierra. Si la sal se vuelve insípida, ¿con qué se le devolverá el sabor? Ya no sirve para nada y se tira a la calle para que la pise la gente.
Vosotros sois la luz del mundo. No se puede ocultar una ciudad construida en lo alto de un monte; y cuando se enciende una vela, no se esconde debajo de una olla, sino que se pone sobre un candelero, para que alumbre a todos los de la casa.
Que de igual manera brille la luz de ustedes ante los hombres, para que viendo las buenas obras que ustedes hacen, den gloria a su Padre, que está en los cielos''.

 

 

 

CANCIÓN: MACACO- QUIÉREME BIEN




MÉRCORES 15 MARZO do 2023

 

 



 

Debemos reflexionar sobre as nosas prioridades e considerar que se vivimos por riba das nosas necesidades, consumindo máis do que necesitamos. Este estilo de vida está a desencadear unha crise global e pon de manifiesto a insostibilidade económica e medioambiental do noso modelo de consumo.  E sobre todo a vida de tantas persoas que non teñen acceso ao máis necesario.

Se "os homes e mulleres son creados iguais", é totalmente inxusto que "moitos dos nosos irmáns e irmás da familia humana que se atopan nas marxes da sociedade", non poden ser deixados atrás no camiño cara unha vida máis digna.

 

 

 

REFLEXIÓN: O Papa Francisco lémbranos: “Todos podemos colaborar como instrumentos de Dios para el cuidado de la creación, cada uno desde su cultura, su experiencia, sus iniciativas y sus capacidades” e todos podemos adoptar estilos de vida máis sinxelos para protexer o noso medio ambiente. 




 

 XOVES 16 MARZO DO 2023

 

O minimalismo non significa vivir como un monxe recluído nun templo nin levar unha vida espartana(sobria, ríxida e sen ningún tipo de pracer)  pero si quere dicir desfacerse do superfluo, das actividades excesivas e da desorde. Ter un horario, organizar o tempo con obxectividade axúdannos a ter máis tempo para as actividades que nos fan máis felices e coas que disfrutamos. Enchernos de actividades ou ocupar o noso tempo con actividades baleiras, impide que non cheguemos a facer o que verdadeira nos gusta e nos sintamos frustradas e esgotadas. Por exemplo: pasar tempo infinito nas redes sociais podendo aproveitar para facer primeiro as prioridades e ter o resto do tempo do día para desfrutar do que verdadeiramente nos aporta.

 

EVANXEO:

 

  1. O sorriso da santidade (Amor aos inimigos. Mt 5,43-48). Xesús invitanos a non conformarnos con mediocridades… e iso como se fai? Pois sorrindo autenticamente ao que te mira mal, ao que te fai a cambadela (zancadilla), ao que che irrita, e este ao que más, ao que non se merece o teu sorriso.

 

CANCIÓN:

 


 

Sentar naquela pedra
Pensar na súa beleza
O mal o pasará
Militar na fortaleza
Aceptar a soidade
Que do mal o ‘malo será’



VENRES 17 MARZO DO 2023

 

O propio Papa Francisco nunha encíclica que publicou da unha serie de pautas para levar unha vida plena con nós e cos demais, o mais próximo ao que tradicionalmente se chamaría ser santos e santas, pero estamos falando de ser “santos e santas en vida”, actualmente:

 

  • Aguante, paciencia. Non debemos deixarnos levar pola ansiedade, nin deixarnos arrastrar pola violencia do noso mundo. Debemos ser humildes e non caer na tentación do éxito fácil, as posesións ou dominio sobre os demais.
  • Alegría e sentido do humor. O santo debe ser positivo e irradiar esperanza. Debemos compartir e repartir a alegría de sabernos fillas e fillos de Deus.
  • Audacia e fervor. Temos que ser misioneiros apaixonados, saír da nosa zona de confort e ir a anunciar o Evanxeo.
  • En comunidade, onde os membros cóidanse entre eles e convídanse a prestar atención aos detalles da vida fuxindo do individualismo.
  • En oración constante. Necesitamos comunicarnos con Deus. O silencio, a Palabra e os sacramentos serán os nosos aliados.

 

 

-San Xoan Bosco foi un deles, transmitía alegría, ledicia nas súas accións entre os mais novos e tamén durante os seus momentos de encontro, como os nosos bos días, e alí adoitaba dicir:






 ORACIÓN: MACACO- Yo me fui a ser feliz.


 

Con este video podemos rematar a modo de oración. Frases que axudan a reflexionar un pouco:

 

Ya no dormiré sin sueño, no quiero gente a mi alrededor
Con corazones de hierro

Yo me fui a ser feliz
No me esperen despiertos
No creo que vuelva a ser el que fui
Por que yo, me fui a ser feliz
Esperando vivir, otra vida viva por mi



No hay comentarios:

Publicar un comentario