LUNS, 24 OUTUBRO 2022
QUE É A ORDE? COMO AFECTA A DESORDE AFECTA AO
NOSO DÍA A DÍA?
A palabra ORDE significa colocar as cousas no
lugar que lles corresponden e ter unha boa disposición das cousas que temos.
Manter unha orde básica na nosa vida diaria é
fundamental para o bo desenvolvemento das nosas actividades. Todo na vida
require unha organización mínima, desde o tempo que empregamos para durmir ata
os detalles mais pequenos como o aseo diario, os deberes, estudar ou mesmo algo
tan simple como preparar o noso almorzo.
“Gustaríame que me axudaras a limpar a casa”,
esta frase moi típica na maioría das casas, é un exemplo claro da mala
concepción que se ten da necesidade de vivir nunha orde mínima e limpeza. Esta
frase indica que só piden axuda aquelas persoas que teñen a “responsabilidade”
de limpar. Non se trata de axudar.... trátase de cada persoa que vive nunha
casa participe e se responsabilidade das tarefas de limpeza e orde do fogar.
Unha habitación propia é un espazo de
independencia pero tamén un espello da nosa personalidade. Pero, moitas veces
convértese nunha fonte de conflito entre familias, pais, nais e fillas, fillos.
Coa orde non só nos referimos a ter os
obxectos materiais ordenados,senón que fagamos todo con coherencia. A orde afecta non só ao desorde do meu cuarto
ou do meu armario…(mellor non abrir non vaia ser que nos veña todo enriba!!!!)
senón a todo o que rodea a miña vida: o tempo, o tempo de estudo, a hixiene e
incluso à mente.
Algunhas das características inherentes ao
temo ORDE son:
A orde é un valor do ser humano e é a
base doutros valores
A orde é de gran axuda se queremos ter
máis tempo, ser máis efectivos, ter maior rendemento e conseguir os obxectivos
que nos propomos.
A orde apórtanos tranquilidade, confianza e
seguridade. Disminúe o número de disgustos e agobios que poidan xurdir no día a
día.
Axúdanos a ser máis felices.
Para rematar os BBDD hoxe … alguen pode contar
trucos estilo Marie Kondo para dobrar camisetas ou calcetíns??
A PALABRA- Deus tamén puxo a súa orde no mundo
a través da Creación:
Libro del Génesis 1-2
"1. En el principio creó Dios los cielos y
la tierra.
2. La tierra era caos y confusión y oscuridad por encima del abismo, y un
viento de Dios aleteaba por encima de las aguas.
3. Dijo Dios: «Haya luz», y hubo luz.
4.Vio Dios que la luz estaba bien, y apartó
Dios la luz de la oscuridad;
5. Y
llamó Dios a la luz «día», y a la oscuridad la llamó «noche». Y atardeció y
amaneció: día primero."
6. Dijo Dios: «Haya un firmamento por en
medio de las aguas, que las aparte unas de otras.»
7. E
hizo Dios el firmamento; y apartó las aguas de por debajo del firmamento, de
las aguas de por encima del firmamento. Y así fue." (Génesis,
1)
Hoxe, como día 24 que é, imos ter a oportunidade de escoitar aos nosos compañeiros de RadioBosco, que nos teñen preparado un programa moi especial.
MARTES, 25
OUTUBRO 2022
MANTER O MEU ESPAZO DE TRABALLO ORDENADO
Ter todos os obxectos que preciso enriba da
miña mesa organizados e só os esenciais. Non teñas folios, libros,
bolígrafos ou materiais similares amontoados ou tirados na mesa. Tampouco o
envase do iogur, a monda do plátano e prato coas migallas do bocata de hai tres
días.
Comeza e remata as tarefas. Moitas veces
empezamos moitas tareas sen rematar ningunha. Isto fai que nos frustremos ou
incluso adiemos o que temos que facer por aborrecemento.
Seguir unha coherencia no momento de realizar
as tareas. É importante que establezas unha orde lóxica e coherente coas
tarefas à realizar. Por exemplo, non tería sentido empezar tarefas que son para
dentro de quince días e deixar de repasar o exame que teño mañá.
Seguir as regras e as normas do colexio. Seguir
as normas de organización do cole é importante de cara a ter unha orde no día a
día do cole.
VÍDEO
A PALABRA
"Y llamó Dios al firmamento «cielos». Y
atardeció y amaneció: día segundo.
9. Dijo Dios: «Acumúlense las aguas de por
debajo del firmamento en un solo conjunto, y déjese ver lo seco»; y así fue.
10. Y llamó Dios a lo seco «tierra», y al
conjunto de las aguas lo llamó «mares»; y vio Dios que estaba bien.
11. Dijo Dios: «Produzca la tierra vegetación:
hierbas que den semillas y árboles frutales que den fruto, de su especie, con
su semilla dentro, sobre la tierra.» Y así fue.
12. La tierra produjo
vegetación: hierbas que dan semilla, por sus especies, y árboles que dan fruto
con la semilla dentro, por sus especies; y vio Dios que estaban bien." (Génesis,
1)
MÉRCORES, 26 OUTUBRO 2022
CALES SON OS BENEFICIOS DA ORDE?
A orde e a organización, tanto a nivel
profesional como persoal, é unha vantaxe. Mellor dito moitas......
▣ Aforra tempo, porque o acceso a
documentos e obxectos é más áxil e non se perden minutos (ou incluso horas) en
buscar e rebuscar o que está perdido. En consecuencia, Temos máis tempo
para disfrutar do ocio, amigos, familia, etc..
▣ Aforra espazo, porque cando ordenamos,
prescindimos do innecesario; somos conscientes do que temos e do que non usamos
para asi poder desfacernos diso.
▣ Fomenta o benestar e a autoestima,
porque un espazo ordenado e organizado fainos sentir ben e traballar con mellor
ánimo. Motrámonos menos ansiosas e ansiosos e reducimos niveis de stress. Maior
sensación de independencia e responsabilidade
▣ Evita accidentes, porque todo aquilo
que esté por medio ou que esté mal colocado pode provocar un percance.
▣ Optimizamos o noso rendemento: Acadamos mellores
resultados académicos. As decisións que tomamos son mais precisas e eficientes
▣ Facilita a hixiene, porque un espazo
desordenado non se pode limpar en condicións.
ATENCIÓN: Non se trata de volverse obsesionados e obsesionadas pola orde,
escravas da orde, senón que temos que empregar a orde como un fin na nosa vida,
algo práctico e non simplemente por estética, aínda que non hai dúbida que un
espazo ordenado transmite harmonía e beleza
A PALABRA
"Y atardeció y amaneció: día tercero.
14. Dijo Dios: «Haya luceros en el firmamento
celeste, para apartar el día de la noche, y valgan de señales para
solemnidades, días y años;
15. Y valgan de luceros en el firmamento
celeste para alumbrar sobre la tierra.» Y así fue.
16. Hizo Dios los dos luceros mayores; el
lucero grande para el dominio del día, y el lucero pequeño para el dominio de
la noche, y las estrellas;
17. Y
púsolos Dios en el firmamento celeste para alumbrar sobre la tierra, 18.y para
dominar en el día y en la noche, y para apartar la luz de la oscuridad; y vio
Dios que estaba bien." (Génesis,
1)
XOVES, 27 OUTUBRO 2022
QUE DI A DESORDE DA NOSA PERSONALIDADE??
En xeral, como xa dixemos, a desorde nos
espazos que habitamos é sinal de desorganización no noso mundo interior. Permanecer saturado de
obxectos, significa estar saturado de ideas e proxectos sen resolver. A desorde
lanza unha mensaxe clara de confusión interna. Esta realidade ten diferentes
significados, dependiendo do lugar onde se acumule:
Os obxectos amontoados en zonas que están na
entrada dunha casa significa un profundo temor a relacionarte con outras
personas.
Os amontoados na cociña ou os espazos onde se
preparan alimentos significa fraxilidade emocional y resentimento
Aqueles amontoados nos armarios significa
dificultade para analizar e controlar os sentimentos e emocións.
Os obxectos amontoados debaixo dos mobles
indica que somos moi dependentes da
opinión dos demais es dáse gran importancia ás aparencias.
Os amontoados detrás das portas son unha
expresión de medo a ser rexeitado polos demais sentirse vixiado.
Obxectos amontoados no escritorio medo,
frustración e necesidade de control sobre las situacións.
obxectos amontoados nos corredores
significa medo a expresarse, a dicir directamente xo que se desexa.
Aqueles amontoados na sala significa medo a
ser rexeitado pola sociedade.
Por último, los obxectos amontoados por
toda a casa significa que temos ira reprimida e que nos sentimos apáticos.
Con cales te identificas???
A PALABRA
"Y atardeció y amaneció: día cuarto.
20. Dijo Dios: «Bullan las aguas de animales
vivientes, y aves revoloteen sobre la tierra contra el firmamento celeste.»
21. Y creó Dios los grandes monstruos marinos y
todo animal viviente, los que serpean, de los que bullen las aguas por sus
especies, y todas las aves aladas por sus especies; y vio Dios que estaba bien;
22. Y bendíjolos Dios
diciendo: «sed fecundos y multiplicaos, y henchid las aguas en los mares, y las
aves crezcan en la tierra.»" (Génesis,
1)
VENRES, 28 OUTUBRO 2022
Din que varios dos grandes xenios foron
verdadeiros monumentos á desorde. O escritorio de Einstein, ou o de Mark Twain,
entre outros, eran un auténtico niño de arañas. Obxectos por todos os lados,
papeis revoltos, acumulación de lixo… En fin, todo caos … en aparencia. Non
obstante, ser desordenado non te converte nun xenio. Así como ser
excesivamente ordenado tampouco te fai mellor persoa. Os extremos nunca son
bos.
Podemos dicir entón que as persoas non
dividimos en ordenadas e desordenadas??? NOONNN, ou polo menos hai quen opina
así..... podemos estar de acordo ou non..
Cantas persoas coñeces que aseguran que son
desordenadas pero que localizan todo perfectamente dentro da desorde? Ou, por
outro lado, cantas persoas coñeces que son organizadas, que colocan todo de
forma meticulosa e sen embargo, tardan en conseguir encontrar as cousas?
Existe unha variante da desorde chamada
“desorde ordenada”. Aínda que aparentemente todo se atopa desordenado, a
persoa encargada deste sistema pode encontrar absolutamente calquera cousa sen
esforzarse en absoluto ou perder tempo. Sen embargo, si un terceiro intercede e
decide “organizalo todo”, serán incapaces de encontrar calquera cosa porque
verán a súa “orde alterada”.
Como conclusión final, podemos dicir que existen
moitos tipos de orde, tantas como persoas habitan no mundo.
Cada ser humano é diferente, con distintas
prioridades e modos de ver a vida, polo tanto o que funciona e é necesidade para
unha non implica, obrigatoriamente, que se acomode ao xeito de vivir doutros.
Polo que nunca está demais exercer a tolerancia e o respecto para
con aquelas persoas que “se organizan” dunha maneira distinta.
E lembra que nin a orde é sinónimo de limpeza,
nin a desorde é sinónimo de caos.
A PALABRA
"Y atardeció y amaneció: día quinto.
24. Dijo Dios: «Produzca la tierra animales
vivientes de cada especie: bestias, sierpes y alimañas terrestres de cada
especie.» Y así fue.
25. Hizo Dios las alimañas terrestres de cada
especie, y las bestias de cada especie, y toda sierpe del suelo de cada
especie: y vio Dios que estaba bien. 26.Y dijo Dios: «Hagamos al ser humano a
nuestra imagen, como semejanza nuestra, y manden en los peces del mar y en las
aves de los cielos, y en las bestias y en todas las alimañas terrestres, y en
todas las sierpes que serpean por la tierra." (Génesis, 1)
CANCIÓN E REFLEXIÓN
VIVIR CON ORDE É VIVIR AGORA.....
NO MOMENTO NON PENSAR NIN VIVIR
NO
PASADO OU FUTURO....
Living in the moment
Living my life
Easy and breezy
With peace in my mind
With peace in my heart
Peace in my soul
Wherever I’m going, I’m already home
I’m Living in the moment