LUNS , 07 FEBREIRO 2022
Bo día!!!!!
O tema dos BBDD desta semana é a SOLIDARIDADE....cantas veces vos parece que temos xa traballada a solidariedade?
A ver, que aínda nos queda camiño por facer no tema da
solidariedade clásica...pero non vai ser o que traballemos esta semana. Estes
días veremos unha SOLIDARIEDADE DIFERENTE:
A solidariedade é un valor persoal que supón a
capacidade que teñen os membros que pertencen a unha comunidade de actuar como
un todo. Isto prodúcese porque os membros comparten intereses e necesidades
entre si, grazas aos lazos sociais que lles unen. A definición de solidariedade
baséase no respecto e a empatía que nos conduce a comprender que o outro
necesita da nosa colaboración ou apoio. Percíbelo así?
Moitas veces cústanos ser SOLIDARIXS porque
nos falta RESPECTO, TOLERACIA e/ou
EMPATÍA.
PREGUNTA: QUEN DE VÓS SE CONSIDERA
INTOLERANTE???? (levantade a man)
Seguro que case ningún de vós levantou a man,
porque por sorte, a teoría a temos clara. Pero logo, no día a día, pode ser que
teñamos prexuízos, que teñamos actitudes (aínda que sexa sen mala intención, ou
por descoñecemento) que son IRRESPECTUOSAS, e que poden facer dano sen que o
saibamos.
MOI IMPORTANTE!!!! Para os BBDD desta semana
vai ser especialmente importante achegarse cunha ollada aberta, e pensar dúas
veces antes de falar e facer comentarios...SEREDES CAPACES?????
Para rematar os BBDD de hoxe imos ver un vídeo introdutorio do tema desta semana, imos comezar repasando un concepto moi básico, que seguro que xa todxs practicamos no noso día a día (OU NON?): é a EMPATÍA:
PALABRA DA BIBLIA: Hebreos 13:3
“Preocúpense polos irmáns que están no cárcere
e polos que foron maltratados. Pensen como sentirían vostedes se estivesen na
mesma situación.”
ORACIÓN: Hoxe imos rezar o Noso Pai, que é a
oración que nos recoñece a todos como irmáns e irmás, e merecedores da nosa
empatía:
MARTES, 08 FEBREIRO 2022
Bo día!!!!
Comezamos outro día co tema desta semana:
SOLIDARIEDADE DIFERENTE.
Como vos diciamos onte, para poder ser solidarios, temos que ser EMPÁTICOS, e ser empáticos nos obriga a pasar por riba dos PREXUÍZOS. Lembramos que son os prexuízos: Opinións preconcibidas, xeralmente negativas, cara a algo ou alguén....
Considerades que vós tendes prexuízos? Que prexuízos tendes?
Agora imos ver un vídeo que porá a proba os nosos prexuízos... lembrade o que dixemos onte (e o imos repetir todos os días...) para os BBDD desta semana é especialmente necesario PENSAR ANTES DE FALAR, e respectar por riba de todo.
REFLEXIÓN: que pensariades de Álex e Mari Carme se os cruzades pola rúa? Algunha vez nos puxemos no lugar das persoas que teñen algunha discapacidade e pensamos na dificultade que teñen para ter parella? A barreira que algunhas discapacidades poden ser para a xente? Seriades fortes suficiente para facer como Mari Carme e pasar do “que dirán”?
!!!Os prexuízos fan dano. A ninguén nos gusta
que nos etiqueten, que pensen cousas de nós sen coñecernos. NON É NADA XUSTO.
PALABRA DE XESÚS: hoxe, máis cas palabras de
Xesús, traemos feitos, porque, como sabemos, as cousas máis importantes Xesús
nolas ensinou con feitos. E hai moitísimos exemplos de Xesús no Novo Testamento
onde amosa que El estaba por riba dos prexuízos: Xesús achegouse ós leprosos,
pediu a un recadador de impostos (Zaqueo) que o levase a cear á súa casa, pide
a unha samaritana que lle dea de beber (os samaritanos estaban moi mal vistos
daquela), e pon a outro samaritano de exemplo de bo comportamento, na parábola
do fillo pródigo (toda esta parábola, por certo, é exemplo de evitar prexuízos,
de non dar por sentado quen vai facer ben as cousas e quen as vai facer mal) Di
o Papa Francisco: “Xesús non ten medo. Xesús cando ve unha persoa vai adiante
porque ama, ámanos a todos, non pasa de longo xamais ante unha persoa por
prexuízos."
ORACIÓN: Xesús, limpa a miña mirada para que
non quede co exterior, para que non me poidan os prexuízos. Axúdame a entender
que o único camiño é o camiño do amor. AMÉN
MÉRCORES,09 FEBREIRO 2022
Bo día!!!
No noso camiño desta semana sobra SOLIDARIEDADE DIFERENTE,
hoxe imos traballar outro tipos de solidariedade: SORORIDADE: ou solidariedade
entre mulleres. Por desgracia, xa temos bastantes obstáculos no camiño, polo
feito de ser mulleres, como para que nós mesmas sexamos as nosas peores
inimigas. Aínda é habitual escoitar a mulleres falando mal do colectivo
feminino:
“É que as mulleres somos máis retorcidas cos homes”... ou
outras moitas do estilo
Estes comentarios están horribles escoitados de homes ou de
mulleres, son tópicos, prexuízos e xeralizacións...pero dicilo as mulleres de
nós mesmas...non ten ningún sentido.
No seguinte vídeo vannos explicar o termo, vannos dicir de onde ven, a necesidade de aplicalo, e outras moitas cousas, estade ben atentxs, que non ten desperdicio:
A sororidade é un valor a ter moi en conta...pero nós
soñamos co día no que non faga falta, o día en que dea igual que sexamos homes
ou mulleres, que non haxa diferencias, que ser persoa estea por riba de todo.
PALABRA DE XESÚS: nunha época no que ser muller era ser de
segunda (ou de terceira) Xesús foi un claro defensor da muller. Moitas pasaxes
da Biblia amosan como Xesús dignifica á muller, como as trata como iguais. O
seguinte é un claro exemplo:
Naquel tempo, entrou Xesús nunha aldea, e unha muller
chamada Marta recibiuno na súa casa. Esta tiña unha irmá chamada María, que,
sentada aos pés do Señor, escoitaba a súa palabra. E Marta multiplicábase para
dar abasto co servizo; ata que se parou e dixo: "Señor, non che importa
que a miña irmá deixoume soa co servizo? Dille que me bote unha man." Pero
o Señor contestoulle: "Marta, Marta, andas inquieta e nerviosa con tantas
cousas; só unha é necesaria. María escolleu a parte mellor, e non lla
quitarán."
(Mini explicación: dúas irmás, unha preocupada da casa, de
servir a Xesús. A outra, escoita a Xesús como unha máis. Xesús prefire a
actitude da segunda ca da primeira...REVOLUCIONARIO!)
XOVES, 10 FEBREIRO 2022
Bo día!!!!
Seguimos no noso camiño da SOLIDARIDADE DIFERENTE,
recollendo algunhas das ideas das que falabamos onte. Pero imos comezar cun
VEXO, PENSO, PREGÚNTOME, así que sacade un papel para apuntar as ideas, que
compartiremos despois.
!!!!como levamos dicindo esta semana, hai que ter moito coidado co que opinamos, e seguir a máxima:
REFLEXIÓN: Compartimos o Vexo, Penso, Pregúntome:
-
Que VIMOS nas imaxes (neste caso é moi
importante reflexionar se miramos cos ollos, ou aplicamos algún “filtro de
prexuízos”, se puxemos so o que vemos ou tamén algunha opinión)
-
Que PENSAMOS destas imaxes?
-
Que PREGUNTAS nos xorden cando as miramos?
As imaxes pretenden que reflexionemos sobre os PREXUÍZOS E
ESTEREOTIPOS DE XÉNERO. Este tema é moi importante para nós: escapamos dunha
sociedade que nos clasifica, que nos pon etiquetas, que nos di como temos que
ser, que nos ten que gustar, como temos que vestir (por ser nenos ou
nenas)...en fin, que non nos deixa ser LIBRES.
Pero é difícil...porque temos eses prexuízos moi arraigados.
Di Harry Stiles nunha entrevista que a roupa que usa non a
separa por xéneros, se non por como lle fai sentir cando as utiliza. “E é que
cando comezas a debullar o por que das cousas, as respostas non apoian as
regras. Aquilo de pezas de muller ou de home cada vez está máis desfasado. A liberdade de diluír a linea que separa os xéneros por estética,
cortes e cores faiche crecer a moitos niveis.”
PALABRA DE XESÚS: Mateo 7:1: 7
“NON xulguedes, para que non sexades xulgados.”
(non teñades prexuízos, se non queredes que se teñan
prexuízos contra vós. Non poñades etiquetas, se non queredes que vos poñan
etiquetas. Non vos deixedes levar polos estereotipos, se non queredes que vos
esterotipen...)
ORACIÓN:
Ser libre é asumir o risco de equivocarse
e aceptar con humildade o erro.
Ser libre é liberarse das modas,
dos prexuízos, das etiquetas e dos estereotipos
e ser da forma que nos faga máis felices.
Xesús dame forzas para superar o “que dirán”
E axuda ós intolerantes a superar as súas limitacións.
AMÉN
VENRES, 11 DE FEBREIRO 2022
Bo día!!!!
Hoxe é un día especial, é o Día da Muller e a Nena na Ciencia.
REFLEXIÓN: isto é xusto o que temos que cambiar, a mentalidade das persoas, dos máis pequenos. As nenas non poden plantexarse ser enxeñeiras porque na súa cabeza non o conciben como un traballo para elas, e por iso traballamos o Día da Muller e a Nena na ciencia.
Agora propoñémosvos un pequeno xogo, unha sopa de letras
para lembrar ás mulleres pioneiras na ciencia que traballamos o ano pasado
(poñemos un pequeno resumo do que fixeron para que nos sexa máis doado:
1.
Esta química sintetizó por primera vez el Kevlar®.
2.
Esta sismóloga determinó que el núcleo terrestre
posee una parte sólida en el interior del núcleo líquido.
3.
Esta médica creó un método utilizado en todo el
mundo para evaluar la salud de los recién nacidos.
4.
Esta paleontóloga identificó correctamente el
primer esqueleto de ictiosauro.
5.
Esta naturalista viajó por todo el mundo
dibujando especies vegetales.
6.
Ella fue una de las pioneras españolas en
química.
7.
Esta física fue directora del Observatorio
meteorológico de Igeldo.
8.
Ella diseccionaba cadáveres, preparándolos para
clases de anatomía.
9.
Esta cartógrafa y geóloga creó el primer mapa
científico del suelo oceánico.
10.
Esta física formó parte del equipo que descubrió
la fisión nuclear.
ORACIÓN:
Pedímosche, Pai Bo, por todos nós,
homes ou mulleres;
que nos saibamos comprender, valorar e axudar mutuamente,
para que na relación, amable e positiva,
colaboremos xuntos ao servizo da ciencia e da vida.
AMÉN
No hay comentarios:
Publicar un comentario