ESO-BBDD semana do 06 ó 09 ABRIL 2021

MARTES, 06 ABRIL 2021

Bo día!!!!!!!

Que tal vos sentou esta semana de vacacións? Descansastes??? Cargastes pilas??? Pois agora con ánimo para a recta final, que en canto nos deamos de conta, estamos na praia!!!!

Retomamos os BBDD despois dunha coresma/corentena intensa, e unha Semana Santa reparadora, coa Pascua. Pero, en que consiste a Pascua?


Imos ver un vídeo onde a “nosa amiga” Paola Pablo, a youtuber cristiá.



REFLEXIÓN: Entendemos o vídeo? Repasemos as ideas importantes:

PASCUA é tempo de CONVERSIÓN: unha nova oportunidade de “renacer”, de mellorar, de dar un paso adiante e buscar a mellor versión de nós mesmos. A CONVERSIÓN trabállase diariamente, cada decisión que tomamos (o que facemos, o que dicimos, como tratamos ós que nos arrodean) son un  paso cara unha vida mellor. Pensa...EN QUE TE QUERES CONVERTER? (se poideras elixir...que clase de persoa gustaríache ser?)

Igual é unha metáfora difícil para vós, pero estamos cheos de “CRUCES”, de cousas que nos fan dano: ás veces estamos escondidos, non deixamos que os demais nos coñezan tal e como somos (representamos un papel), temos medos, angustias, tristezas... a Pascua invítanos a cambiar, a abrirnos e atopar axuda. Pensa...QUE CRUCES TE LASTRAN? (que cousas che gustaría deixar atrás?)

Os valores que nos trae a Pascua son a ALEGRÍA, o AMOR, a VIDA, a ESPERANZA, a VALENTÍA. Ó longo desta semana traballaremos nestes valores.

PALABRA DE XESÚS (Xn 3:16)

Porque tanto amou Deus ao mundo que deu ao seu Fillo  unixénito, para que todo o que cre nel non se perda, senón que teña vida eterna.

ORACIÓN:



MÉRCORES, 07 ABRIL 2021

Bo día!!!!!!

Continuamos coa Pascua. Como víamos onte, a Pascua é un tempo de ESPERANZA.

Imos ler un conto sobre a esperanza...a ver que ideas podemos quitar del:


"O sol desapareceu por completo do ceo. Empezou a chover con tanta forza, con tanta forza choveu, que a auga asolagou e arrasou por completo a Terra.

Escoitouse un ruído  atronador e os animais, as persoas e todo tipo de aveños, apareceron nuns minutos flotando pola auga, facendo que na terra reinase un verdadeiro caos.

Pero houbo algo que sobreviviu a tanta desgraza e calamidade: a esperanza.

A ESPERANZA foi a única que non se deixou vencer pola desolación, e empezou a buscar a maneira de saír de alí con vida.

Díxolles ás persoas que se agarrasen a taboleiros e ramas das árbores e gritoulles, animándoas, para que sacasen as forzas que xa non tiñan.

- Aquí, vide aquí!  - motivaba e indicaba levándoas aos lugares máis seguros.

No medio da tristeza e a desolación, a esperanza chamou á SOLIDARIEDADE, que coidou dos nenos perdidos, anciáns e animais  desvalidos.

Máis adiante, apareceu a EXPERIENCIA e, como non era a primeira vez que vivía algo tan duro, soubo indicar a todos o que debían facer, e onde debían dirixirse para poñerse a salvo.

Aos poucos, a solidariedade e a experiencia foron vencendo ao caos e a desolación, e aínda que todos estaban moi tristes, lograron albiscar un raio de sol grazas á ESPERANZA."

REFLEXIÓN: moitas veces vemos as cousas moi escuras, pensamos que non imos ser capaces de facer algunhas cousas, de saír de momentos de tristura, que ó que nos afrontamos vai saír mal...recoñecédesvos nestes momentos? Que pensades neses momentos? É importante que cando nos pase, nos aferremos á ESPERANZA, confiemos en que sempre sempre hai unha saída. E se nos custa, acudamos á solidariedade, é dicir, que compartamos con outros o que nos pasa para que nos axuden. E esas persoas, con máis experiencia, nos guiarán á esperanza.

PALABRA DE DEUS: os crentes temos sorte, unha vez máis, xa que confiamos en Xesús, e El é o camiño á nosa ESPERANZA (Romanos 5:5):

“E esta esperanza non nos defrauda, porque Deus derramou o seu amor no noso corazón polo Espírito Santo que nos deu.”

ORACIÓN:



XOVES, 08 ABRIL 2021

Bo día!!!!!!

Hoxe imos falar sobre un valor moi importante na vida, deses que teñen un nome un pouco feo, que non se entende moi ben: o SERVIZO. Se eu vos digo que deberiades vivir en actitude de servizo, moitos pensaredes “eu non teño que servir a ninguén, eu non son un criado”. Pero é que o servizo hai que entendelo ben. Eu penso que o SERVIZO é vivir intentando axudar ós demais no que se poida, é “tirar do carro”, é CORRESPONSABILIDADE.

Vexamos un vídeo:


REFLEXIÓN: aínda que no servizo non deberiamos pensar en sacar algo a cambio, este vídeo presenta o que “gañamos” cando temos esa actitude cara os demais: EMOCIÓNS, SENTIMENTOS. E ti, en que clase de mundo queres vivir? Nun mundo egoísta ou xeneroso? E ti, como queres vivir? Pasando de todo ou implicándote?

PALABRA DE XESÚS: hoxe, máis ca unha Palabra, traemos un exemplo de servizo. Xesús, fillo de Deus, deixou moi claro que viña a servir, e cerca do momento da súa morte, explicoullo ós seus discípulos...sabedes que fixo?

 


Con este xesto Xesús quixo demostrar que estaba disposto a servir, a axudar de calquera forma... se foi unha actitude válida para o Fillo de Deus...non deberiamos todos facelo así?

ORACIÓN:

Quero servirte nos demais, Señor.

Quero entregar a miña vida

e o mellor de min,

para o servizo aos que me rodean.

Móstrame os camiños da solidariedade.

Lévame pola pegada da compaixón.

Condúceme ao horizonte do amor eficaz.

Quero seguir o teu exemplo,

ser capaz de dar todo polos outros.

Amén

 

VENRES, 09 ABRIL 2021

 Bo día!!!!!!

Rematamos a semana co último dos valores da Pascua. Para hoxe deixamos un valor que, ademais, é moi salesiano...a ALEGRÍA. Sóavos a frase “A santidade consiste en estar sempre alegres”? De quen é esta frase? Efectivamente, de Don Bosco. Pero outras moitas celebridades reflexionaron sobre a alegría. 


Imos facer a reflexión de hoxe a través de minireflexiones destas frases:

💖- “Atopa un lugar no teu interior onde haxa alegría e a alegría queimará a dor.” (Joseph  Campbell) 


MINIRREFLEXIÓN 1: A vida é unha serie de momentos tristes e alegres que se suceden nun ciclo sen fin. Sempre que a dor achégasenos a nosa única salvación é buscar lugares de beleza, alegría e paz. Onde hai alegría, as nosas almas poden sandar.....Cando estás triste es capaz de buscar a alegría?


💖- “Atopa alegría en todo o que decidas facer. Cada traballo, relación e fogar. É a túa responsabilidade querelo ou cambialo.”  (Chuck  Palahniuk)


MINIRREFLEXIÓN 2: Ademais das posibilidades que nos dá ou non a vida, somos responsables de nosas propias eleccións. Se queremos unha vida de alegría, temos que tomar as decisións que nos poden levar alí. Necesitamos estar entusiasmados cos nosos traballos ou relacións, pola contra non poderemos sentir a alegría de vivir. Entendes que a alegría é tamén unha actitude? Esfórzaste en procurar a alegría?


💖- “Hai quen dá con alegría e esa alegría é a súa recompensa.” (Khalil  Gibran)

 

MINIRREFLEXIÓN 3: esta era xusto a moralexa dos BBDD de onte...a alegría de “darse”, de servir ós demais. Ti sénteste reconfortado, alegre cando axudas ós demais?

 

💖- “Alégrense sempre no Señor. Insisto: Alégrense!” (Filipenses 4:4)


MINIRREFLEXIÓN 4: isto é o que nos di a Biblia sobre a alegría, pasaxe de cabeceira, como diciamos ó principio, de Don Bosco. A nosa ALEGRÍA é o camiño para facer un MUNDO MELLOR, se nós estamos alegres, contaxiamos, e a vida é moito máis facil se todo o mundo está de bo humor....e ti? En que mundo queres vivir???? Nun que mande o bo humor, o bo rollo, ou nun no que estea todo o mundo enfadado, molesto, irascible????? Pois pensa que este cambi de actitude comeza contigo...con CADA UN DE NÓS!!!!!!

ORACIÓN:



No hay comentarios:

Publicar un comentario