LUNS, 28 SETEMBRO 2020
Bos días!!!!!
Despois da Xornada de Orientación
do venres, xa damos por comezado o curso “de verdade”. Estas semanas de inicio
as dedicamos a reflexionar sobre como nos sentimos estes últimos meses, e a
habituarnos a esta volta ó cole “especial”.
O que traemos para esta semana
son uns BBDD ós que lle tiñamos moitas ganas...imos pasar toda a semana
traballando unha canción. Sabedes cal????
Imos poñela, esperando que vos
guste tanto coma a nós, e invitándovos a cantala con ganas, que non hai mellor
forma de empezar a mañá, e a semana, que cantando!!!!
Sabedes por que nos gusta esta canción? Porque está chea de frases importantes. Amosa valores que non debemos perder de vista, e que, se temos en conta, van facer que a nosa vida sexa moitísimo mellor.
O que imos facer esta semana é
reflexionar sobre eses valores. Igual nos deixamos algunha das vosas frases
favoritas atrás...non vos preocupedes, se vos gustan estes BBDD podedes
dicirllo ó titor ou titora, e máis adiante faremos a segunda parte!!!!
O primeiro valor que imos ver está relacionado coa frase:
“SI AL HABLAR NO HAS DE AGRADAR...TE SERÁ MEJOR
CALLAR”
REFLEXIÓN: Que pensades que quere
dicir???? Cumprídelo na vosa vida????
Esta frase fala de dicir cousas
que poden facer dano ós que nos rodean. Pensade que moitas veces non é
necesario dicir todo o que pensamos... e vós diredes “PERO SE É VERDADE!!!!” pode
ser que sexa verdade, non vos estamos a dicir que mintades, so vos dicimos que
pensedes se é imprescindible dicilo, e o efecto que vai ter na persoa que
escoita... SE O QUE VAS DICIR NON É AGRADABLE...MELLOR NON O DIGAS!!!!
PALABRA DE DEUS: E que di Xesús
sobre isto?
“¡Sodes irmáns! ¿Por que
pelexades un co outro?”... porque lembrade que as malas palabras, os insultos...tamén
son formas de violencia.
Utilizando unha frase da canción,
podemos repetir xuntos: Xesús: “QUIERO SER COMO TÚ”
ORACIÓN:
Bos días!!!!
Continuamos coa semana da canción
“De ellos aprendí”.
E que valor imos traballar hoxe?
Lede as seguintes frases da canción e a ver se sabedes que teñen en común, e a
onde queremos chegar...
“LA BELLEZA ESTÁ EN EL INTERIOR”
“LAS VIRTUDES A VECES ESTÁN BAJO
LA SUPERFICIE”
Comezamos a reflexionar mirando
as seguintes imaxes (comentamos xuntas que nos queren dicir)
REFLEXIÓN: Estas frases falan do que de verdade importa...canto nos deixamos levar polas aparencias? Que é máis importante, ser guapo ou ser boa xente? En que nos fixamos á hora de xulgar ás persoas: no interior ou no exterior? E para buscar mozo ou moza?
A estas alturas, pensamos que é
máis que obvio...importa máis a nosa forma de ser, os nosos sentimentos, os
nosos valores que a nosa aparencia, a nosa roupa...así que á hora de xulgar a
alguén, non te fíes do de fora, e toma o teu tempo en coñecela de verdade!!!!!
PALABRA DE DEUS: E que di a
Biblia sobre isto? 1 Samuel 16:7
“Non mires á súa aparencia,
nin ao alto da súa estatura, porque o refuguei; pois Deus ve non como o home
ve, pois o home mira a aparencia exterior, pero o SEÑOR mira o corazón.”
Utilizando unha frase da canción,
podemos repetir xuntos: Xesús: “QUIERO SER COMO TÚ”
ORACIÓN:
MÉRCORES, 30 SETEMBRO 2020
Bo Día!!!!
Imos, un día máis, cos valores da
canción “De ellos aprendí”.(se vos apetece volver a escoitala...pedide ó profe
que vola volva poñer!!!!)
As frases de hoxe son as seguinte (lelas con atención, a ver se as entendes ben e intenta adiviñar de que imos falar)
- HAY UNA LÁGRIMA POR CADA RISA.
- CADA DÍA DE LLUVIA TIENE SU ARCO IRIS.
- LA VIDA NO ES PERFECTA PARA SER MARAVILLOSA.
- LLORAR ME TRANQUILIZA LOS PROBLEMAS DE LA VIDA.
- HAKUNA MATATA!!!!!(outra vez)
REFLEXIÓN: que che din estas
frases? Enténdelas? Estás de acordo?
Hai unha lágrima por cada risa...porque a vida está chea de cousas boas e malas, por probabilidade, na vida tocaranos rir e chorar...pero cada día de choiva ten o seu arco da vella...non te deixes levar polos malos sentimentos, e intenta buscar o arco da vella, intenta buscar o bo en todas as situacións da vida, porque a vida non deixa de ser perfecta aínda que non sexa marabillosa...lembrade que, aínda que estas frases e a canción sexan moi chulas, non vivimos nunha película de Disney!!!!!
Chorar tranquiliza os meus
problemas...é importante aprender a xestionar as emocións, chorar non é malo
(de feito, é bo, desafoga un montón), pero non esquezas contar á túa familia,
ou os profes, os teus problemas, o que che preocupa, e por que non te sentes
ben. Descubrirás que cando compartes os teus problemas, fanse máis pequenos!!!!
E, por último...HAKUNA
MATATA!!!!!
PALABRA DE DEUS: E que di A Biblia
sobre isto? Proverbios 12:25
“A ansiedade no corazón do home
deprímeo, mais a boa palabra alégrao.”
Utilizando unha frase da canción,
podemos repetir xuntos: Xesús: “QUIERO SER COMO TÚ”
ORACIÓN:
XOVES, 01 OUTUBRO 2020
Bos días!!!
Que frases repasaremos hoxe? Lelas atentamente, a ver que teñen en común, e que poden querer dicir:
- “AFÉRRATE A AQUELLO QUE TE HACE DIFERENTE"
- “TU IDENTIDAD ES TU POSESIÓN MÁS VALIOSA, PROTÉGELA A TODA COSTA”
- “RECUERDA SIEMPRE QUIEN ERES Y YA ESTÁ"
-" DEBO DEJAR DE SER ALGO QUE NO SOY”
Imos ver un vídeo que explica moi
ben o concepto de identidade, e do valor das nosas diferentes capacidades...
REFLEXIÓN: aférrate a aquilo que che fai diferente...porque non todos somos iguais, nin temos por que selo!!!(imaxina que mundo tan aburrido sería...)
A túa identidade é a túa posesión
máis valiosa, protéxela a toda costa... porque a túa identidade é o que fai que
ti sexas ti, única e especial, por iso recorda sempre que es e xa está...non
deixes que ninguén che diga o que che ten que gustar, ou que se che da ben. E,
por riba de todo...debo deixar de ser algo que non son...non finxas que che
gustan outras cousas, para caer mellor, ou porque está mellor visto. A xente
que nos quere de verdade, respecta as nosas frikadas!!!
PALABRA DE DEUS: E que di Xesús
sobre isto? (Mateo 22:39)
“E o segundo (mandamento) é semellante a este: amarás ao teu próximo como a ti mesmo”...e non podes
querer ós demais se non sabes valorarte a ti mesmo!!!!
Utilizando unha frase da canción, podemos
repetir xuntos: Xesús: “QUIERO SER COMO TÚ”
ORACIÓN:
Bos días de venres!!!! Contentos de
rematar outra semana???
Nestes últimos Bos Días da semana
de “De ellos aprendí” tócavos traballar a vós. Queremos que reflexionedes sobre
as frase que vimos durante a semana. Imos volver a escoitar a canción, e
pedímosvos que vos quededes coa frase
que máis vos guste, que sexa máis significativa para vós, que conecte mellor
cos vosos sentimentos ou pensamentos. Escribídea na portada da axenda, para
lembrala durante todo o curso (non moi grande, porque pretendemos facer este
exercicio máis veces ó longo do curso, e teñen que coller todas) e, cando
remate a canción, a quen lle apeteza pode compartir cos compañeiros a frase elixida,
e a razón de tela elixido.
Non queremos rematar estes BBDD sen resaltar unha última frase da canción:
“ESCUCHA A TU CORAZÓN Y LO
ENTENDERÁS”...fala do corazón...igual que o noso lema deste curso!!!! Vedes o
importante que é escoitar ó noso corazón, e logo poñelo en todas as cousas que
facemos????
PALABRA DE DEUS: E que di Xesús
sobre isto? (Mateo 6:21)
Cada un debe dar segundo o que decidise no seu corazón, non de mala
gana nin por obrigación, porque Deus ama ao que dá con alegría.
Utilizando unha frase da canción,
podemos repetir xuntos: Xesús: “QUIERO SER COMO TÚ”
ORACIÓN:
No hay comentarios:
Publicar un comentario