ESO-BBDD semana do 25 ó 29 MAIO 2020-GRATITUDE

Bos días a todos e todas!!! e benvidos á semana da GRATITUDE!!!! como vimos facendo nestes últimos tempos, os BBDD veñen estruturados dunha forma diferente...estudando o tema en diferentes partes...esperemos que defrutedes léndoos tanto coma nós preparándoos!!!
Imos aló:

PARTE 1: Ser agradecido cambiarache a forma de ver a vida

“Anda como se bicaras a Terra cos teus pés” – Thích Nhất Hạnh



A gratitude conduce á grandeza. Pode, literalmente, converter o que tes en máis que suficiente, o traballo en alegría, o caos en orde, a incertidume en claridade.




É traer a paz a un día que, doutra maneira, sería caótico. 



E cal é a maneira máis fácil de ser agradecido? Pois simplemente agradecer. Recoñecer que as cousas boas que hai na túa vida son a esencia da túa felicidade.



Vexamos estes 10 principios da gratitude (e como te poden afectar)




1. Canto máis agradecido sexas, máis cousas atraerás para agradecer

- Sé agradecido polo que tes e terminarás tendo máis.
- Concéntrate no que non tes, e nunca terás suficiente.



2. Ser feliz non sempre te fará agradecido, pero ser agradecido sempre te fará feliz
- É case imposible apreciar un momento e arrequichar o bico á vez..
- Ser feliz neste momento non significa que desexas máis, significa que estás agradecido polo que tes e polo que está por vir.

3. A gratitude fomenta o verdadeiro perdón, que é o único co que podes dicir sinceramente “Grazas por esa experiencia”
- Non ten sentido condenar ou arrepentirse dunha lección de vida importante.
- A gratitude dálle sentido ao pasado, trae paz no presente, e crea unha visión positiva para o futuro.

4. Nunca necesitarás máis do que se che deu
- Din que dar as grazas é a mellor forma de orar. En lugar de orar polas cousas, dá grazas polo que xa tes.
- Cando a vida che dá razóns para ser negativo pensa nunha razón para ser positivo. Sempre hai algo que agradecer.

5. A gratitude inclúeo todo
- Os días bos danche felicidade e os días malos danche leccións. Ambos os dous son necesarios.
- Todas as cousas fixeron que avances, debes incluílas a todas na túa gratitude. E isto é especialmente certo nas relacións. Todas as persoas que pasan pola túa vida, se lles dás a oportunidade, teñen algo que ensinarche.

6. Non esquezas que a maior gratitude non queda simplemente en pronunciar palabras, hai que vivir en base a elas todos os días
- O máis importante non é o que dis, é como o vives.
- Non te limites a falar, amósao. Non te limites a prometer, demóstrao.

7. A gratitude inclúe devolver
- No ir e vir da nosa vida apenas nos damos conta que recibimos moito máis do que dámos, e a vida non pode ser plena sen esa gratitude.
- É tan fácil sobreestimar os nosos esforzos en comparación co que lle debemos á axuda dos demais.

8. A maior homenaxe ás persoas e experiencias que perdiches non é a dor, é a gratitude
- Só porque algo non durara para sempre non significa que non fora un regalo incrible.
- Estate agradecido de que os vosos camiños se xuntaran e tiverades a oportunidade de experimentar algo marabilloso.

9. Para ser verdadeiramente agradecido debes estar no presente
- Párate e observa. Respira fondamente. Aquí e agora.
- A miúdo esquecemos que o maior milagre non é camiñar sobre a auga. O milagre máis grande é camiñar nesta terra verde e viva no momento presente, aprecialo e sentirse completamente vivo.

10. Desprenderse do control multiplica o potencial de gratitude
- Á veces damos demasiada importancia a controlar cada aspecto minúsculo das nosas vidas, o que nos fai perder o rumbo.
- Aprende a deixarte levar, reláxate un pouco e viaxa polo camiño polo que a vida te leva. 

REFLEXIÓN: Experimenta algo novo, non teñas medo, pero por riba de todo, PERSEGUE A MELLOR VERSIÓN DE TI MEMO, estate orgulloso disto. Limpar a túa vida de expectativas innecesarias permitirache verdadeiramente experimentar o inesperado. E as maiores alegrías da vida son as que non se esperan.
“A vida debe ser vivida cun pouco máis de GRATITUDE e un pouco menos de ACTITUDE”.
Iso é o que pretendo cada día da miña vida, e sentiríame honrada se te unes. Que experiencias da túa vida te axudan a crecer, a ser mellor? Agradeces suficiente polos bos momentos, e polos malos que che dan a oportunidade de evolucionar?

PALABRA DE DEUS:

PARTE 2: AGRADECER O BO E O MALO.

Para esta segunda parte traemos unha reflexión entorno a un conto. Animámosvos a que o leades pensando a relación que pode ter coa gratitude...a ver que reflexións podemos sacar:

"Había unha vez un neno que se puxo moi enfermo. Os médicos dixéronlle que tiña pneumonía e que tiña que estar como mínimo dúas semanas na cama sen moverse e tomando as súas medicinas. Os seus amigos do cole non podían ir velo porque tiñan clase e actividades extraescolares e Lucas, que así se chamaba o neno, estaba moi triste e aburrido. Así que se pasaba as mañás, ata que os seus pais volvían de traballar, mirando a través da xanela da súa habitación. 

Un día viu unha estraña sombra na xanela. Púxose os seus lentes e puido ver o que era: unha gaivota que puxera un niño no  alféizar. Así que Lucas pasou uns cuantos días entretido. Observou como aos poucos a gaivota ía facendo o seu niño máis confortable e como ao final acabou poñendo dous ovos nel. Todos os días dáballes calor durante longas horas. Lucas decidiu retratar co seu cámara de fotos todo o proceso. Aos poucos días, viu como os pitos rompían o  cascarón e saían ao mundo. Eran pequenos e amarelos e aínda non abriran os ollos. A nai gaivota achegábase a darlles para comer e eles recibían ansiosos o festín de insectos que lles traía. Ás dúas semanas, eran xa moito máis grandes e mesmo empezaron a  aletear. Case sen que Lucas désese conta, botaron a voar e fóronse lonxe. Iso si, aos poucos días foron a verlle e a agradecerlle que lles deixase aniñar na súa xanela. Lucas agasalloulles cun cunco de faragullas que se comeron moi felices. 

Cando acabou a súa convalecencia, Lucas contoulles aos seus pais a súa historia coas gaivotas e o niño. Dixéronlle que todo fora froito da febre que tivera durante días. Insistíronlle en que era imposible que houbese gaivotas, porque non vivían nunha zona de costa. Lucas tivo que aceptar a evidencia, porque no cole estudara as zonas nas que podían divisarse gaivotas. Non quedou máis remedio que admitir que esas alucinacións provocárallas a febre e que esas gaivotas só viviran na súa imaxinación. Con todo, fosen ou non reais, Lucas sempre agradeceu moito a visita daquela familia de gaivotas."

REFLEXIÓN:

Dúas semanas mirando a vida pola ventá, e agobiado...case nos da a risa, verdade? pero imaxinade se, fai 4 meses vos din que tendes que estar dúas semanas pechados na casa...
Por que cres que Lucas sentiu esa sensación e sentimento cando se recuperou?
Reflexiona sobre a importancia de serlle agradecido ás pequenas cousas da vida.
Igual que Lucas, nós facemos a reflexión das cousas que podemos agradecer (nós agradecimos a MªAuxiliadora) por telas aprendido neste confinamento. Amosa que de de todo podemos sacar cousas boas (como mirabamos na 1 parte)

Deixamos o vídeo que recollía estes agradecementos...aínda que xa o miraras, volve a velo pensando a que cousas te sumas, e se ti engadirías algunha máis.


PALABRA DE DEUS: "E a paz de Deus goberne nos vosos corazóns, á que así mesmo fostes chamados nun só corpo; e sede agradecidos". ( Colosenses 3:15)


PARTE 3: GRATITUDE/INGRATITUDE.


O sentimento de gratitude non corresponde a unha das emocións básicas. Todo o contrario. Para experimentala requírense unha serie de procesos complexos na mente. Non todo o mundo pode experimentar gratitude. É unha virtude reservada para os espíritos máis elevados e para as intelixencias mellor desenvolvidas.

A diferenza doutros sentimentos, o da gratitude non aparece como un impulso simplemente. A gratitude esixe que haxa un sistema de valores éticos, nos que estean resoltos os conceptos de dar e recibir, ademais dunha renuncia a visión egocéntrica da vida.

O trasfondo da gratitude e a ingratitude
A gratitude pode definirse como un sentimento de aprecio e valoración polas accións que outros fan a favor nosa. Implica unha sorte de débeda moral con quen nos fai ben. Débeda que non significa facer un cálculo para redimila, senón elevar a estima por quen nos fai un favor ou nos prodiga un ben, e estar abertos á posibilidade de corresponder polo beneficio recibido.
Non soamente os seres humanos experimentan este sentimento. Tamén os animais superiores contan con esta virtude, aínda que expresen en forma rudimentaria. Un can, por exemplo, entrega a súa lealdade a quen se ocupa de coidalo e amalo.
As persoas que non son quen de experimentar gratitude teñen un elevado narcisismo. Non soamente teñen problemas de memoria, senón que tamén dan por sentado que merecen toda a axuda que reciben. De feito, moitos deles atribúense por completo os beneficios que obteñen e omiten por completo o que os demais achegaron para poder logralos.
A ingratitude é propia de persoas que foron criadas con exceso de gratificacións. Non se lles ensina a valorar o que outros lles dan. Os seus pais inculcanlle a idea de que o merece todo, por ser quen é.

Quen pasou por dificultades e as resolveu, sabe o inmenso valor que ten a axuda doutros. Nada como sentirse impedido para algo, ou atrapado, ou vencido, para entender que a man que outro tende é un verdadeiro regalo do ceo.

REFLEXIÓN:
–Contrapón a gratitude e a ingratitude como maneira de ver a vida. Con cal te quedas?
–A gratitude é un sentimento. Cres que os sentimentos tamén se traballan para poder dar o mellor dun?
–Pensa en situacións nas que te amosaras agradecido e outras, que tamén as haberá, nas que te amosases desagradecido. Cal das dúas fixo que te sentiras mellor?

"Cando a gratitude é tan absoluta as palabras sobran." -Álvaro Mutis-
Non estou moi dacordo eu con esta frase...e ti????

Agora ímosvos poñer unha canción que di todo o contrario: "Todo o que teño para darche son estas cinco palabras: THANK YOU FOR LOVING ME". É do ano 2000...ningún de vós nacer, pero é un baladón. Está subtitulada en castelán, para que a poidades seguir, e de paso, repasedes o voso inglés. 

O que vos propoñemos é que a vexades a modo de ORACIÓN, pensando en todas as persoas ás que lla poderiades dedicar...a que lle dades as grazas por querervos?






No hay comentarios:

Publicar un comentario