Pastoral

Pastoral

BBDD de primaria da semana do 7-11 de novembro

Seguimos traballando os obxectivos que nos marcamos para o curso. O tema destas semanas axudaranos a poñer nas nosas raíces valores sólidos que nos permitan crecer como personas ben formadas, capaces de influír positivamente na sociedade que nos espera…O día 20 é o Día dos Dereitos do Neno. Queremos unir este tema coa campaña de apadriñamiento das dos nenas que temos, Jasline e Lidia

Luns 7 de novembro 2016
 Igualdade
A Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno é o texto legal que recolle todos os dereitos que deben gozar todos os menores de dezaoito anos do mundo. Está composta por 54 artigos que os gobernos comprometéronse a cumprir. Foi aprobada o 20 de novembro de 1989 e dende entón, cada ano, o 20 de novembro celébrase o Día Universal da Infancia.
IGUALDADE: Temos dereito a non ser tratados de forma diferente por razón da nosa cultura, relixión, orixe, idioma ou sexo. (Art. 2,4 e 30) Non hai excepción algunha nin distinción ou discriminación por motivos de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinións políticas ou de outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou outra condición, xa sexa do propio neno ou da súa familia que non faga desfrutar ós nenos e nenas deste dereito.

Preguntas de reflexión:
·         Cres que os nenos e as nenas deben ser tratados iguais?
·         Por que é importante o dereito do neno-a á igualdade?
·         Ó teu redor, como podes favorecer que se cumpra este dereito?
Unha forma que temos de axudar é seguir apadriñando a nosas amigas JASLINE E LIDIA

Oración:
O Papa Francisco en 2013 díxonos: “Non todos somos iguais, e non debemos ser iguais” pero si respectar as nosas diferencias para crecer en unidade e amor.
“Señor danos forzas para nunca esquecernos de que o respecto na diferencia é a base do dereito de igualdade.” Amén.

Outro material sobre a igualdade:
Vídeo para 1º e 2º de EP: Igualdade con Pocoyó. (30 seg) (Tamén encontraredes aquí os vídeo dos outros dereitos)
Vídeo para 3º e 4º de EP: https://www.youtube.com/watch?v=RW2_h49wnms (30 seg)
Vídeo para 5º e 6º de EP: https://www.youtube.com/watch?v=kvNcOZd5SAk (3:21m)

Outros recursos para as dúas semanas dos dereitos:
-        Canción Lunnis - Concienciados por la infancia
-        La gran aventura de los Lunnis (película):  En busca de los derechos perdidos.
-        Cantajuegos: Yo tengo derecho a jugar
-        Páxina de UNICEF “Eu tamén participo”: http://ciudadesamigas.org/municipio-amigo-infancia/participacion-infantil/ (experiencias de participación infantil, Vídeo 3º encontro de participación infantil e adolescente en Guadalajara, 2014)



Martes 8 de novembro 2016
Identidade:
Temos dereito a ser inscritos ao nacer, a un nome e unha nacionalidade, a coñecer aos nosos pais e ser coidado por eles. (Art 7 e 8) Este dereito é un dos dereitos fundamentais de todo ser humano, e é preciso para poder beneficiarse dos outros dereitos. A nosa identidade (nome, apelidos, data de nacemento, sexo e nacionalidade) é a proba da existencia dunha persoa como parte da sociedade, como individuo que forma parte dun todo, é o que nos caracteriza e nos diferencia.
A nacionalidade obtense ó inscribirse no Rexistro Civil, supón o vínculo entre a persoa e a cidadanía e constitúe a pertenza dunha persoa a unha nación, con todo o que isto supón (poderán beneficiarse do réxime de protección de menores vixente no país, dereitos e deberes, calidade de vida, axudas...)
Preguntas de reflexión
·         Por que segundo a nosa identidade temos uns ou outros dereitos? Todos somos nenos-as, aquí ou en África, América...
·         Ó teu redor, como podes favorecer que se cumpra este dereito e o que el conleva?

A nosa identidade católica
Somos católicos os que ademais de ser cristiáns aceptamos polo Bautismo ser membros dunha Igrexa que é Unha, Santa, Católica e Apostólica.
Oración: Credo (en castelán)


Creo en Dios, 
Padre Todopoderoso,
Creador del cielo y de la tierra. 
Creo en Jesucristo, su único Hijo, 
Nuestro Señor,
que fue concebido por obra y 
gracia del Espíritu Santo,
nació de Santa María Virgen, 
padeció bajo el poder de Poncio Pilato,
fue crucificado, 
muerto y sepultado,
descendió a los infiernos, 
al tercer día resucitó de entre 
los muertos,
subió a los cielos
y está sentado a la derecha 
de Dios, Padre Todopoderoso. 
Desde allí ha de venir a 
juzgar a los vivos y a los muertos. 
Creo en el Espíritu Santo, 
la santa Iglesia católica,
la comunión de los santos,
el perdón de los pecados,
la resurrección de la carne
y la vida eterna.
Amén
.



Mércores 9 de novembro 2016
 Familia
FAMILIA:Temos dereito a ter unha familia que nos queira, que nos oriente, a non ser separados dela se non é necesario para o noso benestar, e a que o Estado a apoie para acadalo. (Artc 4, 5, 9, 10, 16, 18, 20 e 21.)
O dereito á familia permite relacionar ó neno-a cunha historia e sobre todo ofrécelle un perímetro de protección contra a violación dos seus dereitos. Os nenos afastados da súa familia convértense en vítimasfáciles da violencia, explotación, a trata a discriminación ou outro tipo de maltrato, sen embargo pode pasar que a familia que debería nun principio protexer ó neno infrinxa algún dos seus dereitos.
Os pais/nais son os primeiros que poden actuar en nome do neno e facer respectar os seis dereitos para protexelo e asegurar a súa educación, o seu desarrollo, a súa seguridade, a saúde...
Reflexión:
-        Que credes que fan os vosos pais/nais por vos en canto a este dereito?
-        Segundo a páxina www.humaniun.orgEn las sociedades modernas, la familia se ha reducido progresivamente a un solo grado de parentesco o de alianza: la familia nuclear (padre, madre e hijo-s)”.Isto é así? E no colexio, existe unha familia, somos Familia?
E estamos dispostos a considerar parte da nosa familia a Lidia e Jasline, co noso apadriñamente? Vamos pensando niso?
Oración: Gracias Deus polas nosas familias, lévanos sempre polo camiño da paz e da unidade, do entendemento e do amor. Amén.

Xoves 10 de decembro 2016
Saúde
SAÚDE: Temos dereito a coidados médicos a desenvolver hábitos saudables, sen drogas e a vivir nun lugar sen contaminación e agradable. (Art. 6, 24, 25, 26 e 33)
Segundo a OMS a saúde é un estado de completo benestar físico, mental e social, e non consiste unicamente na ausencia de enfermidade ou discapacidade.
O dereito á saúde, por tanto está ligada a outros dereitos humanos fundamentais e a súa materialización depende da realización destes outros (o dereito a auga potable e o saneamento axeitado, o dereito á alimentación...)
Reflexión
-        “A saúde non o é todo, pero sen ela todo o demais non é nada”
-        Que podemos facer cada un para conseguir ese benestar?
-        Recordades que nunha campaña do Domund o obxectivo era facer uns pozos? De que xeito imos axudando dende o colexio para este dereito noutros lugares do mundo?
Recordemos tamén que os apadriñamentos axudan a que moitos nenos e nenas teñan dereito a sanidade…
Oración:  “Querido Deus pídoche pola saúde de todo o mundo, en especial polo deses nenos[1] que agora están pasando por unha enfermidade e están sufrindo, dálles forza, Fe e esperanza. Amén

Venres 11 de decembro  2016
Participación
PARTICIPACIÓN: Temos dereito a expresar as nosas opinións e a que estas sexan tidas en conta pola nosa familia, os nosos educadores e as nosas autoridades, así como a recibir unha información adecuada dos temas que nos afectan. (Art: 12, 13, 14, 15 e 17)
Para isto debemos apoiar a construción dunha opinión informada, crear espazos de representatividade entre eles. A confianza e a competencia para participar adquírese gradualmente, coa práctica. Non podemos esperar que os nenos, ó cumprir a maioría de idade, convértanse en adultos responsables e participativos sen ningunha experiencia previa nas habilidades e responsabilidades que isto conleva. A participación é, por tanto, un dereito e unha responsabilidade, xa que implica compartir as decisións que afectan á vida propia e a vida da comunidade na cal se vive.
Reflexión
-        Dentro do colexio existe un órgano nomeado Consello Escolar, onde é obrigatorio que participen os representantes do alumnado. Na actualidade están nel Zaira e Sofía, dúas alumnas da ESO que velan para que os dereitos dos nenos e as inquedanzas se teñan en conta na organización do colexio.
-        De que outro modo cres que participas no colexio? E na familia?
-        Debes facerte cargo de más e maiores responsabilidades a medida que sexas máis capaz de facelo?
Oración: Padre Nuestro/ Ave María. O bien:
Padre bueno,
Quiero acordarme de todos los niños que sufren en el mundo.
Por los niños enfermos,
por los niños de la guerra,
por los niños de la calle,
por los niños abandonados,
por los niños sin familia,
por los niños que no pueden ir a la escuela,
por los niños que no tienen para comer,
por los niños que deben trabajar.
Por todos ellos Señor, te quiero pedir en este día.
Ayúdame a vivir solidario con todos ellos.
Que nunca olvide que Tú estás presente
en el rostro de cada niño. Amen




Mapa da situación dos Dereitos dos Nenos no mundo:




[1] Podemos cambiar “deses nenos” por “desas persoas”, pero tede en conta que a semana vai adicada ós Dereitos da Infancia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario